Despois de rematar a moto acuática surxiume outro encargo. Tras acabar co stand oficial de kawasaki, agora voume a poñer co de Ducati; E a foto escollida para pintar na parede é esta...
A ver como queda, pena que ata a semana que ben non vou a poder acabala porque non abren o taller.... ui... É raro que a un lle de pena non poder ir a traballar non?
Onte pasoume algo curioso, estaba comezando a pintar (xa fixen os vermellos e as rodas) e chamoume Mesi avisándome de que había olas; normalmente, se un está nun traballo no que ten total liberdade para parar, seguir, marchar cando queira, un collería os bártulos e iría escopetado para a praia...non? en cambio, decidín quedarme.
Cando volvín a collelos pinceis ata me preocupei. Pensei...estarei enfermo?
E é que a satisfacción de ver como vai evolucionando o debuxo e collendo vida con cada pincelada... é tan gratificante como ...(non vou a decir coma o surf porque senon miña nai tiraríame coas táboas e cambiaríamas por pinceis, que é un hobby menos perigoso) pero... casi; deixémolo en que é mooi gratificante. Moito máis do que imaxinaba. O suficiente como para preferir pintar a ir a surfear un día no que graniza e as olas están ben pero non espectaculares.
E ademais, estou contento por partida doble...explícome:
Eu sempre dibuxei con lapiz e papel, os que me seguides dende fai tempo xa sabedes que teño feito algún debuxiño explicativo, ou intentos de retrato como estes:
Pero sempre me considerei totalmente incapaz de usar as pinturas, e admirei moitísimo esa capacidade de plaxiar a realidade con 5 cores. Dunha vez, na carreira, intentara pintar unha persoa con pinceis, e, como me di agora o meu xefe:"calquer parecido coa realidade era pura coincidencia".
Pois eso, que me lio, o feito de pensar que era negado para algo, e agora ver que pouquiño a pouco vou aprendendo algo... é moi gratificante.
Anímovos a que probedes esas cousas que admirades e que vedes inalcanzables, porque seguramente, se vos poñedes con ganas, estaredes máis cerca do que vos imaxinades...
unha aperta!
4 comentarios:
ENSERIO.NA MIÑA VIDA!!
podes quitar o chat dos Tombos e moderar os comments Jrasiñas
Ei Rubén!!
Como vai??
VAi sorpresa ver que o mundo e un pano pequeno (ou eso penso)
na foto dos retratos, o rapaz de abaixo a dereita e de lugo?
se a resposte e si e queres explicocho mellor por mail :)
(se a resposta e non, simplemente teño mala vista ;D)
Boas ondas
Pois si que é de Lugo si :)
explícamo por mail se queres jeje carpediemsempre@hotmail.com
saúdooss
Publicar un comentario