martes, 8 de julio de 2008

Un menos!!

Acabo de facer a defensa da miña programación!!
A segunda proba do proceso de oposición. Consiste en defender oralmente, un traballo de 60 páxinas que elaboramos e entregamos ó principio do proceso. É dicir, falar durante 20 minutos sin parar diante do tribunal que esta formado por 5 personas. Os cinco mirando para ti, un pensando no que dis, outro pensando no sono que ten, e outros pensando en que farán de comer :)

Solo me queda a exposición da unidade (similar, pero de 30 minutos) para estar totalmente liberado

A ver si desta me chaman para sustituir polo menos. Se eres mestre de educación física contacta comigo para pedir unha baixa cando cho pida! ofrezo cursos de surf gratuítos jajaja (é broma ehh, a ver si me van a denunciar pola coña)

un abrazo a todos!
Deséxolle moita sorte ó resto dos opositores (pero, aos de educación física de primaria de Galicia menos que a min, claro está, sincerida por delante jaja)

6 comentarios:

KingMatt dijo...

A ver si hay suertiña, Ruben.
Un bon choio, e xa te podes poñer a aforrar pra Aurocaravana, JAJAJA.

Saudiños.

Perry dijo...

Moita sorte tío a ver se tes sorte e che dan unha sustitución cerquiña da praia, que como che toque O Courel...

Rubén Prieto dijo...

jejeje moitas graciaass!
se me toca no courel vai a haber que buscar actividades alternativas! esaas para as que nunca temos tempo xk sempre preferimos ir ó mar jeje...
teño unhas ganas de facer un curso de parapenteeee por exemplo.... (ui, merda, a ver se non lee isto miña nai jeje)

a min que me chamen e despois xa veremos o que se fai. jeje

abrasos pos dous!

Anónimo dijo...

Moita e boa sorte.
Éche unha lotería, e sei ben o que digo (olla para teu pai e para min...se dous tolos así estamos dentro..., é unha lotería).
Para facer parapente podes vir á Coruña. Dende o Monte de S. Pedro podes empezar a practicar.
É unha sensación orgásmica... como que se te tire a Pataki (nesto, lamentablemente, non sei ben o que digo)

Rubén Prieto dijo...

ben o sei oh, coa nota que saquei o ano pasado seguramente tería entrado o ano en que o fixestes vos! jejeje

así que fixeches parapente! como non me contaches nada? jeje xa imaxino que ten que ser a leche... é voar!
e o da pataki... sin comentarios jajaja

un abraso meu, a ver cando me levas a navejar pola ajua ou polo aire jej

Anónimo dijo...

Pois agora a pola unidade que xa queda pouco...xa veras como este ano si que te chaman,todo e empezar.Por certo, o courel non esta nada mal...non hai praia pero bueno.jeje.
Eu non teño ud pero teño practico a semana q ven ainda.A ver que pasa...Cando toque,toca.
Saudos e sorte a todos os opositores que andan por aqui.