martes, 29 de julio de 2008

Luses... camaras... aisión

Nova de ultima hora!

Estes dias estase a celebrar en Ribadeo un festival de curtametraxes que se chama On Off, producido por Mr Misto films. Faise "a toda mecha", o primeiro dia castin, o segundo xuntanse os diferentes grupos e directores que van a facer as curtas, o terceiro e o cuarto gravase, o quinto montase, e o sexto faise a proxeccion das curtas e a entrega de premios, posta en escea...

Eu animeime e aqui estou, en Ribadeo. Colleronme, e estou contento porque ademais tocoume actuar nun corto con Ruben Rios que e un dos protagonistas da pelicula galega mais vista da historia "pradolongo" (ainda que creo que tampouco houbo moitas jeje)



Viñeron grupos de productores/directores de todos lados, hainos de Letonia, Bulgaria, Inglaterra, Portugal... e estamos TODOS vivindo nun colexio habilitado onde almorzamos, comemos, ceamos e durmimos en familia.
Hai guitarras, acordeons, flautas e cantantes que animan o ambiente a base de bien...aproveitamos calquer esquina do cole pa montar unha boa jeje. Xa vos colgarei un video dunha rapaza que tocou un par de cancions de Amelie co acordeon.. pacagarsepolapatabajo...

O que pasa e que todos falan un ingles cojonudo! non se fala outra cousa! eu algo defendome pero todos teñen mais soltura ca min. E sorprenderiadesvos do nivel que teñen os portugueses. Parece ser que e porque, en Portugal, hai moitas series, peliculas e debuxos animados que se emiten en ingles, e vaiselles quedando dende pequechos.

Bueno, decir que aproveitei para pegarme algunha escapada a praia (cerquiña de aqui, que non esta a gasolina como para tirar millas). Hoxe pola maña fun a Tapia de Casariegos, que esta a 5 minutos de aqui. Unha praia preciosa
Photobucket
(foto sacada de panoramio)
Pillamos oliñas xeitosas, de metro e medio (real), algunhas con bastante velocidade a pesar de que o vento non viña na mellor direccion (pero era moi frouxiño). Coñecin a Mike, un australiano co que charlei todo o baño e que me deu algun consello para cando faga un bo surftrip a Australia

Bueno, acercase a hora da cea. Marcho!
Un abrazo a todooooossss

PD: tranquila ma, non me funcionan os tiles neste ordenador, e na entrada anterior tampouco, tiven que facer numeritos para poñer os que puxen

7 comentarios:

KingMatt dijo...

Joder, Macho, tas feito un actoraso
Quen te vera, presentando o Luar, cando se xubile Gayoso, JAJAJAJAJA.
Eu o Xoves vou pro festival de Salinas, si ainda andas por ahi, tomamos un cafe, ou que??

Saudos.

Isabel dijo...

Menos mal, xa me estabas preocupando. Pensei que a calor dos focos che derretera parte do "selebro" e xa esqueceras eso de que "las agudas que termninan en -n -s o vocal llevan tilde" jejeje

Maika Boquete dijo...

Aparesin! de novo estou aquí!! bueno,de comentarista claro porque o de cargar novas fotos aínda terá que esperar...os alemáns que o controlan todo non me deixan subir fotos dende eiquí... argg! a mesma M. de sempre.

Esa praia é preciosa, nos estivemos ahí o ano pasado, e tirei algunha foto super bonita, además víanse as montañas xa con neve!

E quen sabe Rubén, un nunca pode saber onde está o seu futuro, pode que dentro dun tempiño vexamos o nome de " Rubén Prieto" na nova peli de Almodovar...non? jajaja.

Por certo, que vin que Kingmatt falaba do festival de Salinas. Xa sería pecado que acabases alí sendo este finde a Ghran Carballeira de Sas. Esa festa non se pode perder. recomendadisisisisma!nos ímosos xuntar uns cantos así que se vos apetece vir avisa!


Unha aperta!

Maika Boquete dijo...

o final puiden actualizar, pero cunha cousa bastante urxente, pódesme axudar a difundir esta información. graciñas rubén!

Rubén Prieto dijo...

Edu! Non o dudes tio, cando pases por aquí pégame un toque que telo meu número. Nós a partir das 3 da tarde xa estamos libres. ata podemos pegarno sunha surfeadiña por aquí, que penso que pode haber baño

Ma, xa sabía eu que te ibas a poñer nerviuda co tema das faltas de horticultura jaja

Maika! alegrome de verte por aquí! xa poistos ponme con spilber muller jaja, o da difusión da info conta con ela. O sábado teñoo moi liao, non creo k poida facer nin amita das cousas ke tiña pensao


bikolos pa todoss

Brincadeira dijo...

así que ademais de surfeiro, tamén andas no artisteo........

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,