domingo, 27 de julio de 2008

Unha das blogueiras máis vella

María Amelia, unha muller de Muxía, comezou ós seus 95 anos a escribir un blog. Fíxose famosa no mundo enteiro e saiu en un montón de televisións...
Un día deume por escribirlle e preguntarlle unha serie de cousas. Que si coñece o deporte do surf, que si as praias estaban tan sucias fai case cen anos, que que opina sobre que teñamos que ser os surfistas os que as limpemos... e bastantes cousas máis. Pero ela, coa súa labia, contestou a unha pregunta e despois falou case media hora sobre outras cousas. A min encántame escoitala. Sempre me chamou moito a atención a xente tan maior, saber o que pensa, poñerme no seu lugar...

Son curiosas moitas cousas que di, como por exemplo o que conta sobre a grasa de balea que chegaba á ría de Corcubion dende Caneliñas cada vez que sopraba o vendabal

http://amis95.blogspot.com/2008/07/mar.html

2 comentarios:

Anónimo dijo...

sí,sí... todo eso está moi ben; pero eres ou non eres xa funcionario en prácticas???

Rubén Prieto dijo...

nin con un 10 nas 3 probas seria funcionario meu... so aspiraba a comezar a sustituir este ano, e eso ainda non o podo saber. Pero a posicion en listas non e de todo mala. Saquei un 6,7. O ano pasado estaba de 401 e quedei a 29 postos de sustituir, e este ano estou de 254...
Pero houbo cousas moooooii raras no tribunal de lugo, xa che contarei.

a ver cando me levas a dar un paseo en moto meu, ou en barco!

abrasoss