Foi unha pifia de non sei que amigo, e desde aquela a "feira medieval de corcubion" pasou a ser historia. Acabo de acordarme doutra pifia neste mismo contexto: un amigo falou dun "tendedor de venderetes" no lugar de "o vendedor do tenderete".
Pois nada, que o venres, sábado e domingo, foi a feira medieval de Corcubión, xa non sei cantas van, pero cada vez parece que van mellorando. As fachadas das casas e case todo o casco vello se disfraza de medieval. O chan pasa a ter palla, os carteis fórranse de telas de saco, uns gaiteiros e percusionistas amenizan a feira sen descanso...
encóntraste con infinidade de espectáculos de todo tipo (malabares, lume, equilibristas, teatro...), a maior parte da xente que acude tamén se disfraza...que non che sorprenda que che digan: "ei, coidado co dromedario" xa que tamén circulan por ahí paseando ós nenos...
como a miña cámara ten estropeado o flash (ou pega un fogonazo que te deixa cego e sale a foto sobreexposta, ou sale un miniflash que deixa unha foto completamente oscura) solo puiden apañar esta duns cristais porosos de cores que se embadurnaban cun aceite e dan un olor que ambienta a casa e aporta unha serie de beneficios (seica)
E aquí, unha foto que nos sacou Trun. Estamos Deivis e eu (postos a disfrazarse de medieval, fumos de medievalAs, xunto con Tei :)jeje)
Se queres ver máis fotos...hainas neste video. É moi largo pero ten moitas fotos jeje
Un saúdo a todossss
1 comentario:
Ibades de "medievalas" pero de virtuosas doncellas non tiñades moito... moito vos sobaron!!! jajaja
Publicar un comentario