á vispera do meu cumple, fai 10 días, foi un dos poucos días destos meses que me din un baño.
Acerqueime ata Nemiña pero había moita xente. Casi 20 persoas na auga, así que esperei a que chegara Mesi e Suso Tudor, e dímonos o baño casi ás nove da ¿noite? como me gustan os días laaaarrgooss.
As olas non estaban mal pero tampouco como para tirar cohetes. Boto de menos o tablón para estos días de olas "peques"
Esta dereita ten mellor pinta do que en realidade era. Era unha baixada bonita e despois íbase quedando tendida e tendida ata quedarse na babosa que se ve na foto de abaixo, (a do surfista que está á dereita da foto)
A ola que máis me gustaba era a do pico que está máis á esquerda, onde vai o outro surfista. Saía unha dereitiña chula de vez en cando e a esquerda tampouco estaba mal...
Antes de ir ata Nemiña, noutra praia, cacei esta ola. Pero a realidade era ben distinta. Tan distinta que non me botei á auga.(estaba a marea demasiado chea e subindo)
E en Nemiña, para os que non estean enterados, fixeron esta plataforma de madeira con paseo, barandilla, bancos, fonte de auga potable (de manantial sen clorar), e duchas (coa mesma auga) coa ventaxa de que temos auga todo o ano.
Cando vimos as máquinas palas entrar en Nemiña, "enfadámonos" un pouco, pero despois de disfrutar dos servicios..... cambiounos o conto.
Desventaxas (para min):
- Non me gusta ver como unha praia tan "virxe" coma Nemiña se vai urbanizando e preparando para que sexa visitada por todo o mundo. Dame a impresión de que o seguinte paso é asfaltar algún prado para facer aparcamentos, colocar un chiringüito, e pouco a pouco algún empresario sin escrúpulos fichará a praia para plantar o seu próximo chalet a pe de praia
-...(este guión déixocho a ti)
Ventaxas:
- Poder endulzalo traxe ó sair da auga
- Endulzarnos nós pegándonos unha duchiña
- beber auga potable ó sair da auga (a ver canto dura funcionando)
- Ter onde poñer a secar os traxes
- Ter onde "estar" mirando as olas sen ter que estar sentados nos capóts dos coches
Ti que opinas? transformación si, ou transformación non?
Gústache o cambio?
26 comentarios:
PASA A ESTUDIAR, RUBEN!!!:-D
Jejejej... eu debería tamén. Pois aproveitarei para contestar... tal e como se recolle no Decreto 120/1998 do 23 de abril...digoooo, bueno, todo ten os seus pros e contras...eeemm, depende.... estoooo.... "me se va" la ollaaaAAAAAAAAA!
3 dias para o exameeeeeee :-S
Vou seguir estudiando. Chao!
Home, eu que queres que che diga.
As praias teñen as súas cousas coma a area, o auga con salitre, as algas e demáis.
E iso penso que é o natural, o que non é natural é aparcar diante da ribeira, e chegar do mar sen coller areas...
Ademáis que xa temos praias dabondo para que veña xente a pasear e aparcar enriba do mar.
Igual, a pregunta debería ser ó contrario, que vantaxes teñen as praias virxes. Así igual as apreciamos mellor, e dese xeito e con ese encanto diferente habíamos de presentarllas os eventuais turistas...
Saúdos e Boas Ondas!
Estou dacordo. O normal é a area e o auga salgado...pero bueno, namentres respeten algo e o fagan tan bonito como parece nas fotos...vai pasando. O problema é cando ademáis de chegar cos coches ate o areal o poñen todo de cemento ate arriba. É unha peniña, pero así está o pais.
Un saúdo.
(por certo, bonita cor da auga nas ondas...)
YA LES IBA A DECIR YO DONDE SE PUEDEN METER SUS SERVICIOS... AHI TENEIS UN MONTON DE MADERA ,PODEIS HACER UNA BUENA HOGUERA PARA sAN jUAN.......
NO NOS PUEDEN COMPRAR CON UN POCO DE AGUA Y UNOS BANQUITOS`PARA SENTAR EL CULO...
CREO QUE EL DAÑO ES MAYOR QUE EL BENEFICIO...
ESO ES UNA ZONA NATURAL Y VIRGEN,SOMOS UNOS GAÑANES..Y EN EL AYUNTAMIENTO SOLO MIRAN POR ELLOS Y EL TRAER MAS TURISTAS...A LA ZONA QUE LE DEN,AUNQUE UTILICEN MADERA,SEGURO QUE SOLO ES UN PRIMER PASO.
NO SOLO NO ME GUSTA.....CREIA QUE ESTO QUE ACABO DE VER LO VERIA EN EL 2012 O ASI ...QUE PRISA TIENEN POR JODERLO TODO...
ME HORRORIZA
UN SALUDO RUBEN
CHEMA
ESTOU INDIGNADO......CANDO TIÑA O BAR NA PRAIA DE CARNOTA OS DE FORA SE QUEIXABAN DE QUE TIÑAN QUE ENTRAR NO COCHE COS PES CHEOS DE AREA...ONDE CARAYO CREES QUES ESTAS?? ESTAS NA PRAIA,NA PRAIA AI AREA.....
ESTA MERDA A POÑEN PARA QUE OS FINOS SE LIMPEN ANTES DE SUBIR NOS COCHES,SENON NON VAN A ESA PRAIA ,XA IRAN A OUTR ONDE SI O TEÑAN..
E O ENTORNO QUE LLE DEN,A VISA DE NEMIÑA XA NON SERA AMESMA NUNCA MAIS...TODO POR QUE....PARA TER OS PES LIMPIOS!!!
VERGONZOSO!!
CHEMA
Bueno, eu estou de acordo en moitas das cousas que se din aqui, entre outras, que cando empezan a adecentar os arredores dunha praia, parece que o paso seguinte é un parking, e si a iso lle sumamos unha política de urbanismo e de costas inexistente.. pasa o que pasa: bloques de hormigón ó pé da area, masas de xente, chiringuitos,etecé..
Pero hoxe por hoxe, o que hai agora mesmo en Nemiña gústame e paréceme útil (SI SE QUEDARA COMO ESTÁ) Unha rampa de madeira pode facilitar a unha persona de movilidade reducida o acceso á praia, non o pensastes? E uns bancos e auga doce... pois non lle vexo a maldade!
Iso sí, entristeceríame moito que unha praia nun entorno tan bonito se vise estropeado por un kiosko de calippos, con Bisbal soando a todo trapo, e centos de nenos tirando balóns e area.. e nais berrando: "Yonataaaaan, ven polo bocadillo de fuagrááásss!!"
(Ai, socorro, que imaxe acabo de describir, doume medo!)
Hai que engadir outro compoñente ó debate:
cando hai moita xente, todo ese espacio que agora está recuberto de madeira estaría PETADO de coches. Moitos deles impedindo a saída a outros, autocaravanas adxudicándose porcións de terreo con herbiña moi xeitosa para TODOS; Herbiña que acababa destrozada de tanto aparcar os coches encima.
Agora o cacho de herba que está entre a plataforma e a praia está a salvo dos coches (nótase que xa renovou bastante).
e O cacho de terra, barro, area pedras que estaba na parte da esquerda da plataforma (na foto) agora está todo con area e a salvo da erosión dos coches.
Non creo que esto atraia masivamente á xente, porque o único que ofrece este cambio é comodidade. E na costa da morte, o cómodo non é ir a Nemiña (polas carreteras que hai) O cómodo é ir a Estorde ou Quenxe os de Cee e a langosteira os de Fisterra (de toda a vida). Non creo que haxa xente que pense: Ui!vamos facer X kilómetros ata nemiña porque ahora podemos limpalos pes.
O que si que vai a "escarallar" nemiña nese sentido vai a ser a futura autopista carballo-fisterra.
E si non xa o veredes...
PPPEEEEEROOOOO
como xa dixen na entrada, como esto supoña o principio de unha serie de cambios...entristeceríame bastante e por suposto que prefiro a miña Nemiña virxe.
Pero a Nemiña virxe de fai 13 anos, con solo UNHA pista de TERRA que chegaba ata o aparcamento e morría ó lado do río que taparon coa nova pista que pasa por riba do monte da praia.
É decir, que o día apareza por alí unha hormigonera, xa vos avisarei para facer unha asentada.
Atopei o teu blog por casualidade e reconozo que me encanta.Primeiro porque me namorei da costa da morte nun deses destinos que che dan de docente e ao que teño pensado volver asi que pasen eses 25 temas.Prometo visitalo a partir de ahora mais a miudo.
Nemiña increible sin duda pero non urbanizada.Esta ben como esta.
Por certo son de Lugo onde este fin de semana e o Arde Lucus coincidindo coa oposicion.
Saudos.
Moi boas anónimo!
alégrome de que che guste o blog.
Síntete benvido! e cando te sintas cómodo dabondo dinos como te chamas! jeje
Pois eu voume a presentar en Lugo e supoño que disfrutarei dese magnífico Arde Lucuss polo menos a tarde do sábado e a tarde e noite do domingo.
por que especialidade te presentas ti? eu por educación física. Ao mellor ata coincidimos no tribunal e todo :)
Un saúdo meu!
carpediemsempre@hotmail.com
Q tal ruben! Soy alvaro de Ponte. Pues nada, q esta muy bien el blog tio,ultimamente lo visito a menudo y ya te tengo en favoritos!
A ver si tienes suerte con las opos tio y todo sale bien!
Este verano he de subir por ahi algun dia a navegar y a ver si nos vemos!
Veña! un abrazo tio!
Y suerte con esos examenes!!!
se empieza con unos bancos de madera y acaban adornandote la praia unas casitas edificios, paseos maritimos, parques temáticos, autopistas...
pensarás que es demagogia, pero pegale un vistazo a las costas do mediterraneo, ahogados de cementos y casas vacias...
Nemiña virxe teñe su encanto
suerte con el examen ru!!!!
si apruebas dile al Estado que te siga permitiendo unos 5dias en septiembre,
unbeso FEr
se empieza con unos bancos de madera y acaban adornandote la praia unas casitas edificios, paseos maritimos, parques temáticos, autopistas...
pensarás que es demagogia, pero pegale un vistazo a las costas do mediterraneo, ahogados de cementos y casas vacias...
Nemiña virxe teñe su encanto
suerte con el examen ru!!!!
si apruebas dile al Estado que te siga permitiendo unos 5dias en septiembre,
unbeso FEr
Si Raquele estou dacordo contigo no util dos novos servicios.
Ruben eu si penso que moita mais xente ira a esta praia que agora si ten "servicios" para eles.
Respecto o dos coches e o aparcamento...os coches teran que aprarcar noutro sitio agora non?....se jodera outro trozo de terra e herba,ese era o unico sitio para poder metelos.....agora?.......agora habera que facer un aparcamento como en carnota,para meter os carros...e asi a pouquiños........como pasou en todos lados.....
o que estaredes dacordo conmigo e que a vision e o sentimento que producia Nemiña xa nono sera o mesmo...e a miña humilde opinion...
un saudo
chema
Hola. Soy Rodrigo el del mastin Napolitano, creo que hoy tocaba dejar comentarios en los bloogs, le acabo de dejar uno a Dany.
Pues toca opinar: No no me gusta que actuen lo mas minimo en las playas de la Costa da Morte, si la gente quiere servicios que se venga a las rias Baixas, dentro de las rias las playas tienen chiringuitos, duchas, paseos, farolas.... Cada cosa en su sitio, no no me gusta, soy un poco extremista, pero es que los espaciones virgenes como los que disfrutamos en esta esquina de la Peninsula son muy pocos. si echas la cuenta seguro que hay mas playas con servicios en España que sin ellos, pues por que ponerlos en Nemiña tienes mil playas donde ir que tienen paseos y algunas son tan bonitas como esta.
Desde luego lo que teneis allí,no tiene precio,y esto os lo dice uno de Gandia que se papa a miles de turistas en verano.Espero en Septiembre no verlo muy cambiado,ha sido un poco impactante¡
Un abrazo de toda tu gente del mediterraneo Rubén¡
Moi boas álvaro!
Alégrome de que xa me teñas en "favoritos"! jeje
este verán seguro que nos veremos, pero máis cerca da túa terra que da miña... xa verás. Navegas moito pola zona de vilagarcía? ;)
Ola Feer!... me parece a mi que aunque empiece a currar de profe... eses 5 días de septiembre voy a estar enfermo (pal estao) jejej...bien empezamoss. Estoy de acuerdo.. mejor nemiña virgen que urbanizada... sin dudarlo
Chema...está claro que o mismo non o transmite. Esperemos que alguén te oia e a ninguen se lle ocorra facer nada máis na praia. Como fagan un aparcamento si que nos da mal, porque tedes razón en que o seguinte sería un chiringuito en veran.. e o seguiente, e o seguinte....
ah! ahora os coches aparcamos pola carretera
Rodrigo!! por fin te animas a comentaar! alégrome de verte por aquí jeje, esperemos que non sexa a última vez :) está claro que ninguén quere que a urbanización en nemiña siga adiante. Nin aparcamentos nin nada. Pero respecto ó que fixeron (fonte e duchas) aínda non me vou a posicionar claramente...que siga a polémica jeje
un abrazo a tódolos meus valencianos favoritos!
graciñas a todos por comentar...
ke pasou meu.Eu estou dacordo con moutas cousas ke se estan a decir nos comentarios.
Eu declararia a zoa parke naturai.Evitaria de contruir e mantela virxen,pero ahi zoas ke lle poden vir ben este tipo de construcions,me refiro os paseos de madeira,como fixeron no mar de fora ke serbe pra ke a xente utilize o paseo e non ande a pisar as dunas e a fauna floral e todo oke ixo conleva.por exemplo temos aspecies de prantas ke xo se dan nas nosas dunas das praias.paxariños ke xo se dan nestes entornos.etc...gustariame saver conke fins fixeron isto en nemiña os do axuntamento de muxia e porke o fixeron.ken o pediu?os do pobo?non tiñan un sitio pra sentarse?e ke claro agora eu fagome moitas preguntas.ke pasou,ke o axuntamento de muxia non sabia ke facer cos cartos da suvencios ou ke.con tantas cousas ke ahi ke facer polo pobo.E foden os cartos en fastidiar o entorno naturai.bueno eu por min cerraba a carreteira ala arriba no asarradeiro e todo o mundo a camiñar pra praia e disfrutar ca paixase.E pra axente con pouca mobilidade non creo ke xesan praias adecuadas pra eles poder disfrutar,son praias de mar aberto,teñen corrientes non ahi servicio de visilascia"socorristas" etc.teñen praias mais adecuadas con todo tipo de prestacions.ke con isto non digo ke non vaian cada un sabe ata donde pode chegar e sabe os seus limites.non me enrroio mais.estou vastante de acordo co ke di o chema.unha aperta.e sorte a os ke estades estudiando xa bos keda pouko moita merda.koko
sinceramente, la foto primera de nemiña es espectacular...de pelo herizado...
muy buena entrada ruben!!!!!!
¡¡¡¡ no queremos maderitas en la playa!!!!!!, que aqui, para cuatro dias que salen en verano de olas,(se está avecinando un verano horrible, platazo mediterraneo eterno) los socorristas nos dicen que no se puede entrar, si no haces caso, llaman a la policia, guardia civil, multa por desacato a la autoridad. y estamos condenados a surfear en franjas horarias de antes de 10.30a.m y despues 7.30 pm....
ni una madera, ni un socorrista, mantener aquello en armonia, y quien quiera pasarela y aeropuerto, que baje a Redondela y Sanxenxo.
Aqui te pondremos vela encendida,para mañana ru.
Fer
¡NADA DE RAMPAS NIN MADEIRAS NIN NADA DE NADA! O que queira duchas, rampas, farolas, chiringos, lolailos, e moreas de xente, sóbranlle praias en TODO O LITORAL DE PENÍNSULA para as poucas que quedan como eran hai milenios ¡joder! que as deixen. Empeza facilitándose o tema para que veñan máis turistas, e despois é a praga. Para os turistas que queiran TODAS AS COMODIDADES que se vaian a un hotelaSo de varias ´"étoiles" ou que se queden na casa ou que vaian ás praias masificadas. ¡Vano querer todo! As praias como Nemiña ou O Trece, ou Reira (que xa non é o que era hai vinte anos) tiñan que seguir SALVAXES, BRAVASSSSSSSSSSS e case INACCESIBLESSSSSSSSSS para ser disfrutadas só polos AMANTES do mar (non polos que queren praia+llacusi+masaje+ ráscameaquíquemepica).Recordo as que pasabamos cando erades pequenos e pretendiamos chegar con vós ó areal do Trece... O coche en casadiós, baixar aquel terraplén con vós no colo, co xantar, a auga... mimá. Só faltaba que nos puxeran un "funiculá" para facilitar o acceso. Se quixeramos algo normal, tiñamos un cento ó pé da carretera. "El que algo quiere, algo le cuesta" a pouca costa que queda VIRXE que SIGAAAAAAAASÍ!
Me acuerdo cuando hace 12 años empece a ir a surfear a Nemiña, se podia meter la tienda de campaña en casi cualquier sitio, la carretera no existia (la de veces que nos tocaba el coche en los pedrolos), la pista esta que va hacia el rio tampoco existia, etc. y ahora en poco menos de 5 años, plasss, asfalto, maderita, etc.
Tios como esto siga asi, el año que viene chiringuito, chalets y bandera azul. Y esto no se puede consentir.
A ver si entra un alcalde tipo Irisarri (alcalde de ferrol y organizador del Pantin Clasic desde hace muchos años), que acaba de tirar todas las construcciones que estaban casi en la arena en la playa de Doniños, a ver donde se meten ahora "los de la caseta".
NO A LA DESTRUCCION DA COSTA DA MORTE!!!!!!!!!!!!!
P.D. Sorte nas opos, rapas
Desenrolo Sostible, ahí está a clave.
Duchas sí, urbanización, non.
(Non misturar o touciño ca velocidade)
Dende logo si nos vamos ós extremos, prefiroa virxe e inmaculada antes que urbanizada. O que a salva penso que é o escondida que está.
Lendo todo isto estáseme vindo á cabeza a película de "la playa", vístela?
Virxen,
VIRXEEEEEEEEEEEEEEN
Canto menos haiba, menos ganas teran de facer nada.
Saudiños, e nos exames, xa sabes, que haiba sorte e non xustiza, JAJAJAJA.
desarollo sostenible no existe,
ellos desarrollan con oferta, alicientan la demanda, comercian,
venden imagenes...
nada, nada de duchas, nada de nada,
el que de verdad ama el paisaje, claudica a las adversidades de la comodidad...
nemiña y muchas otras... intactas!
alejadas de la mano de dios,
iniciativas como la de club de surf os tombos, si que son desarrollo sostenible...
REsistenÇA GALIZA LIBRE
eu pertenesco o concello de Muxia e vou a Nemiña inda que non aia olas e me parece unha maravilla que facia voa falta,pero de ai a que vaian a construir esto ou aqueloutro creo que se vos esta indo o temiña un pouco das mans.Parecevos bonito ou non??? Felipe d Muxia
Pareceme que volos puxeron a propósito para vos... enfocados os asientos para as olas...
as duchiñaas....
O fixeron por vos!!!
Non flipedes tanto coas construccións!!!!
Q se come q morres sentadiño nos bancos eses!!!
Saudiños
Publicar un comentario