Moi boas!
Últimamente non creo que actualice moi a miúdo, ou polo menos que o faga con fotos actuais. Pois esta semana, e a que ven, estarei encerrado, enclaustrado, encarcelado entre muros de temas, atrapado por barrotes de lexislación, esposado polo boli, cos codos encadenados á mesa baixo a aburrida e insoportable luz do pu**to flexo.
Torturando tanto o cerebro, moitas veces APETECE tender a roupa, poñer unha lavadora, limpar a casa...calquer cousa que non requira pensar.
Porque, por se tes curiosidade, e nunca chegaches a sabelo...voucho a dicir: pensar, DOE. (ou polo menos a min) :) será a falta de costume supoño...
Este sprint final "estudiantil" ten un culpable: o sábado 21 teño o primeiro exame das oposicións. Non me queda nada.
Hoxe polo menos tiven un día de "Relax" (día sin estudio) xa que me pasei o día en Cangas, estrenándome no programa de camaras ocultas da Telegaita: "Arredemo!" jeje
Pasámolo moi ben e foi unha experiencia nova que espero repetir con certa frecuencia a partir de agora...
Aquí un video do programa sacado de "llutúb"
podes velo os martes ás 21:30
abrasoss!
3 comentarios:
moita sorte nas opos. eu estou facendo a maleta, ou casi, xa que a primeira seman de xulio, tocame coller o coche e facer 2200km para volver a casiña. iujuuuu. a ver si nos vemos este veran.
Facendo bromas, delátome á primeira de cambio, antes de dicir nada xa me sae a risiña nerviosa "jijiijiji..."
Pero Rubén, acórdaste de cando che fixen crer que eran as 8 da mañá, cando en realidade eran as 20 h. da tarde???? casi te pos a almorzar! jaja..
Podíades dicir que bromas boas fixéstes..
Graciñas Risos...a ver se nos vemos este verán logo :)
Ra.. hai que especificar que eu durmira toda a tarde e me despertara todo desorientado...ehh! pero si, acórdome que ata mirara o horario,e pensando que estaba no día seguinte, me cambiara a roupa e puxera o chandal (o día seguinte tiña ed.física)...e si ke me deixaches almorzar (porque á noite suelo tomar o leitee simplemente me estaba adiantando unha horiña) e empecei a sospeitar cando na tele non había ningún dibuxo animado para ver mentres "almorzaba" (a ver que debuxos vai a haber ás 8 da tarde)
a verda é que foi moi boa :)
eu á verda, agora mismo, non me acordo de ningunha que teña feito...
Publicar un comentario