lunes, 26 de mayo de 2008

Por fin con cámara!

Pois si, liches ben
Por fin merquei o condenado cargador que me facía falta para poder usar esta cámara que tiña morta de risa nun caixón. Non é ningunha virguería; é unha dixital compacta destas pequeniñas e normaliñas que ten todo o mundo, pero saca fotos, que é o que importa. O bo que lle vexo é que ó ser pequeniña, podo levala case sempre no peto estando sempre preparado por se aparece algo que "afotar".

Photobucket

Photobucket

Este finde tiven o gusto de recibila visita de kingmatt, Xabre e Pita. Achegáronse coas súas superfurgos pola costa da morte, e desta vez, algún bañiño seica colleron. Eu estiven ausente no tema "acuático", entre outras cousas por unha contractura no trapecio que casi non me deixa movelo pescozo libremente dende fai meses.

O sábado tocou paseo por fisterra.
Photobucket
E parece que o feito de ter a cámara no peto, fai que un estea atento as 24 horas do día, como si de un can guardián se tratase...
Photobucket
...por se aparece algunha imaxe que me apeteza compartir.
(Se busca novio pastor alemán para complacer a esta belleza)

A partir de hoxe espero actualizar un pouco máis a miúdo e non ter que facer tanto debuxo jeje

Unha aperta!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Joeeer coa cámara pequeniña e perralleira.
Agora é cando me dis que as afotos das gotas de auga e a da abella as fixeches con esa cámara e co obxectivo que trae de fábrica... non si?

Rubén Prieto dijo...

claro! xa me gustaría a min que a este trebello se lle puidese cambialo obxectivo!
a camara en cuestión é unha sony dsc-W30. aquí tela foto mira http://img.mercadolibre.com.pe/jm/img?s=MPE&f=2308005_3216.jpg&v=O

pero a verdade é que me sorprenderon este tipo de camaras na súa función "macro". Podes achegar a lente ata un cm e medio do obxecto a fotografiar sin perder enfoque.

o bichiño era diminuto diminuto, vino de casualidade un cacho despois de andar afotando na planta. Debería de ter 2 por 3 mm.

Rubén Prieto dijo...

agora que me dou conta, a dirección url aparece cortada, así que tes que facer "triple click" para selecionala enteira.
Saludoss!

Anónimo dijo...

Hola! gustanme moito as fotos!!!
Roubochas! jeje
Bicos
Iria

pelopo82 dijo...

Hola de nuevo:

No, no era spam ni nada de esas cosas automáticas. Si aún te interesa, avísanos... ;)


Saludos

Anónimo dijo...

Teño un mozo para esa cadela tan juapa!!!!

E é igual de guardan...