Boas
Hoxe quería preguntarche sobre unha cousiña que che afecta si estás lendo isto cos altavoces encendidos, a ver se me podes axudar.
Refírome á música. Normalmente intento actualizala de vez en cando, e, a poder ser, poñer no primeiro lugar unha canción que pegue co motivo da primeira entrada.
Non é o mesmo leer un relato mentres luar na lubre nos masaxea o cerebro, que escoitando un cañero greenday. Todo ten o seu momento.
Peeeero, algún amigo me comentou que se fai repetitivo escoitar sempre a mesma canción ó principio.
Polo tanto, entre todos podemos escoller varias opcións:
- Música sempre na mesma orde (tal e como tiña ata agora)
- Música pero en orde aleatorio (como teño posto agora mesmo)
- E tamén podo poñer que teñas que darlle ti ó "play" no lugar de que a música comece automáticamente. (esta opción penso que é positiva cando hai videos na primeira entrada, xa que música do video se mezcla coa do blog e ralla un montón)
TI QUE OPINAS?
14 comentarios:
Pois eu apoio a última opción, a de darlle o "play"
Que non é a primeira vez que me salta a musiquiña no traballo...
Saúdos, e recorda o blog é teu e fas o que che dea a gaña!
jajaja, sinto que pasaras ese apuro meu.
pois agradécese a opinión, eu véxoo positivo no caso de que haxa videos nas entradas, porque hai que ir a apagala música para que non se mezclen os sons.
e supoño que tamén será un coñazo para a xente que xa estea escoitando música no seu reproductor.
Por outro lado, a música que teño posta gústame moito, e ás veces, cando comeza a soar dame unha alegría porque non recordaba que a tiña... e si eu non me acordo de que a teño, supoño que o 90 %das persoas que visiten o blog tampouco se acordarán, polo que pasará a ser un blog "silencioso" cando penso que a música é o mellor que ten este condenado blog jejeje
máis opinións máis opinións :)
pues yo prefiero que siga como antes, pero podias cambiar la lista entera. Me encantan las canciones que pones y me pareceria way que hicieras otra del mismo estilo...
Eu prefiro darlle ó Play.
Así decido cando quero escoitala.
Sí, o teu blog é teu, pero a audiencia manda.
E un blog sen audiencia... está morto.
sin duda sí son parte de lo mejor del blog, no hay ni una sola canción que quiera pasar, todas tienen algo... ultimamente hasta uso tu blog para eso... para escucharlo! lo del play está bien, sólo falta una canción... del webmaster tocando la guitarra!! jajajja
beijo!
Jajajaja, beijo, o webmaster aínda ten moito que aprender para poder poñer unha grabadora diante da guitarra jejeje, alégrome de que vos gusten as cancións escollidas. Teño un amigo que tamén pon o blog solo para escoitala música, verda deivis? jeje
o de decidir cada un cando comezar a escoitala música vexo que vos convence... pero dentro diso tamén se pode escoller entre que se reproduzan as cancións na orde que eu as poña, ou que salten dunha canción a outra aleatoriamente.
aole, a lista foi medrando a medida que engadía cancións que me foron gustando ao longo do ano. Vería complicado facer outra da mesma calidade así como así :)
porque eu non son "forofo" de ningún grupo. Son forofo de cancións...pero de todas formas, intento cambiar a orde das cancións e engadir algunha de vez en cando.
AHHH! e que sepades que tamén poño cancións que me pidades ehh!! a que teño agora de primeira ensinouma o meu amigo Ferdy e en canto a escoitei, dixen: esta para o blog jeje
unha aperta!
mais opinións máis opinións!
(e graciñas polas dadas)
A opción de darlle ó play é a máis respetuosa de todas, non se mestura coa dos videos, có reproductor de cada un e tampouco coa doutros blogs cando abres varios ó mesmo tempo coa opción "abrir en una nueva pestaña".
Pola contra pouca xente se para a darlle ó play cando entra nos blogs (é o meu caso) e ti tes unha selección musical moi boa que ninguén debería perder.
Anécdota: Fai uns días entrei no teu blog e cando ía parar a música pq estaba escoitando outra cousa dinme conta de que me gustaba o ritmillo q tiña a canción...mirei título, autor...tirei de emule...e así foi como descubrín cancións como "fuma folha de bananeira" e outros temas dun tal Armandinho.
Despois de todo este rollo a miña opinión e que non poñas a de darlle ó play (é a q teño eu) pq a selección merece a pena e pq xente deixada coma min, con pouco esforzo vai descubrindo novos temas.
Un saudo
Un saudo.
Pois eu penso que estaría ben que soasen de forma aleatoria, e sin ter que darlle ó play.
Creo que a maioría da xente non se para a mirar nun blog "a ver si este ten música ou non.." Pásame igual que a Néstor.
Ademáis, si ainda a música fose horrorosa, vale! pero coa selección tan bonita que tes é unha mágoa que non se oia.
Ah, e téñoche que pasar uns temas para que oias a ver que che paresen.(Non chos digo agora porque non me lembro como se chaman)
Chauiño.
Falando de música... se pensades que o tango é algo pasado de moda, algo pra carcas... descubrin hai pouco por un amigo namorado do baile o "neotango". Aqui vos poño un enlase, un tango de Gotan Project
http://www.youtube.com/watch?v=UYjXm63DKQ0&feature=related
Ru, tamen hai un grupo chamado Bajofondo...música electrónica+tango (increible pero sierto, abofé)
Saudiños.
néstor e raquele, estou con vos :) por agora a opción de autoplay e aleatorio penso que é o que máis me chama... pero se a maioría prefire sin autoplay, ela manda. Que se manifeste! jeje
máis opinións máis máis...
Mentras non poñas a Manoliño Escobarrr... Pero, as vellas glorias como a que te pariu, "ajradesía" algo da súa "mosedá" como os "Dairestreis" que mencantamencanta! el MarNofler, algo de Santana -das cancións vellas: "Samba para ti" ... Tamén me chifla Carpenters e aljunha del "BrusEsprinten" (que cando era mosa justábanme as súas camisas remanjás...agora non que xa formalicei...)
Jajaja... non vos vaiades rir, pero a min tamén me molaba (y me mola!)o "LlorchMaikel" cando sacou Faith.Orrgh.. que barbaridá!
A todo esto, acordeime porque tamén ten a chupa de coiro "remangá"
xDDD
PD: Hala, xa podedes seguir rindo
jejej ma, que xa formalizaches? ejem ejem.. jaja
ah, e na lista está sultans of swing de direstraiss ehh.. a ver si miramos ben jejeje
ra, estou pendiente de ke me pases títulos de cancions chulas que coñeces para subilas ehh.. ke se que haberlas hailas...
teño ganas de típica música de percusión celta ou escocesa ou dese estilo. para que me entendades, a que tocaban na festa da clase baixa no titanic, acordádesvos? jejeje
De música tradicional irlandesa teño bastantes cds alá.. pero agora non me acordo de ningunha peza en concreto.
Pero busca no youtube mesmo.. sempre se atopa algo.
Eu suxiro un grupo que creo que non escoitaches, e é bastante potente: Hedningarna (busca a canción "La fada Verda" creo que se chama. Hache gustar)
Podíamos suxerir todos un grupo que nos mole.. así descubriríamos musica todos. :)
Publicar un comentario