martes, 13 de mayo de 2008

Arte "daquí"

Sempre que penso en "arte contemporánea" me acordo dunha "trampa" que levaron a cabo nun programa de televisión.
Colleron un lienzo virxe, moita pintura de dedos, e 5 nenos de 3 anos "hiperactivos" con moitas ganas de mancharse. Xa imaxinaredes o resultado...Pintaron todo "sin xeito nin maneira"

Despois colleron a "obra de arte" e colocárona a escondidas nun museo de grande prestixio. O cadro pasaba totalmente desapercibido entre as outras obras abstractas. É máis, tíñades que ver as divagacións e críticas super elaboradas que facían os "sabios expertos" sobre a obra. Incluso se atrevían a afirmar características da personalidade "do autor", como que era moi impulsivo sexualmente (ou algo así).

Vergonzoso

Isto a min sérveme para pensar, que calquera pode ser "artista" (ou que calquera pode facer algo ao que se lle poda atopar a beleza artística). É dicir, que a beleza está nos ollos que miran, e non no que se ve.
OU TAMÉN que os que pagan millonadas por cadros abstractos son tontos perdidos que solo fardan da firmiña do cadro sin ter idea de arte (quitando aos que compran únicamente como forma de inversión)


Pois nada.. todo isto non sei a que viña jaja, solo quería presentar un cadro fixo unha rapaza de aquí preto, de Sardiñeiro.
Photobucket
Chámase Iria Nemiña, si si, Nemiña, e é estudiante de Belas Artes.
Posiblemente colgue de vez en cando algún traballos seu

Vos non preferides pagar 100 euros para colgar este cadro no salón, antes que 50 euros nun cadro que se compón de unha liña negra en diagonal e dous puntos vermellos?
Escollin este cadro porque me encantan os motivos. Cabalos, mar, e posta de sol.

Penso que calquera pode "buscar dentro de sí" o talento suficiente para facer unha obra abstracta medianamente decente, pero non todo o mundo pode pintar así

unha aperta!

P.D por certo, se tes algún tipo de habilidade relacionada co debuxo, pintura, fotografía, relatos...ou calquera cousa, e queres que sexa publicada aquí, so tes que enviarma a carpediemsempre@hotmail.com Quen sabe, igual un escritor lle pega un vistazo ao blog sin querer, e quere poñerse en contacto con alguén para ilustrar o seu libro :)

6 comentarios:

Peter P. de Mille dijo...

Sí, amijiño, pero a Iria Nemiña non a coñece ninguén.

Eu fai pouco fixen un experimento parecido no meu curro:
Coloquei un rato de computador unido aparentemente cun reloxio nunha sá de reunións. Collín un marco vello e moi historiado e púxenllo ó carón xunto cunha placa que dicía: "A manipulación do Tempo. Por: M.Duschamps"

O resultado: Os máis intelectuais observando e parindo sobre a obra e o bon gusto de invertir diñeiro público en arte con maiúsculas...

Rubén Prieto dijo...

jajajajja que bo!

os tombos dijo...

o cuadro mola pero e que con ese apelido non se lle vai nejar nada

Anónimo dijo...

Ola!
Esta vez tocame deixar comentario non? jeje
Graciñas por colgar a foto e xa che irei ensinando máis cousiñas q faga.
Unha aperta

Rubén Prieto dijo...

Graciñas a ti, Iria, por pasarme os teus traballos e deixarme publicalos! jeje para min unha honra.
Xa creei unha carpeta en "etiquetas" que se chama arte, para outras cousiñas que me poidas ir mandando :)

graciñas de novo. un abraso!

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,