Moi boas
Hoxe veño a contarche un pouco por encima como foi a xornada da limpeza da praia de Nemiña. (máis fotos no blog do club www.clubsurfostombos.blogspot.com
Uns pensaban que contaríamos con máis de 100 persoas, outros contaban con 150, pero a maior parte, intentaba ser realista e calculaba que contaríamos coa axuda de 60, 70 persoas...
Por iso nos viñemos un pouco abaixo cando, as 10.30 da mañá, só estábamos os da outra limpeza e 4 máis. Esperamos un pouquiño máis e ó final, limparon a praia 25 persoas. Perdón, 25 personazas. Gracias a todas elas
O ambiente comezou a animarse, comezaron as risas, as bolsas e guantes circulaban por todos lados e puxémonos mans á obra.foto: Felipe (Trun)
A ver se atopades unha boca que non estea sorrindo. A enerxía positiva respirábase por todos lados e as nosas conciencias descansaban tranquilas por un día.
Contamos coa axuda de Esteban e o seu quad (graciñas) que nos facilitou moito o traballo do transporte das bolsas. Un tablón, unhas cinchas, un intrépido voluntario (Suso Tudor), e xa temos lista unha plataforma para levar as bolsas cheas ó punto de partida.
foto: Alfonso García
Era unha gozada, enchías unha bolsa, deixábala na area dura, e aparecía o quad alí nun plis plás.
Limpando
foto: Trun
foto: Trun
A educación dos nosos pequenos, tan escasa en valores, podería ser complementada con actividades deste tipo para que reflexionen sobre o coidado do entorno. Penso que si se acostuman a "recoller" basura, non se lles pasará pola cabeza tirar un envoltorio de caramelo, porque saben que o chan, non é o seu sitio.
Rebeca dando exemplo ao seu afillado
foto: Alfonso García
Dende aquí quero agradecer ás persoas que limparon e viñeron dende lonxe para botarnos unha man:
Felipe García Rodriguez (Trun)
Aitor Zulaica
Alex Mesías Senra
Alfonso García Mata
Carlos Mesias Lema (Mesi)
David Rueda
David Wassan Mosteiro
Esteban Froján
Estefanía Caamaño
Ester López
Juan Alonso
Libertad (Corcubion)
Manuel Caamaño
Mario Lagoa Graíño
Michi Barqueiro
Oscar Prieto Aranjo
Pablo Touriñán Baña
Perre
Rebeca Pérez Marín
Rodrigo Vales Fortes
Salvia Varela Losada
Suso Lema Marcote
Uxío Domínguez Castro
e unha parella que non temos anotada.
Acabamos a limpeza nunha hora xustiña. E como éramos poucos resultou moi sinxelo poñernos dacordo nunha cuestión. Como había vento sur as olas en Nemiña eran moi malas e en Rostro estaba bastante ben para surfear, polo que transladamos o tinglado á praia fisterrá de O Rostro
Mario e Mesi encargáronse de facer un magnífico churrasco o lado dunhas rochas ó abrigo do vento. Sitio perfecto para pasar toda a tarde e parte da noite.
Despois da churrascada a xente ía desaparecendo para enfundarse nos neoprenos e tirarse á auga a disfrutar das olas.
Xa van dúas de dúas nas que o mar nos agradece o pequeno detalle da limpeza con unhas boas olas durante toda a xornada. será o Karma? :)
houbo boas olas e xente na auga dende as 3 da tarde ata a noite.
Os que preferimos esperar á marea baixa para peguarnos o baño, disfrutamos dun riquísimo café que nos trouxo a miña nai (isa) e a miña irmá (Ra). Aínda que trouxeron suficientes termos como para que o cataran os que saíron da auga máis tarde. Facíame moita gracia o feito de escoitar o "clin clin" do remexer no café mentres olleábamos os mellores picos xD
E para rematar o día que mellor que outro par de tandas de churrasco a modo de merenda/cea despois dunha boa surfeada.
A xornada prolongouse ata as 23:30 onde quedamos uns cuantos conversando e disfrutando de boa compañía ó pe dun bo lume.
En resumo, para min, un 10.
Graciñas a todos aos que o fixestedes posible
Unha aperta!
PD. a medida que vaia conseguindo fotos, ireinas colgando. Se tes algunha e queres que sexa colgada envíame un correo a carpediemsempre@hotmail.com
13 comentarios:
Sintoo pero eu non puden ir, xa cando me preguntou Rueda dudaba se podería estar, e ó final tiben un fin de semán en familia, sintoo, para a proxima intentareino.
jooo y yo que no encontre a nadie que pudiera o quisiera ir... bueno pronto sere una mas contaminando por las carreteras pero por lo menos no tendre excusa, me da pena haberme perdido un dia con tan buena gente...
un abrazo!
Non vos preocupedes, ben se sabe quen está concienciado e interesado no coidado do medio ambiente. A ver se non tardamos en volver a facer outra limpeza.
O complicado é atopar unha data que lle conveña a todo o mundo...
De todas formas, acudir a unha limpeza non significa case nada comparado con tódalas cousiñas que se poden facer cada día relacionados coa ecoloxía.
Un abrazo e agradecemento a tódalas persoas que quixeron pero non puideron estar na limpeza
que guay , se ve que hubo buen rollito.
nada habra si Dios quiere mas limpiezas y mas churrascos.
un saludo a la costa da morte!
Buenas:
Estariamos interesados en intercambiar link con tu blog. Si te interesa, dejame un comentario en http://www.freak4tube.net Y si no, pues no pasa nada... ;)
¡Saludos y muy buen blog!
Vanme traer foto0s da limpeza nun cd q d momento non teño ningunha pa poñer Cando as teña (ste find sejuro)pasochas e poñemolas nos blogs Na lista olvidouseche Libertad FelipeMuxia
como fajo pa registrarme????? FEliPE Muxia
ole, ole y ole.
boas felipe
gracias polo aviso...non sei porque non a tíñamos anotada.
non fai falla rexistrarse para que apareza o nome. fas clik en "otros" e despois pos o nome que queiras e xa está.
ah, ou podes poñer en nome de usuario a conta do club, e en contraseña a contraseña do club, e aparecerá como nome "os tombos".
un saúdo
graciñas aole :)
e dijo eu Ruben Se e o club de surf Os Tombos os que organizan a limpeza porque non poñes o nombre do club por ningun lado
Anda! pois non me dera conta...
carai meu! estás en todo ehh.. jaja valías pa notario
Como que en ningún lado?.. "Os Tombos" nos carteis aparecía ben clariño! todos se enteraron, anónimo.
O que conta non é tanto quen "firma" a limpeza senon quen a "fai"
(E díghoo eu que non limpei! jeje, axudei a Lili Monster a carretar o café de pola tarde)
;-)
estou en todo mirando sempre polo club non por min mesmo Felipe
Publicar un comentario