martes, 22 de abril de 2008

Vai de tormentas.

E dirás, e a este que lle picou agora coas tormentas? se non hai temporal nin nada! Bueno, pois cando hai temporais, non os comento (ou fágoo tarde), e cando non os hai, falo deles. Este blog, máis que unha bitácora con reflexións serias, artículos interesantes e palabras "chachis" parece unha "plasmación" do que se me pasa pola cabeza no medio dunha tormenta de ideas.

Pois si, ás veces váiseme a pinza. Na entrada anterior, non ía a falar nin de barcos nin de tormentas....pero comecei pensando en que estaba chegando o verán, que ían a comezar os "platazos", a sequía de olas, que despedíamos ós temporais, e as esperanzas de surfear esas olas que solo rompen cando o mar se desfasa....pensando niso... acabei imaxinando temporais, acércanse as oposicións (temporal e nubarróns nos miolos), imaxineime no medio do mar, véuseme á cabeza a imaxe do barco de "capitan pescanova" mostrando a proa ó chegar ao cumio dunha montaña de auga...e ó final, acabei facendo a entrada anterior. E rematei a entrada sen poñer o motivo da mesma.

¿Nunca che preguntaron "¿en que pensas?" nun momento no que tardarías 3 segundos en explicar en que estás pensando, pero tardarías 30 minutos en explicar como fixeches para chegar a ese pensamento? A min pásame moi a miúdo.

Aquí vos deixo un video que me ensinou Tei. Falando de tormentas..... un "eólico" sen frenos que acaba rompendo.



Así, sin vir a conto, e sen ter nada que ver co título do post, tamén me gustaría decir que decidín "tutearte". Aínda que haxa máis de dous lectores diarios, a persoa que lee é unha. É dicir, ti. E igual o feito de que me dirixa soamente a ti, fai que esta bitácora sexa...máis persoal e acolledora? Ti que cres? ó mellor estou totalmente confundido e esto é unha tontería coma un piano.
Igual na seguinte entrada me olvido de todo isto e sigo falando de "Vós" no lugar de "ti".

Ui... como me estou rallando. Debe ser que cando se me acercan as oposicións e se intenta reactivar un maior número de neuronas na miña cachola para un maior rendemento, se me desordenan as ideas e non as dous transmitido dunha forma ordenada e coherente. Para que despois digan que o saber non ocupa lugar. Eu penso que, na cabeza, o saber ocupa o lugar da cordura jeje.

Agora que o penso, pronto vai a facer un ano que fixen o blog. Non sei como se me deu por crear esto a menos de 2 meses das oposicións. Será que cando hai que estudiar moito calquer cousa é escusa para deixar de facelo por un momeno. Como ir a cociña a buscar "non sabes que", mirar a nevera, mirar os chineros buscando algo que saberás o que é cando o atopes.


pffff

3 comentarios:

Isabel Tomé dijo...

¡Como te entendo, meu rei! Debiches herdalo por vía materna.. a min tamén me pasa, pero xa sabes que eu a eso chámolle como miña nai(a túa avoa): "perder o osmo" que para os que non nos coñecen a traducción sería "perder o rastro", coma os cans, que van seguindo algo, ata que outro cheiro os despista do seu camiño inicial... ¿problema? que eu moitas das veces que o perdo acabo na neveira ou facendo tortas de améndoa e... xa coñeces os resultados e eu as consecuencias..

Anónimo dijo...

mira donde fui a parar... muy guapa tu página! sí, sí! buena filosofia vital! jajaja la estuve cotilleando un poko con el ojo bueno que me queda! el otro pues cada vez que me miro en el espejo me recuerda a una de mis playas preferidas asique... que más se puede pedir! jajajaj
lo del sábado a ver, nosé si podremos ir, pero por lo menos lo estoy difundiendo ehh! que ya puse el cartel en el bajo del titaniuss! aunque bueno si vas a poner la banda sonora como el otro día va a ser dificl resistirse...

Rubén Prieto dijo...

jajajaja, si señor.. eso si que é velo de forma positiva, cada vez que ves o golpazo no espello, acordaraste de nemiña, suspirarás, sorrirás e acordaraste das boas olas que tes pillado aqui non? jejeje

A banda sonora está asegurada! jaja aínda que como non vaia un guitarrista con xeito aburrirémonos xa que non teño repertorio!! non é que teña pouco non, é que non teño!

Ah e gracias por poñelo cartel no baixo de tito!! un bo sitio! ahí seguro que o ven moitos surfeiros. Igual nos aparece por aquí o titanius a recordar vellos tempo! jaja.

Un abraso