lunes, 28 de abril de 2008

Surf e PostSurf

PreSurf, Surf, e PostSurf

Só con estas 3 palabras lle podes facer entender a un matemático (ou á parella) o feito de que marches a surfear as 3 da tarde, surfees hora e media e volvas ás 9 da tarde.

Hoxe tiven o gusto de coñecer a Xigui (o fotógrafo do que che falei fai pouco) e ós seus inseparables amigos Bea e César.

Quedamos en Cee, fumos á praia, e aínda que o noroeste que se levantou lle pegaba fatal ás olas, tirámonos á auga.

A pesar das circunstancias, pasámolo bastante ben e púidose rascar algunha que outra "esquerderOLA".
E, por suposto, gozamos de ter a Xigui a pé de "Canon" sacándonos fotos dende as pedras. Recordo a dirección da súa web: www.tufotografia.es

Aquí temos a Suso
Photobucket

Brais collendo unha das mellores olas da tarde :) Vexo esta foto e non me parece que sexa de hoxe jeje
Photobucket
Photobucket

E aquí está o mesmo surfeiro, no mesmo sitio, pero o sábado. Collendo tódalas olas que perdemos os que en Nemiña estábamos pensando: "cando suba a marea seguro que funciona o pico de Teahupín, hai que esperar, hai que esperar..."
Photobucket(esta foto non é de Xigui)

Dunha vez, cando ía na ola, "tropecei" literalmente coa ola que estaba diante de min. Xa vos podedes facer a idea do caldo que había. Nesa sección a ola quedábase con moi pouca auga e facía cousas moooi raras jeje
Photobucket
e cando a ola se acercaba moito ó canal, había que andar volvendo cara á espuma. As dereitas tiñan máis forza pero cerraban algo máis e a remontada era moito máis "latosa", xa que había que remar ou camiñar paralelo á praia ata chegar ó canal e remontar de novo.
Photobucket

Despois da sesión de olas e fotos, tomamos algo en Cee e comímoslle tanto o tarro a Bea, César e Xigui sobre o que mola o mundo do surf, que aposto a que xa están mirando en internet algunha táboa de segunda man jejeje

Encantado de coñecervos!

4 comentarios:

KingMatt dijo...

Aforrade folgos pra limpeza CARALLO!!!, TANTO SURFAR, TANTO SURFAR.

A iso que hay diante tua na foto, nos chamamoslle, ''O ESTOMPO''.
E e moito mellor se pasa na orilla e hay un bon ribazo de area, JAJAJAJA.

Un Saudo.

Rubén Prieto dijo...

jajaja...tanto surfar? ultimamente non estou indo nada, vaime a sacar varola a táboa.

Pois co "estompo" ese flipei, nunca tal vira jeje. Non sabía que facer! acabeime tirando en plancha enriba das "espumitas varias"

Saúdos!

Anónimo dijo...

Muy buenas fotos xigui, a pesar de que estaba tan desordenado, un saludo

Jose

Rubén Prieto dijo...

Si un día de olas tan guarras sacou esas fotos, imaxínate un día de olas boas!
Este Xigui éche un artista. JEJE

un saúdo!