miércoles, 16 de abril de 2008

Graciñas a www.quepasanacosta.com

Gustaríame dar as gracias dende aquí a Ubaldo e compañía por poñer na súa web www.quepasanacosta.com un anuncio sobre a futura limpeza do 3 de Maio
Photobucket

os 60 kilos dos que fala eran de chapapote, xa que o peso das bolsas de basura que recollimos seguramente se mediría en centos.

Pero recordo unha cousa! a limpeza acábase en hora e media ou dúas. O resto é todo risas, churrasco, surf e algún xogo que se nos ocurra :)

Tamén agradecer ás tendas Risko, Carpe mare e imprenta paco por colaborar na producción dos 200 carteis que imos a facer dun tamaño considerable :)

Unha aperta!

1 comentario:

Isabel Tomé dijo...

Esta vez espero axudar de veras. Non como a outra que cheguei á unha pensando que estariades empezando, e xa estabades cargando o remolque do concello.