martes, 29 de abril de 2008

Remeiras corcubionesas en Sestao!

Copio e pego:

Club de Remo Huracán
Club Marítimo Carrumeiro

NOTA INFORMATIVA
LXV CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BATEIS
26 E 27 DE ABRIL 2008

batel amarelo=corcubión
Photobucket

Saída
Photobucket

(mundaka?jeje)
Photobucket

Este pasado fin de semana celebrouse en SESTAO (Bizkaia) o LXV Campionato de España de Bateis que se disputou o sábado 26 (semifinais) e o domingo 27 de abril(Finais) organizado polo C.R. Iberia.
Este Campionato determinou ós campións de españa nesta modalidade do remo de banco fixo ( 4 remeiros + patrón ) nunca embarcació de 7metros de eslora.
Bo nivel do remo galego en xeral xa que se fixo con 5 títulos dos 7 que estaban en xogo nas distintas categorías; e tres terceiros postos.
Estiveron presentes o C.R. Perillo, C.R. Chapela, C.R. Vilaxoan, C.R. Amegrove, C.R. Cesantes; C.R. Mecos, C.R. Cabo de Cruz, C.R. Robaleira, A.D. Esteirana, Náutico de Vigo, C.R. Samertolameu de Meira e C.R. Carrumeiro – Huracán de Corcubión en representación de Galicia; e en representación de Asturias, Cantabria, País Vasco e Cataluña: Tolosaldesaldea arraun, C.M. Castropol, Karmeleko Ama Arraun, Ondarroa Arraun, S.D. Astillero, Aita Mari, Pasai Donibane, Deustuko Arraun, C.R. Colindres, C.R Amigos de la Maruca,C.R. Orio, C.R. Luanco, Hondarribia Arraun, Mundaka Arraun, C.R. Camargo, C.R. San Pantaleón, C.R. Santa Cristina, Itsasoko Ama arraun, Arkote Arraun, Castro Urdiales, Kaiku Arraunaren e A.D. Castreña
As Finais do campeonato tiñeron lugar o domingo ás 10:00 horas na dársena La Benedicta de Sestao onde se disputaron as tandas A e as tandas de consolación B en cada categoría.
Coma xa indiquei antes foron os clubes do sur de galicia os grandes triunfadores da xornada, que xa amosaran un gran nivel no pasado Campeonato Galego de Bateis.
No que o clube corcubiones se refire a tripulación Xuvenil Feminina do Carrumeiro acadou o seu pase directo para as finais ( 1. Sabela Oca, 2. Antía Insua, 3.Alba Insua 4.Pilar Domínguez patrona Alba Trillo) acadando a quinta praza.
Boa regata das nosas rapazas que non tiveron opción ante o bo nivel das embarcacións vascas que se fixeron co ouro e prata na categoría, o bronce recalou en Chapela.
Os tempos na final xuvenil femenina . 1º Pasai Donibane Koxtape 10.00.31; 2º Ondarroa Arraun Elkartea 10.06.44; 3º C.R. Cahpela 10.39.94; 4º C.R. Cesantes 10.48.91; 5º C.M.Carrumeiro de Corcubión 11.12.44.
O grupo desprazado estaba formado polas integrantes do equipo, Jesús Elorza Presidente do Clube, Alfonso Pérez adestrador, Felipe Garcia monitor, Francisco Javier Domínguez Delegado e Moncho Dosil ( Construcions Dosil ) que aportou a súa furgoneta para levar o equipo e a embarcación.
Quedámonos ca boa experiencia de competir por primeira vez no campeonato estatal, onde as nosas remeiras poideron disfrutar do remo ó nivel máis alto e esperamos estar ahí en vindeiras ocasións.
O clubes de remo Huracán e Carrumeiro queren agradecer a colaboración do Concello de Corcubión e Ferroatlántica por subvencionar a viaxe, a aportación dos nosos patrocinadores nestas tempadas Reale Seguros, Marcos Canosa, Piensos Dumbría, Prodemar, Construcciones Barcia, Construcciones Dosil, Restaurante San Martín, Cafetería Alborada, Bar Suíza, Carnicería Antelo, E.F.B. Corcubión, Cataventos Escola de Vela...; así coma a tódolos remeiros , remeiras e colaboradores que pasaron polo clube nesta nova etapa, que fixeron posibles estes 5 anos dentro da competición e organización de eventos do remo galego GRAZAS.


Os Campións, subcampións e 3º postos foron os seguíntes
categoría club

Promesas femenino(1000m)
1º C.R.Vilaxoan 4.42.25
2º Ondarroa Arraun 4.46.78
3º S.D. Astillero 4.48.34

Xuvenil femenino(2000m)
1º Pasai Donibane Koxtape 10.00.31
2º Tolosaldea Arraun 10.06.44
3 C.R.Chapela 10.39.94

Absoluta femenina(2000m)
1º C.R. Chapela 9.34.78
2º S.D. Astillero 9.44.06
3º C.R. Cabo de Cruz 9.44.87

Infantil masculino (1000m)
1º C,R, Robaleira 4.31.51
2º Hondarribia Arraun 9.35.60
3º Mundana Arraun 4.42.18

Cadete masculino(1500m)
1ºC.R, Robaleira 6.38.47
2º Itsasoko Ama Arraun 6.45.78
3º Ondarroa arraun 6.46.72

Xuvenil masculino (2000m)
1º C.R. Mecos 9.22.09
2º S.D. Castro Urdiales 9.35.78
3º C.R. Cabo de Cruz 9.36.28

Senior masculino(2000m)
1º A.D. Castreña 8.50.88
2º S.D. Astillero 8.51.81
3º S.D. Samertolameu Meira 8.54.53
Resto dos tempos



Agradecemos de anteman a difusión desta nota informativa na medida do posible.
Un saúdo.
En Corcubión, a 28 de Abril de 2008



Asdo.: Francisco Javier Domínguez Traba.
O DELEGADO e Adestrador..

2 comentarios:

Paulo dijo...

Boas acabo de quedar abraiado co voso blog. Compartides duas das miñas aficions favoritas o surf e body os que me adico cando podo e o remo do que ademais son adestrador, por certo eu tamen estiven en sestao con duas embarcación ...pero non jodin ningunha chapa...bueno xa sera pro vindeiro ano.
Por certo moi bos os video de como facer unha taboa, xa tiña ganas de facer a miña propia taboa e agora seguro o intento, e de paso arranxo dous bateis que teño tocados, jjaja vemos nas regatas ou nas praias.
Por certo poderias publicar unha lista das mellores praias para a practica do surf na costa da morte. MOitas gracias e un saudo

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,