Moi boas!
Había tempo que andaba buscando estas fotos... e é normal que non as atopara. Non estaban no ordenador no que as buscaba. psss que cabeciña
Son as fotos que nos sacou Maika Boquete (facede click no nome para entrar no seu blog) o día que a coñecimos, xunto co seu mozo Juancho, en Rostro. Xa fai uns meses.
Como quedamos coas ganas de ver as fotos e telas en grande, Maika intentóunolas mandar de diferentes formas... pero nada, non houbo maneira. Eran moitas fotos e pesaban moitísimo (650 megas todas elas) así que decidimos que o mellor sería grabalo nun cd e que no lo dera cando nos volvésemos a ver.
Peeero, atopei por casualidade unhas pouquiñas fotos que me mandou por correo, e vólvoas a colgar. (desta vez en grande)
Mesi buscando o tubo (creo que o acabou atopando)
Mesi a contrapico (con un par jeje)
Mesi descansando e Suso animando. O surf sen risas é como unha tortilla sin cebola...fáltalle algo
Este penso que foi o microtubito máis pequeniño no que din entrado. jeje Parece feito a medida non? (a miña flexibilidade non da para máis)
E por último, unha das que máis me gusta
Suso co seu ESTILAZO acariciando a ola
(Co permiso de Maika, experimentei un pouquichiño no procesado das fotos, a ver si che gustan! aínda me queda mooooito por aprender, acéptanse consellos!. Sei que antes de aprender a procesar debería aprender a sacar fotos!... pero que lle queredes, un que empeza a casa polo tellado)
5 comentarios:
Ese Mesi! que bueno, cómo os lo pasáis galegos! Unha aperta desde Euskalherria
Recibiches o meil de industriasacme?
Joeer, acabo de verte nas afotos, e ,carallo, ata parece como se souberas de verdade.
O que fai o fotochó!!!
Peter , recibido e contestado :)
e teño que confesar que si. é todo fotochó! eu en realida non sei nadar... iba con manguitos pero quiteimos informáticamente jeje
kukurusta, outra aperta desde o fin do mundo!
que veñan mais dias como ese, sol, bos amijos e boas ondas, que mais se pode pedir.... bueno si un churrasquiño, notase que e a hora de xantar.
ese kuku! dejate de tanto Potugal y vente para aqui compañeiro.
bos tombos pra todos
mesi
ola Ruensiño!!
xa chego tarde pero permiso consedido!! temos un pouco abandonado isto do blog, dende que viñemos de Portugal tíñamos pensado colgar as fotos pero non dou feito...o cd xa está grabado, agora só falta dárvolo.... contamos con poder a II limpeza así que xa temos oportunidade!
qu´´e tal vai todo?
bikiños
Maika
Publicar un comentario