Moi boas!
Xa imos polo segundo intento e parece que nos aproximamos pero aínda falta un pouquiño.
O "sogro" e máis eu estamos intentando fabricar parafina. El aporta o material e experiencia con ceras, productos químicos...e eu próboa, colaboro un pouco, e trato de investigar os compoñentes que compoñen a composición, valga la compoñancia.
(método de fabricación algo rudimentario jeje)
Derretindo parafina en bloque para mezclala cos outros productos (a parafina pura en bloque é demasiado dura)
No primeiro intento, saiu unha mezcla moi oleosa. A dureza estaba ben, ulía a mel, pero era algo resbaladizo ó tacto, aceitoso.
No segundo intento probamos con 4 combinacións diferentes de proporcións. O que empregamos nesta segunda vez foi: Parafina (pura) en bloque, Parafina líquida, esencia de clementina e cera de abellas. A que mellor saíu das 4 que fixemos queda ben na táboa, crea unha capa menos resbaladiza que a superficie da táboa pero sigue sen ter a adherencia da "sex wax". Un dos fallos é que ule a aguarrás que tira patrás. Aínda que para usar con escarpíns con suela de goma podería servir.
Na foto, a pastilla azul é sex wax, a amarela foi o experimento, e a bola cocha é parafina usada.
Se saísen ben as probas... o gasto de facer pastillas de parafina do tamaño da amarela, serían máis baratas que as pastillas normais. Manda truco.
E o que si podemos facer todos...(eu aínda non o fixen pero farei a proba) é o seguinte:
cando "limpemos" a nosa táboa, e lle quitemos toda a parafina vella, sempre a debemos de recoller (porque contamina moito, coma o chapapote máis ou menos) e normalmente tirámola á basura. Pero cando se funde a parafina (ten un punto de fusión moi baixo) queda transparente como a auga, e toda a suciedade vai para o fondo do tarro. Vertemos a parafina líquida (limpa) noutro tarro, deixamos toda a suciedade no primeiro e cando a parafina reciclada volva a enfriar, volvémola a ter coas mesmas propiedades que ó principio e sen areas nin nada.
18 comentarios:
Solicita á xunta unha beca de investigación!!! jejeje. O que non chora non mama.
Eu tiña información de como facela paso a paso pero ó cambiar de ordenta perdina, de todas formas se encontro algo avisote.
Soamente tiña a teoría e non a levei á practica.
Saudos
Fai mas de 20 anos un amigo meu, facia tacos de parafina, derretendo a cuberta roxa dos queixos de bola. JAJAJAJA.
Proba por ahi, e de paso, podes invitar a merendar a alguns amigos.
Un Saudo.
buff ,ti proba a botarlle un chisquiño de pinjo,sen pasarse eh,as cantidades non che me acordo k eso fixerao meu pai un dia k estabamos facendo xabon caseiro dixome:non kerias parafina e mezcloulle ai o pinjo e algo de canela pa k ulise ben(cousa miña)e iba ben.bo producto!!
Nestor, o da beca non era mala idea!! jajaja
King, como a cuberta roxa esa tivera olor... iba a acabar odiando ó surf igual que o queixo jeje. É o alimento que as miñas papilas gustativas atravesaron dende pequeno e aínda hoxe non me gusta.. e non é por que non o intente. Co que me gustan as cousas que me gustan, encantaríame que me gustara moito o queixo, ó igual que me gustaría que me gustara o futbol jeje ke ben o ía a pasar. Polo menos nunca iba a ver un partido solo jeje (uff...como me derrapa)
Alejandro... que é eso do Pinjo??
toda a información que teñades con respecto á fabricación de parafina será benvida!!
seredes agraciados cunha mostra jeje :)
Un abrazo!
vouche contar media vida, estas preparado....jijiji o pingo e a a manteca de porco,que sempre gardamos despois de face-los roxóns, toda toda(COUSA BOA) tanto pa cociñar como conservar os chourizos e pa facer o xabón caseiro.Un día, facendo xabón a vella como te contei, o meu pai sorprendeume derretindo un pak desos de parafina( k utilizamos pa cubrir os bocois pa facer o viño)ó que lle mezclou pingo derretido e a canela,(EU)enmoldouno enfriouno , e díxome:ala xa tes tamen parafina!! boteina e iba ben.erache unha cousa boa,un bo producto de bos cheiros a canela.jiji.veña ruben a coidarse.un saudo
Iso da parafina caseira parecía un laboratorio de explosivos.
A ver se vos ides meter nun lío...
Preguntarei por aquí, que creo que alguén xa fixera "parafa caseira" (xa tes nome para rexistra-la)
APARAFINA ESA BAI POR BO CAMIÑO, XA QUE XA EMPEZA A PEJAR ALJO MAIS. O CARALLO E A VER QUEN TEN JUEVOS DE ESTAR UNHA TARDE ENCIMA DA TABLA CO OLOR A AJUARRAS, ACABAS CUNHA SUMBADEIRA QUE XA VES OLAS POR TODALAS ENQUINAS,EJEJEJE.
SO QUEDA METERLLE UN POUCO DE COLA BLANCA PA QUE PEJE MAIS E CAMBIAR O AJUARRAS POR LABANDA E LISTO.
JEJJE
UN SALUDO
DEIVIS
ajajaajaja e ben certo o que me dixo Richi fai dous dias: ESTAS COUSAS SO PASAN EN GALICIA!!!ajaajajaj queremos facer todo nos!!Moi interesante!!
alejandro, haberá que probar co pingo ese logo... aínda que a ver de onde o saco...terei que esperar a que fagan a matanza na casa de algún veciño :)
Perry, agradecerase a información que atopes
David, mellor que labanda... molaba poñerlle salsa de churrasco, para ir abrindo fame na auga jajaja
Pita, en nada estamos fabricando os inventos coas cámaras das rodas das bicis jejeje UI! que idea! haberá que madurala jejeje
unha aperta!
a min xa me contaran duas persoas como se facía... unha delas a quen lle vai preguntar perry... a verdade es que cunha tarde sen olas, fas parafina para todo o ano. (e para agasallar a man salva)
a ver que pasa, vai contando como vai a cousa.
saudE!
Joer ! esto pinta ben,o bote de melocotons profesional,o calculo da mexcla (algo distinta al napalm,pero no mucho,,jeee,jee non saltes na taboa),despois de conseguir a textura podes ir cabezabaixo no tubo,que e un truco sin nome ainda..jaaa.jaaaaaa e de nome xa o vexo SEX-RUBEN ..peaso familla entre las nenas!!...
soy chema de coruña...
q buen articulo ruben..... ...no sabia q la parafina vieja se podia reciclar...nunca se me habia ocurrido...un saludo
Neno, ¿como que non sabes onde conseguir pinjo? Ten avoa na casa, ¿ou nunca viches a graxa do porco branquiña en cacharros? ¿E non comeras unha vez por equivocación pinjo de galiña pensando que eran natillas? Sinto ter que descubrir segredos de familia :)
Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my site, it is about the CresceNet, I hope you enjoy. The address is http://www.provedorcrescenet.com . A hug.
jajajaja, maaa.... esas cousas non se din en público! jajja
Bueno, na miña defensa dicir que eu era pequecho (non sei, 9 anos?)e estaba acostumado a chegar a casa da avoa e comer flans que sempre tiña preparados para min en envases de flan destes metálicos de toda a vida (flan dhul)
o que pasou foi que nunha das veces que fun, o que había nesos envases... non era flan jejej era algo amarillento...Pinjo!. E mirade como son as cousas, e como estaba o meu cerebro preparándose para degustar esa marabilla de flan, que din dúas cucharadas antes de dicir: abuela, este flan sabe raro! jejeje
Iago, parafina para regalar e para aforrar! que aquí en Cee se queres comprar unha parafina ou te gastas 3 eurazos, ou fas 70 kilómetros ata santiago ó decathlon onde está a 1,75 ou á carballo. A parafina está carísima, tiña que costar 50 céntimos. se fose material para fontanería, mecánica, albañilería... tede por seguro que se vendería en plan a 2 euros ó kilo. Pero claro, como es material para surf..... ala.. a gastar!
Barbakana! o nome non está mal jajaj, ocórreseme outro: SEX-CONXEITO By Rubén jajajaj
Graciñas Chema! e Benvido! o da reciclaxe é algo que aínda teño que probar a ver se funciona así de ben, pero o que expliquei fixémolo con cera de abellas bastante sucia e o resultado foi moi bo.
Unha aperta a todos
jajajaja,na miña vida!!!tiveches sorte joder o da jaliña e de moito sabore eso non o proba calquera si señor.jajajaja.es un rapàz moi afortunado.nos eses os untarros de graxa de jaliña e polos os colgamos na lareira xunto a graxa do pixo do porco pa k se curen e logo frotar os zocos do meu avo pra k non lle entre auga cando vai por molime o monte...pero xa que os comes terei k derretilos e deixalos enfriar en tarros pa probalos en cru coma ti para saber k se sinte.en cru nuca o probei...un saudo o e broma eh non te enfades,jijiji na miña vida.
o da ajua ras...karallo como pa fumar un pitilliño.
sital teño eu disolvente no taller de paco pa akabar de sumbarse.
non te akordas q 1 ves no pindo llepuxeramos pinke x debaixo da tabla pa q correra mais pois debe de ser o mesmo q o pinke q teño eu tmen no garag de pako bueno no non sei si kedara moito xq ounha das ultimas cousas q fixo tor foi joder medio kilo de pinke dese. ala beña a rscarla un pokito.
TEI
hola a todos soy de Argentina, lamentablemente no entiendo el idioma que estan usando, estoy buscando port internet como hacer parafina par las tablas de surf y no encuentro por ningun lado, intente leer los comentarios y tu explicacion y no entendi mucho, si no es molestia me podes esplicar en español la conclusion del experimento? tubiste exito? Pudiste hacer parafina?' muchas gracias, si queres te dejo mi blog www.surfpeixe.blogspot.com , y mi correo es peixesurf@hotmail.com. saludos a todos por alla!
Publicar un comentario