domingo, 13 de enero de 2008

(Reeditado) www.clubsurfostombos.blogspot.com

Boas!

Teño unha boa noticia para todos os que estemos concienciados co coidado do medio ambiente, para todos ós que nos guste coñecer xente, facer amigos, surfear olas, botarse unhas risas e comer churrasco!. Se eres unha destas persoas... atento á noticia!

Photobucket
(tedes permiso para copiar a imaxe e publicala por donde queirades... blogs, webs, foros...)

O Sábado 2 de Febreiro, realizarase a primeira actividade do novo club de surf e bodyboard "Os Tombos". Coa colaboración de todos os que vos apuntedes á iniciativa, realizaremos pola mañá unha limpeza da praia de Nemiña.

Ó medio día haberá comilona. Posiblemente empanadas, tortillas, ou churrasco (o menú aínda non está escollido creo). Para os socios será gratis, e para os que non, a comida so custará 5 euros (acabamos de empezar e non hai presuposto para máis ;). Por certo, se vos queredes facer socios do club mandade un correo a ostombos@hotmail.com (os socios pagamos 20 euros ó ano).

Pola tarde...o obxectivo é surfear, pero se non hai condicións en Nemiña moverémonos á praia que teña mellores condicións da zona.

Así que o que temos asegurado é: pola mañá limpeza e pola tarde surfeada. Pero esto non quita que adornemos o día con diferentes xogos ou actividades que se vos ocurran.(petanca, siesta despois de comer...jeje eu que sei)
Como o 2 de Febreiro é o finde de carnaval, podíamos surfear disfrazados para botarnos unhas boas risas por exemplo :)
Photobucket

Surfear con calquer tipo de obxecto...


En fin... ide pensando ideas tolas e divertidas para propoñer :)

Máis adiante, dende o blog de www.clubdesurfostombos.blogspot.com informarase máis ó miúdo de todo o que faremos e como o faremos.

Ós que vos guste a idea e queirades vir, mandade un correo a ostombos@hotmail.com para ir concretando o número de xente e así poder organizar todo o mellor posible. Só entre os socios xa imos a ser unhas 25 persoas, e cantos máis sexamos mellor :)

Unha aperta a todos!

12 comentarios:

Isabel Tomé dijo...

¿Pódese axudar a limpar aínda que non sexas do clube nin te quedes a xantar?
Non vexo a ninguén cunha táboa de planchar. Pola forma vale. Supoño que non valerá polo peso. A mesa coas patas para arriba da un moito de grima ¿non?
Pasádeo ben pero non vos manquedes. ¿Admitides miróns desde o alto do camiño? É que pode ser un espectáculo.

Rubén Prieto dijo...

claro que se pode! :)
toda axuda vai ben

tiña pensado probar coa taboa de planchar o 2 de febreiro a ver si se pode coller algo jejeje.. e non sabes a quen tiña pensado collerlla non?jejejej tes algunha vella por casa? jej

a verdade é que as patas parriba si que dan algo de grima...

un bikiñoo

Tonylopex dijo...

Ruben esta iniciativa me parece cojonuda, ya siendo hora que la gente tome conciencia y haga algo, por que los que tiene que hacerlo cada día están más ciegos. Enhorabuena tío!

Rubén Prieto dijo...

Graciñas Tonylopex
Contaremos contigo?
agradécese toda a publicidade que se poida facer da iniciativa...cantos máis sexamos mellor :)

Tes razón... se non houbera xente que se dedica a ensucialas nosas praias, nin mariñeiros que botan toda a basura pola borda...non habería que limpalas.

Pero en fin.. algo hai que facer
así que a ver que se anima!

Unha aperta!

Anónimo dijo...

".. e non sabes a quen tiña pensado collerlla non?jejejej tes algunha vella por casa? jej"

¿estaslle preguntando a Ma si ten "ALGO" na casa? ...ten de TODO. Como ela di: o que garda sempre ten. Eu métome con ela e dígolle que é un Síndrome de Diógenes en potencia, jejejee... pero a verdade é que cando nos fai falla algo..sabemos a quen acudir!

Eu propoño facer surf cunha boneca hinchable.. flotar, flota!

Bicos!

Rubén Prieto dijo...

jajaja que idea!!
Xa está, ademais sei quen ten unha jeje, gracias a un regalo de Tei.
De pe pareceme casi imposible ir, pero tumbado, é dicir, en plan "misionero" fijo que se pode coller algunha jajajaj

"ti fas surf ou body? eu fago o misionero jajaj"

Alex dijo...

pues está de puta madre la iniciativa tio! ademas de ser algo bueno en si creo que tambien desace cierta injusticia: no se como sera el tema en las rias altas, pro por aki abajo jode mucho ver como en verano se desacen en esfuerzos por tener la playa lustrosa y con servicios para el turismo y en invierno para los de casa pues ala, como juan palomo, yo m lo guiso yo m lo como...que es que a veces parece que los arenales en este pais no existiesen entre octubre y mayo...en fin, creo que no estaré por aqui para esa fecha(m voy a currar al pais vasco) pero lo comento por ahi a ver si mas peña se anima!

Anónimo dijo...

Buena idea, Rubén. Y enhorabuena por lo del club, que sean largos años.

¡Salud!

Rubén Prieto dijo...

alex, por aquí, hai playas que ni en verano se tocan. ni duchas, ni accesos, ni socorristas, ni limpieza ni nada. con suerte, solo un cartelito que pone "playa sin vigilancia" en varios idiomas.pero si que tambien vivimos lo de limpiar las playas para los turistas y para nosotros... hasta cierran el agua de las pocas duchas que hai.graciñas polos animos

moitas gracias willy! un gustazo verte por aquí

un abrazo a todos

Maika Boquete dijo...

Moi boa idea rapaces! a ver se dades xuntado xente dabondo porque algunha praia desta nosa zona da un pouco de pena vela. Eu apuntábame de boa gana, o que pasa é que non tódolos días os teus avós cumpren 50 aniños de casados, e mira ti por onde, foron elexir o 2 de febreiro.
Xa nos contarás a ver que tal foi,eh?
Maika

KingMatt dijo...

Eu non vou poder estar, Ruben, e ben que o sinto, iria de moi boa gana, pero traballo os Sabados pola maña.
En Semana Santa imos estar por ahi 5 ou 6 dende o Martes, e en cada paseo que damos en calquer praia, dende hay moitos anos, sempre apañamos algo de merda.
¿Por que non montades outra pra eses dias?. Ademais nos festivos seguramente poderia acercarse mais xente.

Un Saudo.

Rubén Prieto dijo...

Un exemplo a seguir Edu, si señor. Aínda que se ninguén tirase nada ninguén tería que recoller nada. Pero é boa cousa a que facedes. Noraboa. Eu ás veces que saio da auga, no camiño da auga ó aparcamento, collo calquer botella de lexía ou cousas do estilo que atopo.

pois é unha boa idea... organizar algo así para un festivo igual nos garantiza maior participación.

Pois se en semana santa non imos de viaxe a ningún lado, seguro que nos veremos por aquí! a ver se temos boas olas... :)