lunes, 21 de enero de 2008

LU-540 Km 34

Alí...
Paro o coche o máis rápido posible, poño luces de emerxencia e baixo do coche a toda presa. Desfago 80 metros de camiño correndo costa arriba... e... Alí, inmerso nun silencio de oscuridade, onde atronaba o ruído do meu alento acelerado.... quedaba o corpo inerte. A luz da lúa permitiume atopalo, xunto ó gardaraíl, no frío e oscuro asfalto.
un corazón deixou de latir.
Si é que.... aaiiii!! xabarín xabarín....! non che dixo a tua nai que non se pode cruzar sen mirar? síntoo por ti, pero destrocei o coche e puidéchesme matar. De milagro non me empeñei demasiado en esquivarte o que me faría perder o control do coche... en tal caso podería acabar na cuneta... podería acabar dando voltas de campá, podería acabar ingresado...ou peor.

Polo menos non quedaches "mediomorto", parece que non sufriches.
Polo menos non pasaches os teus últimos segundos de vida correndo a morrer no monte. Menos sufrimento para ti, e menos gasto para min. Que xa que te quedaches aquí, a ver se polo menos o coto me paga toda a desfeita que me fixeches no coche, animal!!

16 comentarios:

Perry dijo...

Un menos no xabarín club! Oink Oink!

Vaia faena!

Rubén dijo...

E tanto perry! e tanto!
igual sobre 2000 euros ou máis de arreglo e a saber cando me dan o coche.
a metade dereita do morro do coche quedou desfeita. Capó, defensa desaparecida, aleta, e porta aboiada para dentro (nin abría)...

En fin... o importante é ter "salú"

iago dijo...

pois a lexislación vixente di que é o tecor o quen ten que pagar o arreglo... bueno, a sua aseguradora.

Rubén dijo...

graciñas iago. Estas seguro non? É que andiven investigando e atopei cousas contradictorias. Pero debeu de ser porque lin artículos de fai tempo.
Polo de momento mañá vai o perito a velo coche, e no cuartel da garda civil hai un informe do feito. a ver se esto non se fai eterno

Isabel dijo...

Texto demasiado "poético" para o meu gusto. Os do accidente de Outeiro de Rei están graves por culpa doutro bicho igual.

Rubén dijo...

polo accidente dos de outeiro pasamos nós cando víñamos na grúa. estaba o coche a uns 10 metros da autopista, no monte.

o toque "poético" era para que o lector pensase que se trataba de algo serio de máis, e darlle un toque de humor ó contrastar a situación, co feito de que ó final fose un condenado xabaril que casi me tira da carretera.

O feito non foi ningunha coña... pero as consecuencias foron un chiste comparado co que poderían ter sido. o que me fastidia por partida doble é que o lío burocrático afecta a 3ªs persoas..

estrela dijo...

Uffff pos menos mal Ruben,mira o do coche e unha putada pero menos mal que so foi iso,esos bichiños son un perigo,e co enormes que son,se bates contra eles podeste matar,asi que menos mal un bico,e seguro que te acaban pagando o coche

Salvia dijo...

O importante é que seguimos todos, non falta ninguen...
As veces cousas coma estas fan que valoremos moito máis o que realmente importa nesta vida.

Biquiños a todos!

KingMatt dijo...

Sorte que non che pasou nada, e iso e o importante. Unha amiga miña levou por diante, non hay moito, a unha nai con 3 porquiños cativos. O coche amañase e listo, e se non, cambialo por unha autocaravana, JAJAJA.
Onde acabou o finado???.
Se non era moi vello, aproveitao pra o churrasco do dia 2, JAJAJAJA

Respecto o tema de que o Coto se faga cargo dos danos, eu teño dubidas, se fora en Autopista ou Autovia, pagan, o Coto ou a concesionaria da Autopista, por que e obrigatorio que este todo rodeado con valados.
Sendo unha Nacional, non sei, informate ben en Trafico.

Un Saudo.

iago dijo...

creo que é así, polo menos o último que estudie sobre iso, ademais foi unha reforma lexislativa de fai pouco... sempre e cando non tiverades a culpa, e dicir, que circularades conforme ás normas de circulación da estrada, e non fórades borrachos e esas cousas... ademais a responsabilidade e imputable ás administracións públicas que sexan responsables desa estrada se está está mal sinalizada, non se atopa en condicións (ex. se é moi estreita e non está desbrozado nas marxes...)

o mellor neses casos e chamar a garda civil e que fagan un informe.

aKuA dijo...

No entiendo, has atropellado un jabalí?

Rubén dijo...

si akua, un jabalí intentó mirarme los bajos del coche cuando iba a 100 km por hora. Más o menos.

en cuanto lo ví, intenté esquivarlo, pero si pegaba el volantazo que tenía que pegar para no cogerlo... me saldría de la carretera fijo. Fué verlo y pum!.. desde que lo ví hasta que impacté contra el...debió pasar un segundo. si le quitas los 0,24 de tiempo de reacción de un humano común....poco queda.

Estrela, graciñas... a verdade é que tes razón. De feito, o accidente de outeiro de rei do sábado, que saiu na voz de galicia, causado por un xabarín e que provocou 5 feridos, un deles grave...non o presenciei por moi pouquiño. vin o coche que se saíu da carretera, que quedaba a uns 10 metros da autopista.no monte, aínda coas luces encendidas. so había 3 coches parados coas luces de emerxencia...estiven a decirlle ó conductor da grúa que parase pero levaba moita presa. Houbo moitos accidentes ese día.

Edu, o finado quedaba alí na cuneta, aínda que casi o levan uns cazadores...:)a verdade é que se tivera onde levalo...si que se facía un bo churrasquiño jeje

iago, creo, e quero pensar que tes razón. a garda civil xa fixo o informe, con book fotográfico do porco bravo incluído. espero que todo vaia ben

Salviña, tes razón, aínda que nos pareza que somos "carpediem sempre", ás veces fan falta "sustos" así para ver a vida con un obxectivo ben angular.
Graciñas a todos polos comentarios. A salvia xa llo agradezo "in person" ;)

unha aperta!

estrela dijo...

Hola Ruben hoxe no Faro de Vigo venun reportaxe sobre cando tes un accidente de este tipo,e di que a responsabilidade recae nos donos do coto e os tecores societarios segun no establecido na ley de caza.Tamen di que o teu seguro se e a todo riesgo tamen te arranxa o coche seguro que non e o teu caso,pero se o tes a terceiros devenche ofrecer axuda a hora de presentar a reclamacion,aunque non se fagan cargo do arranxo podes mirar a noticia no FARO DE VIGO de hoxe,e tamen ven que o accidente de Outeiro de rei,si que tiveron mala sorte,onte cando a grua estaba retirando o coche,un camion que viña levouse por diante os da grua,facendoa volcar e caindo o coche que xa o tiñan subido,menos mal que non lles pasou moito os dous homes esta noticia a poñian hoxe na Voz de Galiciz,un saudiño

Anónimo dijo...

MECAJENA MARILUZ. NESES CASOS O PRIMEIRO QUE SE FAI, E ADENAIS SIN PENSALO E :
. SAIR CORRENDO DO COCHE A TODA HOSTIA
. COLLER O XABALI POLO FOUSIÑO
. EEEEEEEEE
. PARA O MALETERO

.NON SABEDES O BEN QUE SABEN UNS BOS VISTEQUELES DE XABARIN CUNHAS BOAS PATACOLAS.JEJJEJE.

CREO QUE TES QUE DEMOSTRAR QUE FOI UN XABARI O QUE CHE JODIU O COCHE SE ESCAPA XA NADA PERO SE O MATAS PAJAN AS CARRETERAS(O ESTADO)

UN SALUDO TIO E XA ME CONTARAAS A HISTORIA VENRES.
SALUDOS

DEIVIS

Rubén dijo...

estrela, moitas gracias polo da noticia. sempre axuda e apoia que un periodico che diga que tes a razón :)
e xa é mala sorte o da grúa! como non señalizarían ben?

david, cando veñas xa che conto con onomatopellas e todo. :)

Juan dijo...

Coincido con Deivis sobre o asunto,pero enfocado mais a nivel científico:analizar a ausencia de triquinosis,a millor combinación con diferentes vexetais,que bebida reforza o seu sabor bravío na inxesta,etc,etc.
Por si hay unha segunda vez,que espero que non,sei de un "laboratorio" que fan estas probas de p.m.

O do coche,con ser importante,tampouco é para sufrir moito.O precio que está o gasoil hay que ir pensando en comprar un híbrido