viernes, 25 de enero de 2008

golfiño, delfín, dolphin,دولفين , delfino 海豚, golfinho

Xunto cos cabalos e os cans, un dos meus animais favoritos.
Photobucket

Pola súa beleza, pola súa intelixencia, pola súa simpatía...e porque comparten conmigo unha das miñas pasións...o surf! pero cunha diferencia, eles fano moito mellor :)
Disfrutando do surf


Neste hai secuencias nas que un surfista comparte a onda cunha bandada de golfiños


Podemos surfear olas co corpo (bodysurf), con kayaks, con bodyboard, con táboas, wavesky, kneeboards... O importante, é a sensación de surfear, de deslizarse polas olas. Se isto é así... o surf debe de ser o único "deporte" que foi practicado por animais antes que polos seres humanos. Se estou demasiado cegado, por favor, que alguén me faga vela luz.

Os golfiños non son os únicos animais que surfean ondas. Tamén o fan as focas, nutrias...Ata as gaivotas planean sobre a corrente de aire que a onda empuxa cara arriba ó avanzar cara a praia. Seguro que moitos as tedes visto. E todo isto, non o fan con ningunha intención que non sexa disfrutar. Porque si non o ían a facer? para pescar non é, e para avanzar sen cansarse tampouco (se non, non o farían unha e outra vez)

Os animais fan moitas máis cousas das que nos damos conta, e moitas, mellor que nós

Moitas veces teño visto a humanos loitando por intentar facer unha "O" co fume do tabaco, poñendo caretos e facendo unhas muecas que fan dudar da especie animal á que pertencen. Aquí, neste video, os delfíns xogan coas burbullas de aire que eles mesmos fan cunha destreza SOBREHUMANA

impresionante, non credes?

E aquí, humanos e golfiños danzando baixo a auga...


Por un lado sinto envexa... de feito teño buscado (por curiosidade) a forma de chegar a ter un traballo coma ese. Pero por outro lado, teño compartido momentos inolvidables con estos animais que non as cambiaría por ningunha coreografía de delfinario.

Cando un golfiño quixo compartir unha onda conmigo en Rostro, fíxoo porque lle apetecía, non porque quixese un premio.

Cando a manada de golfiños me perseguía mentres planeaba sobre a ría de Corcubión coa miña táboa de windsurf, eles facíano porque querían. Estaban sendo libres para decidilo.

Ese día sentín que me comunicaba cuns animais salvaxes... sentín que querían xogar, e xogaron conmigo...

Mentres navegaba a uns 45 km/h, e facía "eses" canteando coa táboa, eles imitábanme, seguíanme...cando eu saltaba, eles saltaban conmigo, á mesma velocidade. Escoltábanme un par deles diante, 3 ou 4 detrás, e 1 ou 2 por debaixo. Houbo un que mentres avanzábamos a toda velocidade, se puxo xusto debaixo da miña táboa branca boca arriba, como dicindo: "-eu tamén teño a panza branca!"...

Posiblemente un dos mellore momentos que vivín enriba dunha táboa de windsurf

9 comentarios:

estrela dijo...

Ruben si que son impresionantes os golfiños,eu nangun post xa o dixera dalgunha foto que lles podo facer de tantas veces que os vexo na praia,e unha pasada cando os ves surfar,saltarlle as olas cando os rapaces estan intentando coller algunha,son increibles,un bico e moi bo o teu post

^^AlMu^^ dijo...

jeje q simpatikoo!!
lo pillo..lo pillo!! gracias x la infoo!! me ire adaptandoo!!!

bueno ps un dia de estos tenes q poner algun video de surf tuyoo!!!! jeje!!!

bss!! dew!!

clau dijo...

QUE BUENO!ya me gustaria a mi compartir una experiencia como la tuya! estoy sin dormir un mes!!!
ya estoy aprendiendo galego solo con leer tu blog!
un saludo
clau

Isabel dijo...

Dese día GLORIOSO, aínda se acorda Chelo da panadería dos Ancares. Estaba daquela sentada no paseo de Corcu facendo a "canastilla" para o seu neto cando te viu. Sempre mo di "Lo vi, Isabel, lo vi. ¡Qué maravilla! Era increíble cómo lo seguían. Lo vi!". Mira que pasaron anos, (bueno, non tantos, catro e medio) e aínda mo repetiu o outro día cando fun por un roscón. Se foi impresionante velo, como sería vivilo... Que envexa!! Se non lle tivera tanto medo a auga... (Pa min que te cambiaron no hospital e non es fillo meu ...)

Tonylopex dijo...

Tío debiste alucinar durante un mes. Vaya experiencia más guapa, solo de imaginarme en tu piel en ese momento me emociona. Y lo de las gaviotas yo también me he fijado mogollón de veces y a las cabronas les gustan las olas grandes jeje!

Rubén dijo...

graciñas estrela :)
almu...algún video debe de haber por el blog...y mios surfeando...no te pierdes gran cosa jajaja.. pero si hay alguno debe estar por aquí http://www.youtube.com/profile_videos?user=velajrande&p=r y acabas antes. en los que ponga ruben, estaré yo.

clau...la experiencia,irrepetible.fue mágico. tambien daba algo por tenerlo grabado, pero no me quejo! ehh jaja. por lo menos tuve un testigo. cuando llegué a la playa despues de la "experiencia religiosa"...pensé que no me había visto nadie...la playa estaba vacía (ya era tarde) no sabía si me creerían! me tiré en la arena con los ojos cerrados para asimilarlo todo y ya baja corriendo por la playa la panadera de mi pueblo(asturiana) -¡lo vi yu tooodo lu viii lo vii.. que maravilla lo vi yu todoooo!! jeje

ah! me alegro de que le empieces a pillar el trankillo al gallego... busqué traductores muchas veces, pero son tan malos que seguramente te costaría mas entender lo que digo. de castellano a gallego los hay mejores pero gallego-castellano...fatal.

ma, seguramente non me cambiaron,sexa o teu fillo, e durante o embarazo che roubei todo o gusto pola auga :)

tony, aínda alucino agora cando o recordo. Nos primeiros bordos, intentaba non desviar a miña traxectoria para non asustalos...pero despois de cruzar a ría un par de veces con eles...foi cando empecei a "escapar" deles para que me seguiran, zig zageando, saltando...foi increíble. o que se puxo boca arriba e me ensinou a súa panza branca, estaba xusto debaixo d amiña táboa e eran aprox do mismo tamaño, e a táboa mide 2,73. eran bicharracos enormes!

cando estaba "acorralado" por eles, pareime, baixeime da táboa, e pensei que chegaría o momento no que se acercarían a min... os tocaría, e xogaría con eles....pero desapareceron durante un minuto...e despedíronse de min saltando 6 delfíns ó mesmo tempo. se houbera unha cámara, aparecerían os 6 golfiños no aire. dudaba de si contalo ou non por si perdía credibilidade, pero xuro que foi certo. a partir dese momento marcharon..

e o das gaivotas....tamén é para estudiar. os humanos soñando con voar...e as gaivotas soñando con surfear. para os non surfistas...imaxinade o que será o surf, que cando un ten o poder de voar...tamén está desexando chegar a praia e surfear :)

saúdos!

iago dijo...

que maravilla... quedei impresionado coas burbullas en forma de aro e o xogo do golfiño.

e coa tua experiencia na ría de corcubión.

eu teño unha, pero a verdade que moito mais terrorífica...

Rubén dijo...

terrorífica?? conta conta...

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,