Ola a todos!
Esta é a primeira entrada que fago, e inda non sei moi ben como funciona esto dos blogs, asi que pido paciencia polas cousas raras que poidades atopar.
Eu chámome Rubén Prieto Tomé, e creei este blog para compartir as miñas pasións. Principalmente o Surf, a fotografía, a ensinanza, e próximamente a creación de táboas de surf.
Por se alguén cae por aqui de casualidade, aproveito para facer publicidade:
Este verán na praia de carnota estaremos dando cursos de surf e kitesurf. É unha escola creada por Abel Lago, coñecido por ser un dos mellores kitesurfers do mundo.
Estaremos na parte máis ó sur da praia de carnota, onde teremos unha barraca para gardar o material, un chiringuito coas respectivas sombrillitas e tal, e boa música para segurar o mellor ambiente. Ademais, é onde se soen quedar as autocaravanas, polo que se asegura un moi bo rollo durante o día e a noite.
No que respecta ó Surf, que é a "miña sección" :) ofreceremos todo o material necesario para a súa práctica (taboas, inventos, parafina e traxes de neopreno), e os monitores serán surfistas e profesores de educación física, para transmitir da mellor maneira posible todo o que rodea a este marabilloso mundo do surf. Serán cursos de 8 horas, (prorrogables no caso de baixos resultados) por só 80 €.
Os horarios son completamente flexibles. inda que, por experiencia, sei que debido ó mono que produce este deporte, acabaremos flexibilizándonos ós horarios da natureza (mareas, oleaxe...)
Bueno, isto é todo. Para máis información chamade ó 655 578 544 ou enviade un correo a carpediemsempre@hotmail.com ou a info@lagocompany.com.
4 comentarios:
Por suposto estades invitados a facer calquer tipo de comentario, pregunta, consello, suxerencia ou o que queirades. Bueno, a páxina está en "obras" polo que supoño que as suxerencias serían incontables!
Por supuesto estais invitados a hacer cualquier tipo de comentario, pregunta, consejo, sugerencia o lo que querais. Bueno, el blog está en "obras" por lo que supongo que las sugerencias serán incontables!
Falas por ahí de comezar a crear tablas de surf...cando fagas algo diso a ver se nos mostras as túas obras no blog, a min a verdade gustame moito ver tablas feitas por un mesmo artesanalmente e dende que fixen a primeira quedei medio enganchao a este tema.
Un saudo
Hola nestor!
Pois si, agora ando liado porque o sábado teño o exame dos temas das oposicións, e despois a defensa.
pero en canto chegue a casa comezo.
xa teño dous foams esperando en casa e 20 m de fibra. teño pensado facer unha retro fish, e unha "short" (bueno, intentar) pero para min, grandiña (mido 1,84 e peso casi 90 kg)
Por suposto irei posteando aqui todo o proceso.
Encantaríame ver como che quedou a túa! buscarei polo teu blog ou por maesitos, que seguro que anda por aí :)
un Saludo!
a mi me gustaria participar,yo practico skimboard y se algo de body ......xao
www.soul-atomic.blogspot.com
Publicar un comentario