domingo, 17 de junio de 2007

Retoque ou non retoque?

Moi boas a todos!
Hoxe vouvos a poñer unhas fotos que fixen fai tempo en Mar de fóra e Lires. Pero vou a colgar as dúas versións: a retocada e a non retocada, coa intención de crear algo de "debate".

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

"Mar de fóra dende terra de dentro". Esta, foi sacada dende unha pequena cova que hai en Mar de Fora.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E esta é a mesma pero tras retocala un pouco co Picassa.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

"Marea azul" Esta é en Lires. Marchaba escopeteao a buscar olas noutro sitio, e cando vin esa textura da auga e ese azul, non puiden evitar frenar, dar marcha atrás, e recoller na cámara esa "foto mental" que cacei sin querer mentres marchaba.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e esta, obviamente, é a retocada.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

"Camiño ó fin da terra" Foi feita en Mar de Fóra. (mítica foto de liñas converxentes).

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

e a mesma tras un pequeno retoque.

Pois ben. Pode haber xente que esté en contra dos retoques fotográficos, pero habería que matizar un pouco máis na cuestión.

Antes, coas cámaras de carrete, parecía que non había estos problemas. Pero empregábanse (e empréganse) filtros que modifican a cor, polizadores (que alguén me corrixa si me confundo) que modifican os reflexos de luz, destellos, sobreexposicións...etc. todo isto (e máis) no momento de sacar a foto. E despois, no revelado, podíase tapar unha zona e outra non dando máis luz á zona descuberta... e infinidade de trucos que modifican o resultado final. Pero como non eran cámaras dixitais, nin se trataban co ordenador... non pasaba nada.

Agora, coas cámaras dixitais, podemos modificar o resultado no ordenador mediante un simple programiña (como as fotos de arriba), ou tamén podemos modificar a foto mentras a facemos. Se por exemplo, lle damos máis saturación ó color, se poñemos "modo" branco e negro, máis/menos contraste, +/- granulado... etc

Dito todo isto, antes de soltar a pregunta en cuestión, tamén me gustaría recordar que todos, ou casi todos, dixemos ou escoitamos algunha vez o seguinte:
- "Buaa! que fotaaazaaaaa!! si señoorr que artista!
- "si, quedou guay, pero retoqueina un güebo co Photoshop"
- "aaaaaahh, xa me parecía a min!

Estas fotos foron feitas fai máis de 2 anos, cunha cámara dixital "cutre", e hoxe en día hai cámaras que teñen funcións suficientes como para facer eses retoques no momento da foto.

A pregunta/debate en cuestión sería: "a partir de CANDO e COMO, se consideraría "trampa" unha modificación ou retoque da foto real?"

Eu penso que as fotos teñen dúas funcións:

-Nun principio, existiron para inmortalizar momentos. É dicir, para facer unha transcripción o máis real posible da realidade a un papel (ou calquer outro formato).
Eu cando lle saco unha foto a unha posta de sol, é porque quero que ese momento quede inmortalizado noutro sitio a parte de no meu recordo; para poder compartilo.
Digamos que considero que esa é unha das funcións das fotos. Agora ben, sin modificar nada do resultado! Se non, sería como si lle saco unha foto a un can, porque me parecía moi grande, e llo quero ensinar ós meus amigos, e o retoco en casa e o poño máis grande que un camión....Non estaría sendo fiel á realidade.

Peeeeeeeroo, hai fotos que non son fieis á realidade! como a de Lires!, que en realidade era un azul máis intenso. Co ordenador o que fixen nun 90 % foi aumentar o contraste para que as árbores quedaran negras. Porque pensei que quedaría máis bonito. Se tivera a cámara adecuada, podería facelo no momento (aumentando contraste, saturación....)

-E a outra función das fotografías, sería a función artística. Na que sacamos unha foto coa intención de facer unha composición bonita, agradable a vista, con cores atractivas. Como quen pinta un cadro. Como se fose para colgala no salón da nosa casa. Aquí, penso que as "normas", perden sentido. Pero no fondo, sigo crendo que ten máis mérito unha foto chula, cando as modificacións pertinentes para un bo resultado as fas no momento. (pero claro, hai que ter o material adecuado)

PARA OS QUE NON ENTENDAN NIN PAPA DE FOTOGRAFÍA NIN DE GALEGO AÍ VAI UN PARALELISMO:

En que momento, una mujer deja de ser "natural"??
Cuando una mujer se retoca los pómulos, se añade pechonalidad, se hace una lipoescultura y liftins ke te cagasssss.... es natural??

unos dirían: "nooo, por que no es ella mismaaaa....no es naturaaall... no tiene méeritoooo!"

y yo contestaría: "Aaaah, y cuando tu mujer se pone tacones para hacer más esveltos los gemelos y piernas?, cuando se pone rimel para resaltar las pestañas?, cuando va al solarium para coger un moreno que no es suyo?, cuando se depila las piernas y sobacos? cuando se pone ese piercing tan bonito en la nariz?.......es natural?
¿que pasa? ¿que una mujer solo es bella cuando va con las melenas en los sobaquillos, bigote, sin lavar...porque así es natural, coomo la naturaleza cuando la trajo al mundo? mmmm yo creo que no. (también podríamos debatir si el simple hecho de ser guapos de forma natural tiene algún mérito! No hicimos nada para ser así... pero bueno, ya sería liar mucho la patata. Sigo por donde iba)

La pregunta es: ¿a partir de que momento resulta demasiado artificial la belleza en una mujer?... maquillaje? silicona?

Leí en un foro una vez, que las mujeres cuando se retocan un poquito están más guapas, y no dejan de ser ellas mismas.. y que con las fotos pasaba lo mismo. Que si las retocabas un poco, seguían manteniendo su esencia.

Hala, ahí queda eso.

Ahora quiero leer opiniones! venga, a animarse!

3 comentarios:

iago dijo...

limítome a contestar no que é a cuestión fotográfica, sen entrar no tema mulleres.... para min cada uno e libre de facer o que queira coa foto, se é que lle gusta... e o que non lle gusta que non mire. O que si podo pensar é que a nivel técnico, a un fotógrafo experto lle foda un mal tratamento dunha imaxe e se venda a mesma coma unha "fotaza", mais en realidade da igual. O que non lle guste que on mire, como dicía...

por certo, benvido e tes un enlace no meu blog compañeiro.

Rubén dijo...

Moitas gracias iago, polo enlace, pola benvida e polo comentario.
Con respecto ó das fotos. eu creo que a entrada da "era dixital" no mundo da fotografía, pode supoñer unha porta aberta para todos aqueles que teñen unha "vena artística" (fotográfica neste caso), pero non dispoñen dos cartos como para comprar material que lles permita explotala.

E un pouco como o hip hop na música. Que permite a calquer rapaz/a con mínimo de talento, facer unha composición coa axuda dun ordenador e un micrófono.

Agora ben, penso que hai que ter máis "ollo" para poder cazar no momento a foto ideal, coas modificacións pertinentes, que retocándoas máis tarde.

unha cousiña, si sabes ¿podes dicirme como facer k o blog apareza en google?

un abrazo

iago dijo...

non podes (pagando si, pero non será o caso).
É Google quen busca o teu blog usando os seus "motores"... é un tema bastante complexo o cal non entendo para nada; indexadores, algoritmos, barrels,listas de URL que se actualizan...

o caso é que leves o blog adiante e Google te porá na sua lista de resultados cando alguén faga unha busqueda, por exemplo con "Surf na costa da morte"... é importante que o blog vaia funcionando e difundas a dirección... penso que con iso vai bastar... eu non fixen nada mais e sae o blog no google...

tempo o tempo.

saude!