miércoles, 20 de junio de 2007

Kitesurf en Carnota

Aquí temos a Abel Lago, un auténtico crack do kitesurf, e o jefazo mundial do kitesurf en olas. Tamén o creador da escola de surf e kitesurf da que falo na primeira entrada.
Tranquilamente podes estar falando con un amigo na praia, ó lado da auga, e chega este polo aire, pousa unha man na area, xira sobre si mesmo e diche: "que pasa maaaannn!" e volve polo aire á auga.





Estas fotos foron feitas en Carnota por Jose Guillén, amigo, windsurfista, kitesurfista e fotógrafo. Un rapaz que pode parecer moi formaliño mentres che atende amablemente na súa farmacia de Cee, pero que en canto pisa a area da praia mentres lle pega na nuca un vento de forza 5, sufre unha metamorfose no seu interior, na que se lle forma un cúmulo, unha pelota de enerxía e adrenalina tan grande que o desborda.
Un saludo!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola a todos..

chámome José e tamén son da costa da morte. Quería saber se algún dos que visitades esta páxina o mesmo o autor me poden axudar..
Quero iniciarme nesto do Kitesurf pero non teño nin idea donde comezar..supoño que cursillo pero dónde na costa da morte??comprar táboa e cometa ou esperar?? Agradezo calquer comentario ó respecto que me poidades aconsellar pq quero empezar e non aguanto xa..gracias e saúdos..

Rubén Prieto dijo...

Moi boas josé!

pois deches co sitio indicado.
Resulta que nós damos cursos de surf e kitesurf, inda que agora mesmo estamos cos últimos cursos do verán pero seguro que podemos facer un oco. Inda que o tema de kitesurf non o levo eu, se non que o fai Manuel, ou Zoilo.
o monitor de kite, tiña unha semana bastante apretada, creo que comezaban 15 persoas, pero ti falas con el e si pode darche o curso daracho.o seu número é 667887753
se me equivoquei co número (escribino de memoria) chámame a min e xa cho paso. o meu número é 655 578 544

Unha aperta!