Por fin! un ano enteiro esperando este momento!
Onte fixemos o exame de 25 temas das oposicións. Para o que non estea ó tanto, eu prepároas para mestre especialista en Educación física e Salvia para mestra de infantil.
Agora quédanos outra proba na que temos que defender unha programación (un traballo que tivemos que elaborar dunhas 80 follas na que programamos un curso enteiro), e unha unidade didáctica, que é como un "tema" dos 15 que temos preparados para desenvolver ó longo do curso. É dicir, 50 minutos falando sin parar e intentando non aburrir ós tribunais.
Pero para esta última non temos que estudiar tanto como o que estudiamos para a de onte. Para que vos fagades unha idea cólgovos unhas fotos dos "tochazos" que nos tivemos que chapar. Por certo, non é palla eh! eses son os RESUMOS dos 25 temas.
Ah! por certo, saíunos bastante ben ós dous. (Bueno, a Salvia saíulle mellor, pero iso é inevitable)
Mimá, non sabedes o ben que nos quedamos. Quitámonos unha boa lastra de enriba
6 comentarios:
Felicidades por los examenes Ruben y pareja claro, ya pasó lo peor y queda menos para vernos en el agua.
Fantastica la presentación que me hiciste, me partí de risa y ademas acertaste de lleno.
Sigo con la guardia chaoo
Moitas gracias Jose!
Está claro, o gordo xa pasou, e teño unhas ganas tremendas de volver a notar como o salitre me reseca a pel. Así que, seguro que nos veremos antes de que teña a seguinte proba. Sobre o 30 igual me pego unha escapada. E como o primeiro é o primeiro, se non hai olas, xa vos chamarei para pegarnos unha navegada todos xuntos.
E alégrome de que che gustara a presentación, jeje, e que che ven que nin pintada.
Un abrazo!
MUY BIEN CHICOS, AHORA OS QUEDA LO MAS FACIL,PORQUE CON LA LABIA QUE TENEIS LOS DOS NO HAY PROBLEMA EN LA SIGUIENTE PRUEBA. ESPERO QUE VENGAIS A SAN PEDRO YA QUE EN SAN JUAN OS ECHAMOS MUCHO DE MENOS......
RUBEN, LO MEJOR DEL BLOG SON LOS COMENTARIOS DE TU MADRE,A LA QUE LE MANDO MUCHOS BESITOS.
ISABEL, ANIMATE Y VEN A SAN PETER......
VENGA BIKIÑOS A TODOS
Rosi, miña reina, estás mal. Mira ti que estaba pensando preguntarlle a Ru, como podo facer para borralos ou que os borre el, porque, ben mirado... parecer parecen que estou toliña ou transtornada. O que pasa que cando vexo algunha foto que me chama a atención, empezo a largar commo se estivera soa e como se fora nun correo para Ru soliño. E cando xa lle dei a enviar, é cando me dou conta de que eso queda á vista de todo dios. E... francamente, moito xeito non teñen. Ademais escribinos de maneira anárquica total, saltándome tódalas normas coñecidas...¿Imaxinas que o lean alumnos meus? ¿Con que cara lles podo esixir despois que escriban ben?
Falando de faltas, haber hainas "comarea" -como din os de Camariñas- Ben sei que case todo o mundo escribe en plan SMS para rematar axiña, pero ti, Ru... deberías ter coidadiño porque estás coas "opos" e aínda has de escribir no exame como aquí. E dios te colla confesado! (Acabo de ver o que puxen eu antes e vexo que tamén metín a pata. Non vexo un ... e a non ser que imprima, co brillo da pantalla tardo un "güevo" en ver o que está mal. Pido perdóns múltiples. Tería que dar exemplo e mira ti, estou "fasendo un estropisio"
Non t procupes ma, ke nas opos eskribin más ou menos así, xk como iva tán rapído e kería eskribir muchísimas cousas, pois non me fisaba nos detayiños estes das faltas de horticultura.. pero non kreo k pase nada oh, como din os kativos na escuela.. ti entender enténdesme non? jajajja
un besaso
Publicar un comentario