miércoles, 27 de junio de 2007

Un baño

(Recomendo poñer música)

Hoxe non vai a ser un baño típico. Encántanme os días nos que facemos surf cinco amigos, onde as risas e as bromas están á orde do día. Onde charlamos e rimos sentados nas nosas sillas mentres nos bebemos unha cocacola fresca mirando ó mar, e despois surfeamos sen tensións, sen máis que pensar que remontar e surfear unha ola mentres os outros te animan, onde a compañía é tan grata e te sintes tan agusto que desexarías que ese momento non se acabe nunca.

Pero hoxe non. Hoxe vou ó mar só.

Todo comeza mentres gardo o material no coche, táboas, traxe, un par de inventos por se acaso, parafina, escarpíns...e listo. Son as 9:15 da mañá, seguro que non collo nada de vento. Unha pequena emoción xa comeza a percorrelo corpo, como se fora adrenalina, pero máis suaviña.

Non estou de acordo co diccionario cando di que surfear é deslizarse por unha onda cunha táboa, porque nese momento, cando estou reclinando os asientos do coche para colocar as táboas, xa me da a sensación de que estou empezando a facer surf, ou máis ben, a sentilo.

Poño boa música, pecho os ollos, e respiro profundo para ulir como o olor da parafina e do neopreno comeza a darlle vida ó momento, mentres sinto como esa canción que tanto me gusta comeza a dibuxar un sorriso na miña cara.

Poño primeira e arranco. Parece como se o estómago non dise dixerido ese zumo de alegría e adrenalina que empezo a notar...

A música, fai que se activen os meus sentidos. Doume conta de tódalas sensacións que normalmente poden pasar desapercibidas, que nos axudan a sentir que estamos vivos. O tacto, por exemplo, está olvidado. Baixo a ventanilla, e permito que sexa a miña man a que comece a surfear as correntes de aire. Para ela, o tubo, está detras do retrovisor. Cada vez o aire opón máis resistencia á miña man, pero aguanto cos dedos pechados....paf! merda, un mosquito.... Dame a risa a min solo, no coche, e penso na xente que me vexa dende fora.. que pensarán? Que estou tolo? Pode ser..ó pensar iso inda me da máis a risa.. un compoñente máis para ese zumo. ¿Como podo sentirme máis contento dende que un desafortunado insecto voador se estampa contra a miña man? Non o sei. Pero síntome ben, e un sorriso queda tatuado na miña cara.

Xa se ve o mar pero a praia inda non, ten boa pinta...

Perfecto, hai baño en Nemiña. Algo máis de unha “porta” (medida de olas internacional). Miro por se hai algunha corriente rara antes de baixarme do coche. Moi ben, un canal axudarame na remontada, e un pico de dereitas e esquerdas rompe bastante ben. Non hai nada de vento. A textura do mar está como o aceite.

Saio do coche e respiro fondo. Encántame ese olor a salitre, olor a mar que se mistura co das algas.... faime sentir.. a gusto. Ademáis, unha especie de néboa de salitre cubre as olas da praia ata un pouco máis alá do pico. O sol fai que esa néboa de salitre teña un resplandor branco que case lastima, pero un minutiño mirando e as pupilas xa están acostumadas. Abro as portas do coche para seguir escoitando a Luar na Lubre.

Collo o traxe e empezo a darlle a volta, inda está frío e algo húmedo, pero non pasa nada, Lorenzo xa está aí para suavizalo todo. Comezan a marcarse unhas liñas, entra unha serie ó lonxe. Esas olas, que veñen navegando dende centos de quilómetros, rematan a viaxe deixando unha boa dereita, e o seu son destaca sobre o do mar. Está máis grande do que parecía.

Non sinto medo, pero miro arredor por se hai algún pescador, por se acaso. Nunca se sabe cando vas a estar en apuros. Nada, non hai ninguén. Poño o traxe, quito a táboa da funda, invento, e doulle algo de parafina á táboa.

-“bos días!” -saúdame un vello acompañado de sete vacas

-“bos días!” –respondo

- “non haberá moito mar oh!”

-“ que va oh, está ben, está ben..”

-“ten coidado oh, que o mar é un ladrón” – el segue ó seu e eu ó meu.

Os maiores sempre din que o mar é un ladrón, porque se leva o que non é seu. Incluídas vidas de familiares. Resulta normal que os que máis necesitan do mar para vivir, menos o aprecian.

Xa estou listo, pecho o coche, escondo a chave, e corro ata a orilla. A area inda está fría.

A adrenalina empeza a facer estragos no meu interior, collo carrerilla e lánzome á auga por encima dunha espuma. A inercia chégame para avanzar uns cuantos metros e antes de quedarme parado sigo remando. A auga está algo fría pero da igual. Sen darme conta os meus pés vanse levantando para evitar o contacto coa auga, pero ese frío, fai que se me contraian tódolos músculos do corpo e traduzo toda esa emoción e enerxía que tiña no interior nunha remada forte e potente. Nestes momentos síntome como un toro, fago o primeiro pato, e sigo remando forte. Esta enerxía, chegoume ata a metade da remontada, onde comezo a baixar algo o ritmo e a remar dunha forma algo máis económica e cos movementos máis harmónicos.

De repente unha serie asoma coa intención de cazarme. É máis de unha porta de alta, será porta e media...poño o turbo e empezo a remar con forza.. vou moi xusto, pero igual paso..

Ó chegar ó alto dunha das olas vexo un par de liñas brancas. As crestas desas olas xa teñen o labio fervendo, querendo lanzarse... sigo remando con forza porque confío en chegar a tempo. Ui, estou a uns 20 metros da ola e parece que non quere esperar por min. Chegou o momento da decisión: Asumo que me vai a cazar, reláxome e solto a táboa para bucear, prepárome para facer un pato potente, ou arríscome e sigo remando como un tolo. Non hai moito tempo para pensar, pero imaxinar o fría que debe de estar a auga a 2 ou 3 m de profundidade fai que siga remando. Agora só hai dúas posibilidades, que a ola no seu punto máximo de potencia me cace cansado e sen tempo para facer un pato, ou que me dea tempo a atravesar a parede de auga antes de romper.

Si que chego. Nestes momentos parece que o tempo se ralentiza, dou dúas brazadas subindo pola parede da ola. Nesta última fracción de segundo vexo como o labio da ola se lanza por encima de min...ssshhhhh.. e aproveito para mirar para arriba e ver o tubo mentres afundo a punta da táboa na ola para atravesala. Pasei sen problemas. Noto que tiña ganas de un baño así, con un pouco de acción.

Chego ó pico mentres me acunan as olas, séntome na táboa, suspiro e miro á praia para tomar algún punto de referencia. Estou bastante lonxe. Pero sentirme seguro e confiado, tan lonxe da terra, no medio do mar, fai que me sinta ...non sei, moi ben. Párome a pensar, e dame a sensación de que parece case imposible que sexa unha casualidade que a ola me deixara pasar xusto por debaixo dos seus brazos. Ás veces dame a impresión de que a natureza nos regala cousas, e non nos damos conta. E se non son regalos, que máis da? é como se o fosen. Que diferencia hai? A forma en que vemos as cousas é máis importante do que cremos.

O feito de estar só, na auga, é moito máis diferente que facer surf con xente. As olas son todas túas, a praia é túa.

Sénteste algo insignificante ante tanto poder, ante a inmensidade do océano, e ó mesmo tempo o rei, por poder disfrutar, vacilar, esquivar, e dominar algo tan grande e tan potente. Pensar que unha ola que podería afundir un barco é fonte de disfrute dos surfistas, é algo que me impresiona.

É como se volvéramos ás nosas raíces, como se volvésemos a ser un elemento máis da natureza, que flúe e actúa con ela, e non en contra, como facemos hoxe en día.

Parece que ven unha boa serie, a medida que se achega doume conta de que debería de remar cara a praia se quixese coller a primeira ola... polo que decido esperar no sitio, sentado na táboa, porque inda non vexo como ven a de atrás. Túmbome na táboa e prepárome porque a primeira ola levantouse máis do que esperaba, podería tela collido. Comezo a remar intuitivamente mar a dentro, e cando supero a primeira ola, despois de dar unhas 4 brazadas cara arriba, diviso dende aí arriba que a seguinte ola ven máis grande e posiblemente rompa antes. Remo cara ela pero sen présa, dame a sensación de que a podo pillar ben. Exacto, ela avanza cara min, e eu cara ela.

Toneladas de auga empezan a coller forma, enderezándose ata acadar a altura de un segundo piso máis ou menos, porta e media... chego onda ela, doume a volta rapidamente e mirando cara a praia empezo a remar. Dou as 3 primeiras remadas e a ola xa chegou onda min, elevándome uns dous metros, un par de remadas máis e xa estou case arriba. Xa noto como a ola me empuxa como se me collera un camión, e noto unha aceleración que fai que avance á mesma velocidade que a ola. Nese momento, o corazón empeza a palpitar máis rápido. Chega un dos momentos máis cruciais. A sensación que me invade nese mesmo momento, poderíase comparar coa gravidade cero, como se chegásemos ó alto no barco vikingo e chegase a hora de volver a baixar.

Nese xusto momento, no máis alto da ola, póñome de pe o máis rápido posible. A perspectiva volve a cambiar. Á altura da ola, agora teño que sumarlle a miña. Dende aí arriba, saco unha foto mental, vexo como o mar está ós meus pes, e en cuestión de segundos me precipitarei por esa baixada. Comezo a baixar a toda velocidade, o que fai que sinta como o vento me pega na cara coa suficiente forza como para apartarme o pelo mollado da cara.

A adrenalina que descargas nese momento é tanta que non sabes como exteriorizala, non sabes si berrar.. ou .. berrar.. ou calar e concentrarte en non caer. Neses momentos, a gloria, está moi cerquiña do pequeno inferno (centrifugado zanusi), e canto máis cerca se está do peligro, máis grande é a sensación de euforia. Despois da baixada, empezo a facer o xiro na parte baixa da ola cara a parede que se abre á dereita, encarándoa de fronte; levo tanta velocidade que teño que facer forza coas pernas para que a forza centrífuga non me sente na táboa, e inclinarme tanto para facer o xiro que me invita a acariciar a auga coa man cerca da miña cara. A táboa vólvese nerviosa, empezo a subir pola parede e fago un xiro para volver a baixar. A falta de vento e a textura da auga glassy fai que a táboa faga dibuxos na parede da ola como un coitelo quente na mantequilla. Cabalgando a ola con velocidade, disfrutando de cada xiro, vendo como avanzas cunha masa de auga tan grande...sentíndoo todo, o aire que pega na cara e mans, o ruído que fai a ola mentres te persigue, a inercia, a velocidade, as continuas aceleracións, baixadas e subidas...

Nese momento, sinto como si estivera bailando coa ola. Hai unha perfecta harmonía entre ela e eu. Sen darme conta, os meus brazos comezan a abrirse, como se a emoción non coupera dentro de min e tivese que facerme máis grande para soportala, como si quixera voar e me dou conta de que o estou conseguindo. A beleza do momento é tan grande e intensa que se volve insoportable, como se pequenas descargas eléctricas invadisen, o diafragma, os pulmóns e o corazón.

Dame a sensación de que a ola me está sorrindo... Parece incrible que algo inerte, me estea proporcionando tanto pracer. Neses momentos sentes como se a ola cobrase vida. A parede comeza a levantarse, a facerse máis rápida, e póñome a correr por ela, subindo e baixando como un aleteo de delfín para axudarme a coller máis velocidade. Os reflexos do sol na parede da ola e ese color turquesa que está adquirindo a medida que avanzo con ela fai que teña unha apariencia máis agradable. Cada vez a parede ponse máis vertical, parece que me vai a regalar algo... a táboa téñoa ben cravada na parede, estou erguido case totalmente e toco a superficie da ola coa man a 30 cm da miña cara... dios, parece que quere entubar.... unha sección vai a romper por diante... encóllome un pouco... manteño unha traxectoria recta, e de repente unha sección de uns 4 m lánzase por diante de min... .... todo vai a cámara lenta, os raios de sol atravesan o labio, ese teito desta habitación de auga que xira ó meu arredor. O ruído é atronador, pero non se oe nada. Teño espacio para estar totalmente erguido e cos brazos abertos, pero non o fago. Vexo como a saída do tubo está cada vez máis cerca. Un tubo redondo estase grabando nas miñas retinas. Collo aire por se caio, pero de repente saio por ese furado, mentres un pequeno sifón me sopra na nuca...a adrenalina xa non se pode conter dentro de min e pego un berro... saio da ola coas mans na cabeza, e déixome caer na auga de espaldas...

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Nese momento era dono e escravo do mar.

13 comentarios:

Raquele dijo...

Con este relato, os profanos na materia podémonos sentir por un momento na túa pel ¡Estás feito un poeta!
Parece que foi onte que chegabas á casa á hora da merenda , te sentabas no sofá co teu bocadillo de "nosilla" narrando o mesmo feito destoutra maneira:
"¡Puuuuf tia.... collin unha ola que.. puaaaah, iba por ela facendo "fssshhhhhhh" e despois "brrrooouuummm" cain, e logo ffssschhhhhhpaummmm ... un tubo que.. DIOOOOLA!!"
Jejejej... ¡¡CAMBIOUCHE O CONTO!!

Ra.

Rubén dijo...

jajajajaja, ra, e que cando chego das olas sígoo contando así eh... pero cando non me podo axudar das mans e das onomatopeias para explicarme.. teño que esforzarme un pouco máis.
jajaj
jrasiñas raqueliña, non pensei que ninguén se puxese a ler todo o tocho.
un abrasoooo

Isabel dijo...

¡VIVA A NAI QUE TE PARIU! Se lle quitas a palabra "ola" e algunha máis, diríase que estás describindo o orgasmo so século. A min, desde que non te levo a pillalas, quédame observar a parte acolledora de ver como te tiras estomballado no sofá e dis "na casa tamén se está ben". E digo eu, ¿non che deu a fame despois de tamaño parto narrativo? ¿Hace una empanada de hojaldre, mi cielo?

Anónimo dijo...

CARALLOOOOOOOO MEU ES MEU AMIJO PERO NON SABIA QUE SE CHE DERA TAM BEN A NARRACION CASI POETICA.
O CARALLO E QUE EU, QUE NON FAGO SURF PERO QUE ESTOU METIDO AGORA NO KITE SUBE UN COSQUILLEO POLA BARRIJA QUE UUUUUUUUMMMMMMMM......... CHAAO MARCHO PARA AUJAAAAAA.JEJJEJEJJE

VEÑA TIO TES UNHA PAXINA CURRADA DE CARALLO MOLA.

UN BESITO MI AMORE, NOS VEMOS EN LA CAMA POR LA NOXE......JEJE

Néstor dijo...

Moi bo, vexote escribindo libros de surf dentro de pouco ehhh, jejje. Noraboa

Rubén dijo...

alégrome de que vos gustara!graciñas a todos,
pero tampouco vos pasedes oh que non é para tanto..jejej .. polo menos quedáronme ganas de repetir.
un abrazo!

WILLY URIBE dijo...

vaya Rubén, acabas de comenzar a publicar tu blog pero es como si llevaras mucho tiempo en ello... será por el surf, que da alas.

Un placer leerte

Te paso la mano por el lomo...

Willy

iago dijo...

ei ruben! que guapo tío... está moi ben home... para min o mais pracenteiro e ler unha narrativa surfera en galego, da gusto... eu tamen escribo, pero en castelán, nin por unha cousa nin por outra, porque é así como sae libremente. Estas cousas non deben forzarse.

gustoume o de "como se fora adrenalina, pero máis suaviña."

pois nada, a ver o seguinte.
saude!

SoNi@ "tu pinita:)" dijo...

wola!é o meu primeiro comentario, e non tiña pensado escribir pero acabando de ler o que lin vou facer o esforzo...:) para felicitarte porque de verdad que me encantou,non todo o mundo é capaz de transmitir algo así con palabras.Fíxeronme gracia os comentarios de ra e tua nai,é certo que parece que estás describindo un orgasmo e que cando contabas algunha aventura do mar non o facías así precisamente:).
weno,sigue perfeccionando esa faseta de poeta e currandote asi o blog xq está genial.1 besi!!!:****

Rubén dijo...

Vou por orde:
Willy! un pracer verte por aquí! (para os que non o coñezades, é un escritor, fotógrafo e surfista moi famoso e coñecido no mundo do surf)
moitas gracias polo comentario
o meu ego ronronea :)

Iago, inda teño que darlle moitas voltas á cabeza para intentar describir todas esas sensacións que ti e eu (e o resto dos surfistas) coñecemos.

Así me gusta sonia! que te animes a escribir muller.. xa verás como despois te animas máis a miúdo..si esto é como unha gran familia jejej

graciñas polos comentarios! se seguides así vou coller tal embarille que a ver quen é o bonito que me quita o ordenata do colo!

Anónimo dijo...

Arallo!!! tamaña tapa de orella.jaj se che bai de carallo.jeje.
Q ba tio ta d.p. flipa q o lin todoseguido e solo encendin un pitillo e digo encendino xq non o fumei.ata estou escribindo "jallejo" mola tio ta wai.ah!! soy tei.jeje

Rubén dijo...

Diooolaa! teii! que alegría!
jajaj ves como non pasaba nada por ler máis dunha páxina? nin se queda un cego nin doe o cerebro como dicías jajjaja

moitas gracias meu
inda tou flipando :)

María dijo...

Genial, acaba de darme un ataque de envidia y creo que quiero probar todo eso que cuentas...si, ya sé que me queda muuuucho que aprender para poder hacer un pared o para echarme sola a coger olas pero lo más importante es que quiero seguir aprendiendo. Así que espero que mis "amigos" de Talía no me dejen sola en el intento. Y a ti muchas gracias por las clases, por el relato, por la ilusión...nos vemos el sábado!