martes, 19 de junio de 2007

Facendo o tonto en Nemiña

Na foto da entrada anterior, na que o chow chow se está preguntando que demo fago na auga (igual que vos preguntastes vos, supoño), aquí está a resposta.

Había sol, e non había outra cousa que facer. Así que fixen algo o tonto. As olas só daban para iso. E máis para intentar facer o pino na táboa. jejejej Pena dun tablón. Entonces si que se aproveitaría medianamente ben o día.

Pose de velocidade ultrasónica
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E esta foto fíxena en Fisterra o mesmo día
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ou sexa, facendo o tonto ... para variar!! jejeje

Escriboche isto mentras o teu sobriño anda facendo tubos na barriga, creo que lle ven de familia.. ¿herdará tamén o de facer o tonto? porque mira que hai tradición familiar!! :-P

BIcos, e ate prontiño!!
Ra.

Rubén Prieto dijo...

Ola Raqueliñaa!

O teu fillo vai a ser o mellor surfista do mundo xa verás... como o colla por banda...
agora que me voua poñer co tema voulle a facer unha táboa de surf de 30 cm pa cando naza jeje, e empezamos a practicar na bañeira, que el pode.

Que me dis da musiquilla que lle puxen ó blog? Molache? podes suxerir cancións eh, as que queiras.

Bueno, terei que poñerme a estudiar un día destes que o examen é o sábado.. (ma, solo vin ó ordenador a mirar autores para o tema da coordinación ehh, tranquila jej :)

Biquiñooooooossss

DP ¡e a visitarme tódolos días se ha dicho! e a faser publisidá.

(xa sei que se di PD, pero en galego será así non? de DesPós)jaja

Isabel Tomé dijo...

Queridos fillos: desexo que non nos tomen por majaras. Esto máis que un blog, pareSe mesmamente un libro de familia, ¿que digo libro de familia? ¡libreta de tarados! Entre vós que estades como estades, (meus pobres, alJo de culpa terei eu) e eu que estou "que lo flipo" con esto de las nuevas TENOLOGHÍAS...parecemos "La familia monster" ¡ai meu netiño... saes de Jutemala pa Juatapeor"