Fai pouco, aquí en Lugo, foi o "Arde Lucus". Unha festa na que é tan común ver un romano en cabalo, como a un rapaz en bici. Mentras facíamos tempo na muralla romana para ver unha obra de teatro romana de romanos baixo a muralla romana, fixen esta foto tan romana cun ceo azul romano (valga la romanancia).
aquí unha foto da obra de teatro. Estivo moi ben, simpática e promovendo un maior respeto por este planeta no que estamos.
e finalmente unha foto da princesa Shena que andaba por alí tamén, dando un paseo.
2 comentarios:
ARDE LUCUS!!! si señooor! Alegrome moito de que che guste Lugo sendo doutra provincia, agora os rapaces aficcionanse a marxar para A Coruña ou Vigo e olvidanse de Lugo. Grazas x este pequeniño espazo sobre Lugo. Agradezocho de todo corazon, como boa lucense que son. Un biquiño de Tati...bicos
Home, eu non son moi aficcionado a saír de marcha por outras cidades, pero polas poucas veces que fun por aí, Lugo é a que máis me gusta para saír... hai un ambiente moi bo, moi bo rollo, moi hippie, e en ningún lado che poñen pegas polo calzado que leves (ridículo).
Ademais é unha cidade mogollón de cultural... non sei, dame lástima marchar de aquí. Se chega a estar cerca do mar.....
Graciñas pola visita e polo comentario!
Publicar un comentario