jueves, 27 de mayo de 2010

Fotos de Nemiña

Moi bos días!!
Antes de nada...
ponte a disfrutar do bo rollo que transmite esta cancionaza de k'naan

(Creo que xa teño canción para o stop-motion do próximo mural) :)

Onte e hoxe non houbo practicamente ningunha onda, polo que houbo que buscarse alternativas!
kaiak
Nova adquisición!
Non pensei que se lle fora a sacar tanto partido. É a alternativa perfecta á falta de ondas ou a ondas malas/tendidas babosas. Cando a táboa/tablón xa non funcionan...é hora de saír, collelo kaiak, e botarse unhas risas cun bo amigo

suso e eu no kaiak bla balblablalbal
Foto de Álvaro Rodriguez. Aproveito para presentarvos o seu novo blog: alcerocinco.blogspot.com

Pois como non hai fotos de acción... colgo unhas duns baños deste mes en Nemiña. Se non me equivoco son do día 2. Marcos, van por ti! jeje (que sempre me di que o blog non é fiel ao dominio, con toda a razón do mundo)

Suso co seu estilazo característico
suso r

Descoñecido chimpando
aereo

Moncho de Laxe disfrutando das boas vistas que regala esta esquerdiña. Sae de vez en cando neste fondos tan cambiantes que sufrimos/disfrutamos.
moncho tubo r

Alguén sabe quen é o que está reentrando?
reentry




Agora que o penso, esquecinme de presentarvos a miña nova táboa!
botom
Estreneina en Louro, xusto despois de recollela no taller de CHUSMA.

Estou moi contento con ela. É anchiña na popa polo que aguanta ben dos meus 85 kg, e manten o planeo moi ben en olas con pouca forza. Ao ter 4 quillas fáiseme moi maniobrable, volume na punta que da unha boa remada... contento.

E ademais, encantoume o feito de que puidera colaborar na parte "artística" da táboa. Pintei o deck con pintura acrílica e esponxas, e a parte de abaixo, no proceso de laminado, escollín as cores e chorreei a resina tintada que me preparou chus ao meu gusto e maneira... despois encargouse el da parte técnica, de esparcila e facer un laminado como dios manda...pulido etc. Un crack.


Pasou unha cousa curiosa ese día. Vin a un rapaz que se andaba tumbando polo chan e adoptando posturas de contorsionista ao máis puro estilo "eu" sacando fotos cunha reflex dixital, e, aproveitando que non lle ía a ter que explicar en que botón se disparaba na miña cámara...pedinlle que me sacase unha foto coa táboa antes de "manchala" de parafina. O fotógrafo en cuestión resultou ser JUAN FERNANDEZ, prestixioso fotógrafo da surfer rule.

deck

Ben, pois hoxe chégame un mms do meu amijo CARLOS cunha foto da surfer rule na que aparezo eu camiñando coa miña recén estrenada táboa. Que ilusión! amijiñoos! sonvos famoso! Debo de ser o único personaje que apareceu na 360 (nunha reportaxe de dani almeida) e na Surfer Rule e en ningunha das dúas aparezo surfeando!! A verdade é que me está dando que pensar xD

E para despedirme, unha foto de hoxe, que fun ata Rostro co veciño Rober a pasear cos cans e sacar unhas fotos.

Pescando estrelas
pescando soles

Tiña outra na que o sol non estaba queimado, pero... gústame máis esta. Ademais, se o sol non se queima conxelaríamonos todos non?

Unha aperta e que teñas moi bo xoves!!


pd. Prefires moitas entradas curtas ou poucas longas?

11 comentarios:

Max Rockatansky dijo...

O rapaz do reentry é Oscar Babé, do Jrove. Apertas

Nacho dijo...

guapa guapa...
a verdade e que unha obra maestra do mestre chus!
Saúde e a disfrutala/os (xa me esquecía do kaiak)

Aloha!

P.D. Por certo, temos o sábado churrascada tabloneira en Cobas (Ferrol) se che cadra andar preto, xa sabes...anímate!

Rubén Prieto dijo...

Graciñas Max! ;)

Gerry, A verdade é que estou moi contento, é anchiña na popa polo que aguanta ben dos meus 85 kg, e manten o planeo moi ben en olas con pouca forza. E ao ter 4 quillas fáiseme moi maniobrable, boa remada... contento.

E ademais, o feito de que puidera colaborar na parte "artística" da táboa encántame. pintei o deck con pintura acrílica e esponxas, e a parte de abaixo, no proceso de laminado, escollín as cores e chorreei a resina tintada que me preparou chus ao meu gusto e maneira... despois encargouse el da parte técnica de esparcila e facer un laminado como dios manda...pulido etc.
Agora que o penso, vou poñer esta info no post que hai que facerlle publi que a merece :)

Pois o da churrascada sona moi tentador!! pero non creo que ande por aí... se fose o caso xa aviso con antelación :)

Apertas!!!

Anónimo dijo...

Como ben di "Max Rockatansky" É Oscar Babé, podiasme mandar a foto en tamaño e calidade boas? Para mandarlla a el, somos moi amigos.

A esta direccion: falcon_ogrobe@hotmail.com


Un saudo!!

Rubén Prieto dijo...

Mandeiche un mail. Falamos! ;)

Apertas

Anónimo dijo...

ya la he escuchado como 3veces seguidas la cancion! jajajaj si que da buen rollo! joo echo de menos nemiñaa ayss es que ahora tiro más pal norte que pal sur no puede ser...


isa dixit

Unknown dijo...

Na foto da piragua na ola, mesmo podemos ver un Hang eight de Suso... xa lle falta menos para o Hang ten ;-)
Eu prefiro moitas entradas cortas que poucas longas.

marcos dijo...

Ves, cando colles o bo rumbo o blog animase mais,moi boas fotos si señor agora o k tiña k ver o personal e algun video entubandovos co kayak pq nos ivamos rir todos un cacho,eso si k e un deporte de riesgo e o demais son tonterias.unha aperta e deixade aljunha ola k pa martes xa aparezco por ali.

Fran dijo...

Boas Ruben, curiosa a anecdota que contas. Xa nos contaras onde carallos tes os 85kg...jejeje...Unha aperta pra tod@s Por certo, moi chula a tabla, a disfrutala!!!

Chusma Surfboards dijo...

Que bonitiña e a nosa nena, digo nosa porque os dous axudamos a parila.

Disfrutaa con saude meu.

Rubén Prieto dijo...

Isaaa! Nemiña tamén te bota de menos, vente a pillar unhas oliñas por aquí muller :)

Antonio, fuches o único que me contestou á pregunta, jrasias! jeje.. o hang ten vai estar chupao, na próxima xa cho fai. si xa nunha das últimas ondas se puxo de pe no kaiak! xD

jjaj Marcos, tes razón oh, se nunca cha neguei. O video pillando os tubiños orilleros, se o houbera pagaba por el eh, xúrocho jaj. Quédome coa unha das últimas frases de suso antes de recorllernos:"vamos a marchar antes de rompela espalda" despois de qeu nun revolcón nos pasase o barco por encima jajja joer.. é divertidisimo

Graciñas fran, tiña que compensar coa bonitura desta a "feúra" da pukas amarillenta jeje. E o dos 85 kg... pss.. nos bíseps chaval..jeje

Chus, artista!!!

Unha aperta a todos e graciñas por comentar!