jueves, 20 de mayo de 2010

Un día en Nemiña

Antonte, en canto acabei de facer uns recadiños pola mañá, un foguete no cu comezaba a botar chispas para coller material de bocata e tirar para Nemiña.

O día anterior, a pesar de haber olas para os "clics" de playmobil (ti tamén lle chamabas clics ou era eu só?), entre o sol, a temperatura, a compañía de Carlos e Belén, o bo rollo na auga, e algunha que outra esquerda pequena pero xeitosiña... a sensación coa que un se ía para casa era de "bañazo". Así que, o martes, coa subidiña de mar que había prometía bastante.

Unha vez en Nemiña, as ondas non estaban mal de todo. Foi entrar na auga e comezar a saír unhas esquerdas como churros. Durante aproximadamente unha hora, nun punto de marea moi concreto, viñan series seguidas para suministrarnos de ondas aos 15 ou 20 que en 5 minutos nos xuntamos na auga. As máis grandes poderían ter unha porta (2m reais)e teño "fotos mentais" moi boas como unha parede de Marcos en Drop knee cos brazos abertos cun tubo detrás no que cabería perfectamente.

Gozando como estábamos, o que menos apetecía era saír a sacar fotos así que... vas a ter que crerme jeje.

A única pega que temos agora con Nemiña é que se formou unha barreira de area ao máis puro estilo "mar de fora", que fai que en marea alta se convirta nunha piscina con rebotes.
Photobucket

Xa coa marea alta, despois dun merecido bocata/xelado/clara/charlas ao sol, volveron uns cuantos a auga aproveitando unha orillera que saía. Eu decidín quedarme na orilla sacando algunha foto. (Ao final tiven que acabar subido a unha pedra...tíñadesme que ver correr cando unha ola orillera intentaba cazarme atrapándome entre a laguniña e o mar)

Photobucket

Aquí abaixo temos a Moncho de Laxe
Photobucket

Este é Manuel. Estaba lesionado por iso non ía a facer ningunha maniobra... ¬_¬
Photobucket

Photobucket

Floater queimando a onda
Photobucket

Os rebotes que se formaban dábanlle un punto divertido ao baño
Photobucket

sobretodo para min que era o que vía en primeira fila os castañazos, jeje

Nesta, Suso pasou uns 10 metros de sección e cando chegou á parede... sorpresa! :) Encántame a expresión que se lle ve a Suso na foto. Póñolle un globito co texto ou xa llo poñedes vos? claramente está dicindo: "-cachis en la mar..."
Photobucket
Aquí disfrutando dunha oliña que duplicaba o seu tamaño por momentos
Photobucket

Despois fixemos un lume, parrilla, chourizos criollo, salchichas, lomo, cervezas, calorciño, ceo estrelado, charlas... ata as dúas da mañá. E para casa que mañá é outro día :)
Photobucket
Unha aperta para todos!

8 comentarios:

Nacho dijo...

como vivides!
E que logo digan que hai crise... si con catro pesos argallas o mellor dos dias!
Un saúdo e Aloha!

Señor Werty dijo...

Ti si que vives ben hehehe

Sau2

peter p. de mille dijo...

Magnífica a foto nocturna.
Ah, e revisa o logo de Surf na Costa da Morte!!

Para a xente que o ve e non é do rollo non é doado identificar unha taboa de surf, e tenden a pensar nun cemiterio con cruz e lápida!!
Sí, como cho conto.

dani dijo...

xa teño gañas de voltar por ahí a pillar olas... moi boas as fotos.

Anónimo dijo...

El del tablon rojo por que se mosquea? si el no hace mas que saltar olas a todo el mundo...
Boas ondas.
Marcos

Rubén Prieto dijo...

jajaj Faise o que se pode!
Como ti dis Gerry, os mellores días costan catro pesos, e as mellorese olas son gratis así que...

Graciñas peter! ten moito ruído no ceo pero era dificil pillar o lume e as estrelas sin que se queimara o lume....(ruido no ceo para que non se queime o lume.. vaia cousas que se chegan a dicir jaja)
O logo na próxima tandada de camisetas vai coa táboa máis alargadiña e fina ;)

Graciñas Dani! aquí te esperamos!


Jajjaa.. marcos... sabemos que non hai maldá oh xD

Anónimo dijo...

nemiñosis aguda!

ya estoy bien ruben,hoy pille delujo,ya te cuento por la semana.

muy de acuerdo cnt odos los coments,muy acertados...q bien se esta en galifornia cuando se esta bien...y q barato se disfruta si señor...

1abraciño a todos!

rayito.

Borja Batalla dijo...

Si eu tamen llechamaba clics os playmovil, (esto seguro que e un grupo no facebook).
PD: menuda saltada, non?