A semana pasada andiven por Madrid, e á volta, paseime por Windows!
Xa viña todo o camiño pensando en sacar algunha foto únicamente polo ceo que había.. pero cando vin eses campos verdes e lomas redondeadas propias do mesmísimo fondo de escritorio de windows... non o dudei. Peguei o volantazo na seguinte saída que me atopei e a correr polos prados cual Heidi correndo tralas ovelliñas.
Sei que ando algo ausente últimamente, tes que perdoar.
A semana pasada grabei dúas curtas por Vigo, fun a Madrid a un casting e a visitar uns amigos, houbo que pasar por Santiago (que un pouco de festa tampouco vai mal) e un montón de cousas máis que fan que che dea a sensación de que non pasaron dúas semanas senon dous meses.
Tantas cousas que contar e fotos que ensinar que cando me sento frente ao cacharro embótome e penso "ui, para esto póñome noutro momento que teña máis tempo" e como o tempo desaparece entre os dedos... nunca atopo o momento.
A ver se fago os deberes ultimamente e che ensino entre outras cousas unhas fotiñas de Nemiña de fai uns días.
Unha aperta e un saúdo especial a Juan de Maniños que me cargou as pilas para darlle caña ao blog ;) Encantado de coñecerte!
3 comentarios:
Encantado de re-conocerte Rubén! jajaja. Siento que me metieran prisa, estaba disfrutando de la charla! Queda pendiente para otra ocasión.
Un saludo y a seguir así!
Me paso lo mismo cunado fui a salamanca, pero me daba pereza parar. Es increible las extensionas de campos verdes sin un solo arbol. Muy Buena la foto, Ah vi tu anuncio de estrella galiciA pero solo se te ven unos pelillos, que mamones, bueno tu a seguir, con ganas!
Eso! re-coñecerte, pero é que éramos tan pequechos (e ti máis) que nin que me mataran te recoñecería :)
Igualmente! á próxima xa charlaremos máis largo e tendido.
Daniiiix...nada de pereza home... tiñas que ver o divertidas que eran as pistas de por alí.. tan esvaradizas jeje. O do anuncio.. en fin.. véseme o suficiente como para que non poida dicir que "non se me ve o pelo" jajaja pero weno.. ben mirado, foron uns pelos ben pagados.
apertas!!
Publicar un comentario