Non vos da a sensación de que a xente está de mala leche porque o temporal non destrozou Galicia de cabo a rabo?
E que os comentarios que se oen son:
-home home nomejo**, tanto temporal tanta merd* e ao final unha brisa de nada
-si oh, boh, tanta alerta tanta tontería tanta con** da virjen, si foran tomar polo **
Basta que non avisaran e que caese unha soa árbore no tellado dunha casa para que xa estiveran reclamando responsabilidades, cartos aos seguros, botandolle a culpa a todo mundo:
-¡joendiolaaa!! Sapatero tiroume un arbol ensima e ahora non me quer pajar unha casa novaa!! pero el si que ten casa non?? aahh carallo...
En fin, demos gracias, que puido ter sido moito peor do que foi. Tivemos moita sorte. E seguramente non pasou nada máis porque todos estivemos en casiña encerradiños, que se fixésemos vida normal seguro que había algún que outro accidente máis.
Este domingo, despois do relaxado paso do Xynthia por Galicia, achegueime ata a praia de Rostro.
Na auga xa estaba Brais, disfrutando dalgunha que outra baixadiña
A pesar de estar a marea increíblemente alta, as ondas tocaban fondo para o noso disfrute. Cambiámonos de pico, e comezaron a sair unhas esquerdiñas que gañaban forza a medida que se achegaban á orilla. Pasámolo bastante ben. E un domingo estar ti e un amigo na auga, con olas de "eu vou pa dereita!-vale eu pa esquerda!" non ten prezo
Unha aperta e que teñades bo martes!
3 comentarios:
Ruben, non podo estar mais dacordo contigo machiño!!!... E que e certo, se avisan e non pasa nada, xa esta liada, aparecen xentes entendidas en meteoroloxia debaixa das pedras!!! Iso si, como veña un pouquiño de vento en non suspendas as clases, xa a temos liada cos pais, pola contra, se suspenden as clases e o temporal pasa de largo, estes mesmos pais montan en colera...'Que carallo fago co meu fillo na casa se teño que traballar...!!!'
Ostias, eu tamen disfrutei este domingo dun baño laaaargo e cojonudo. Non tiñas que facer largas remontadas, boas ondas e boa xente na auga. Logo chegas a casa e encontras un platiño de comida a esperar por ti, e pra rematar unha sesta...que mais se pode pedir? Desculpa, penso que me quedou un pouco largo... Saudos pra tod@s
Curioso. Esa mesma noite, eu puxera un comentario no "feis" decindo iso "tanta alarma, tanta cousa..." Ó minuto vin as fotos do que pasara en Francia....¡!! Volvín ó "feis" e borrei o comentario antes de que o vise ninguén. Foi un rápido arrepentimento ¿non?
Pois si Isabel, podemolo considerar un 'rapido arrepentimiento'. No meu caso, dende que afirmei que Penelope Cruz no gañaria o Oscar nin de coña..., dende aquela xa non volvin facer mais predicions... Como ven comentas o de Francia foi terrible, menos mal que por aqui pasou de largo. Ahora, o que gustariame saber e a que se lle ocurriu poñerlle o nome da 'Tormenta Perfecta', por certo, moi boa pelicula do George Clooney. Veña, unha aperta pra tod@s
Publicar un comentario