viernes, 12 de marzo de 2010

Desculpa o retraso!

10 días sen actualizar, mimadriña. Perdona! E non é por falta de cousas que contar, senon todo o contrario. Non tiven tempo para nada. Para que te fagas unha idea, a semana pasada fixen 1000 km sen saír de Galicia. En fin.
Aquí vai unha entrada longa a modo de pupurri.

En canto ao relacionado coa interpretación, fixen un par de castings (Vigo e Coruña), unha curtametraxe (A Estrada) e un anuncio para Estrella Galicia (Pastoriza, Lugo).

A curta chámase "Estadea" e é a segunda curtametraxe do director Pablo Cacheda. Co que fixen o de "momentos captados dunha realidade xa inexistente" (título pequeno)
Ata agora só colgara o trailer, pero aquí tes a curta completa.

Momentos captados dunha realidade xa inexistente (SUB ESP) from Pablo Cacheda de Paz on Vimeo.


Esta curta foi feita sen apenas presuposto, pero mercoulla a tvg para emitir en ondacurta e co que lle pagaron costeouse gran parte do segundo corto.

En canto acabou a rodaxe, fun a por Marta a Santiago...

e tiramos para Pastoriza, onde grabariamos o día seguinte o anuncio para estrella galicia con Luis Moya.

E parecía pequeno o home. Di miña nai: diola, sempre se ve aí encollidiño no coche...
É un home simpático a rabiar. A alegría da rodaxe. Humilde, amable e con coñas todo o rato.
Este galego fíxose moi coñecido por frases como "trata de arrancarlo por dios, carlos trata de arrancarlo!!" ou "ojoderechalarga rasanteiquierda arrás!" (que non é arrás, senon ras) pero en realidade, para quen non o sepa este home leva ás súas costas dous mundiales, 4 subcampeonatos do mundo e 5 terceiros postos entre outras cousas como unha travesía a nado cruzando o estreito de Xibraltar con fins benéficos.

A raíz da súa curiosa e rápida forma de falar, surxiron moitos imitadores. Destacar esta broma dun que se fai pasar por Luis pedindo un taxi. Non ten desperdicio


Neste video podemos ver a animalada de información que teñen que procesar os dous (piloto e copiloto) durante un tramo.

A pesar dos logros de Carlos Sainz e Luis Moya, por todos é sabido que tiveron moi mala sorte, sen a cal terían gañando máis mundiais. No final do anterior video, por exemplo, vese como atropellan unha ovella 185 km por hora, o que os deixou sen potencia no coche e sen frenos. Aínda así seguiron para diante acabando o tramo pero perdendo a victoria.

E neste, vemos como se lles estropea o coche a 700 metros de gañar un mundial. Onde se fixo famosa a frase de "trata de arrancarlo". A verdade é que se vedes o video completo chégase a sentir tal impotencia que che deixa mal o corpo. Tamén me chama atención Carlos, que parece que ten orchata correndo polas venas, mimadriña que temple.


Despois hai outros pilotos que atropellan cabalos e só perden 26 segundos de tramo. Espectacular
="always" allowfullscreen="true" width="640" height="505">

Jolín, perdoa por abusar de tanto video, pero un empeza a rebuscar por youtube e atopanse cousas moi curiosas! mirade que coche!


Bueno, (volvendo ao tema da rodaxe do anuncio) decía Fernando Fernán Gomez: a los actores nos pagan por esperar. E certo é que das 12 horas que debimos pasar alí, fixemos falta 3. Nese tempo de espera collín a cámara pero non parecía un sitio moi apropiado para as fotos, xa que pouco máis que asfalto, rodas e coches abarcaban o campo visual. Nada mellor que iso para intentar buscar algunha posibilidade.


Esta foi sacada coa cámara do revés, cazando a Marta a través do reflexo dunha mesa onde estaban pegadas esas letras en vinilo branco.


Esta escapando dos camións do fondo, asfalto, cables...

Por certo. A ver se adiviñades con que cámara se grabou o anuncio...

A de video que vedes foi a que empregaban para o making off, e coa de fotos (unha canon D7) foi coa que grabaron todo o que sairá na tv. Acabaremos facendo películas cos móbiles. Isto é incrible.


Aquí vese todo o despliegue de sticos para facer rebotar a luz solar e iluminar o interior do coche. Falando de iluminación, cando estábamos grabando en interiores, escoitouse unha explosión e foi que rebentou unha bombilla e a lente dun foco de 12.000 watios que se usa para simular a luz do sol que entra polas ventás. Rápidamente adiviñamos quen era o dono do aparato porque foi o que máis rápido empalideceu. De alí a un rato, cando comezaba a saír do shock, non podía parar de decir: no puede ser, no puede ser, no puede ser... E é que , só a lente do foco costou 9000 euros. As cifras en euros neste mundillo do audiovisual son para caer sentado coa risa.

Bueno, e para rematar con esta entrada pupurri, gustaríame que lle pegárades un vistazo a este video producido e dirixido por FRAN ZEIBE (O amigo que me fixo o videobook). Agredecerá que comentedes as imaxes que menos e máis vos gustan e digades que opinión vos merece. Non tardará en estrear a curta da que proveñen todas estas imaxes.

Espero que vos guste.

Unha aperta a todos e que pasedes un moi bo finde!!



6 comentarios:

Fran dijo...

Boas Ruben, menuda actualización lle mandache!!! Gustoume o curto. O cuarto oscuro recordoume aqueles tempos nos que non tiñamos tarxetas de memoria...O gusto que daba desenroscar a pelicula e comezar o traballo ca ampliadora, era algo asi coma un periodo de xestación...isto soa un pouco chorra, seino...pero de verdade que tiña a xua maxia. O video de Sainz e Moya coa sua frase xa pasou a formar parte da nosa pequena historia, creo que o diccionario creou unha nova definición pra a palabra 'putada'... Xa non sigo que isto queda moi largo. Unha aperta pra tod@s e enhoraboa por seguir facendo queste blog siga vivo...

JoseCa dijo...

Piazo Post ¡¡¡ Muy bueno amigo ¡¡¡

Un saudiño desde Coruña

Rubén Prieto dijo...

Graciñas joseca e fran! :) pensei que era tan larga que ninguén acabaría de vela jeje.
Fran con respecto aos comentarioss..non te equivoques! canto máis largos mellor!
a min non me tocou vivir o do revelado químico... pero imaxino que tería que ser un ritual moi romántico :)
E este blog se segue vivo é gracias aos comentarios así que graciñas de novo ;)
apertas!

Brincadeira dijo...

Ostras, vaia entrada!! Xa quedara sorprendida doutras veces pero vexo que cada vez te moves máis no mundiño audiovisual e esta entrada gustoume moito porque son unha gran aficionada ós ralis e como contas a experiencia do spot co Moya e o fiesta do equipo Nupel..........

kukurusta dijo...

Ánimo Rubén, muy bien el corto, felicidades, solo una pequeña crítica constructiva, pierde fuerza el final con el dedo y el ojo, que no son muy creíbles.

Felicidades, Kuku.

Rubén Prieto dijo...

:)
Brincadeira, pois houbo un momento na rodaxe que o Moya di: -cuanto falta para la siguiente secuencia?
-5 o 10 minutos
-vale, vengo ahora!

e derrepente escoitamos un coche bruando polo circuito collendo as curvas de medio lado. O Luis envenenado descargando adrenalina, todo un espectáculo jeje. Ao volver, despois das felicitacións de todo o mundo polo espectáculo dado, dicía: "algo aprendí, me fijaba cuando me llevaban..." jeje

Tamén nos deleitou sergio vallejo co fiesta da foto collendo as curvas de medio lado.

Kuku! graciñas! Eu tamén penso que habería que deixar a escena final algo máis sutil, pero o ollo...ejem.. é de verdade jeje. Concretamente dun porco. O dedo si que canta moito.

Unha aperta e graciñas polos comenttarios!