miércoles, 31 de marzo de 2010

Crónica festival Ondalonga

Todo o bo se fai de rogar, e o primeiro festival Ondalonga non ía ser menos. Tras varias semanas de espera, chegou o día. Chega o maretón que nos da a posibilidade de probar esa onda que algúns coñecían pero poucos surfearon. Vía facebook, blogs, webs e emails comézase a convocar a todo o mundo o sábado 27 de Marzo para disfrutar dunha festa surfeira especial.

11:00 am - A música xa está soando baixo a Ponte. Unha carpa, bandeiras, coches, furgos, autocaravanas e un bule bule de surfeiros poñendo a punto os seus longboards era un indicio máis que evidente de que algo gordo se estaba cocendo. Comezan as presentacións de moitos que non se coñecían, outros que sí pero só de internet, e reencontros de vellos amigos que ves poucas veces ao ano. Cada un foise poñendo a súa camiseta distintiva para recoñecernos na auga (superman, marinerito, floreadas, cada cual máis simpática), xa que as votacións dos 8 premios serían realizadas polos mesmos participantes e sería imposible recordar tódolos nomes.

Baixo o ritmo de Jack Johnson, colocámonos para que Julian Foto Surf nos faga "O fotón", a fotona de Salinas versión galega, xa era hora!
Photobucket
Iago e Román explican unhas nocións básicas sobre a onda e por onde remontar de forma organizada sen matarnos uns aos outros, e dan unha premisa que foi fundamental para matar de raíz calquer tipo de malentendidos: "Está permitido saltar ondas!". Penso que a todos se nos iluminou a cara.

11:40 am - Guiados por Dani Alvite comezamos a remontada. Bueno, máis que remontada...habería que inventar un nova palabra para aquilo que vivimos. Inventamos o "senderismo acuático" 100 metros camiñando pola area, 100 coa auga polos nocellos, uns 300 coa auga polos xeonllos e despois xa só quedaba aproximadamente medio kilómetro remando...vamos, o normal :) Mirado polo lado positivo, serviu para ir coñecéndonos entre nós, poñernos ao día, ir quentando motores, fortalecer cuádriceps, xemelgos... Vamos que se se lle ocorre a idea do senderismo acuático a algún balneario/spa seguro que nos cobrarían unha pasta.

No último tramo da remontada, un xa se podía entreter mirando para os primeiros que chegaban ao pico cazando as primeiras ondas da sesión. Houbo dende talegazos...
Photobucket
...ondas collidas co longueirón do revés para acabar con xiro de 180º
Photobucket
e algún que tiña unha nova forma de ver o mundo...
Photobucket


Unha vez todos no pico, comezou a romería

Cada serie que chegaba era recibida por unha manada de case 50 "longueiros" que boureábamos como famentos recibindo unha mariscada. Animándonos uns aos outros mentres non parábamos de remar para ir na onda cantos máis, mellor.

Moitos asegurabamos que nos estabamos pegando as máis longas e duradeiras surfeadas da nosa vida. Incluso Kike Manero mirou o reloxo antes de coller a onda e despois e contabilizou máis de dous minutos e medio.
Outro compañeiro de onda decíanos aos que íamos surfeando con el: "bueno yo me bajo eh, yo me bajo!" como se de un bus urbano se tratase e non quixese ir moi lonxe do pico.

Todos, absolutamente todos, lucían na faciana un sorriso de orella a orella. Daba gusto mirarse ás caras para ver e ulir que todo o mundo estaba alí para o mesmo. Para encherse de boas vibracións con cada bocanada de aire, cargarse de enerxía positiva, animarse uns aos outros, rirse e coller ondas sen parar, a poder ser, compartidas...En definitiva, encherse de surf. Porque non debemos esquecer que a esencia desta forma de vida nace da diversión. Nace dun sentimento que, se non é a felicidade en estado puro, paréceselle moitísimo.

15:00 Despois de un par de horas (algúns botaron na auga ata 5!) íamos saíndo a terra firme. Era hora de comer algo, descansar ao son da música, siestiña aproveitando o sol que saía por momentos, charlas na carpa da organización comentando as xogadas... para máis tarde preparar un chocolate quentiño que faría a delicia dos máis glotóns.

21:00 Unha vez dixerido o chocolate (non no caso dos cuatripitidores...ejem...) dirixímonos ao restaurante Dantón II que nos esperaba cunhas cañasa ben frescas a poucos metros de onde estábamos. Fala que te fala ata a hora de cear. Logo de repoñer forzas cunha rica e abundante cea chega a hora na que Iago e Román (considerados Santos a partir deste festival) din quen son os gañadores dos premios. Non recordo quenes foron os gañadores porque, grazas a deus, no ambiente distendido e de cachondeo que se respiraba, primaba a actitude que se debe ter ante a vida, na que non hai nada que importe moito.

00:30 O nivel de cachondeo acada as cotas máis altas da noite. Algunha que outra botelliña de viño comezaba a facer algún tipo de efecto secundario no personal (cousa rara xa que, obviamente, rapaces sans que somos os surfeiros, era viño sen alcohol ¬_¬). O apoxeo chegou coa estelar actuación do grupo Alfeizar, que conseguiu que bailásemos e cantásemos entre carcajadas as súas pegadizas cancións como "la guarida del amor" ou a súa única canción en inglés, que di algo así como: "tsatuatse mi noombgue, en la frueennte, con luses de coloouesss entue la hente" (tatúate mi nombre en la frente con luces de colores entre la gente)

Alfeizar deu un concerto pola noite despois da cea. Foto: Alvaro Pastor

03:00 Algúns resistíanse a que rematase este día tan especial, pero pouquiño a pouco o cansancio ía levándose aos seus longueiróns para as súas respectivas casas, autocaravanas, furgos, coches... Cansados pero felices, coa sensación de que parecía incrible que todo saíse tan PERFECTO nesta primeira edición do festival. Pensando xa no próximo Ondalonga, que, de seguro, gañará cada ano máis adeptos.

05:00 Durmimos e soñamos..... Soñamos e agradecemos que haxa persoas que dediquen o seu tempo e traballo a levar a cabo un evento deste tipo.

Agotados pero agradecidos. O músculo máis agotado? o músculo do BO ROLLO


A entrada de hoxe está colgada en SurfGZ con máis fotos de Julián. Pódela ler AQUÍ


E aquí un pedazo video que editou susoben & company do blog "surf e fotos na costa verdescente"

Onda Longa 1 from suso ben on Vimeo.


Graciñas a Iago, Román, Dani... e a todos os que botaron un cable para que este festival se puidese levar a cabo. Exito rotundo o deste primeiro festival de longboard galego.


Boas ondas!

3 comentarios:

Fran dijo...

O video esta chulo, como dicia o Dr TNT do Xabarin Club...a pasalo bomba!!!..., iso e o importante. Saudos pra tod@s, os que collades o puente, e os que non (meu caso), pois a traballar un pouquiño...

Peter p. de Mille dijo...

Magnifica a reportaxe do evento.
Acertada a selección musical e ata parece que a coreografía sobre a onda larga.

Quizais sería hora de que pensarades en facer un grupo estable, non si?

Rubén Prieto dijo...

grupo estable? esa palabra dame un pouco de sarpullido jeje

apertas!