lunes, 21 de diciembre de 2009

Orillerote en Montalvo

Por un encargo retomei unha das fotos que procesara e publicara mal e a rastro aquí no blog fai un par de meses.

Fora un día de olas orilleras e cañeras nesta praia pontevedresa, a onde me acerquei (gracias ás pinzas de Dani) nun descansiño entre mural e mural.

Nunha das fotos máis tuberas que colleu Albino mentres estaba eu alí presente foi a seguinte. E de tódalas fotos que tirei nesa secuencia, esta é a que máis me gusta.
A orixinal é esta
Photobucket

A destrozada por min cando a publiquei no blog...esta birria
Photobucket

Aquí a correxida
Photobucket

E finalmente, un procesado un tanto agresivo pero qeu me gusta como queda
Photobucket

Teño un problemiña co photoshop que non sei como solucionar. Resulta que a saturación e a temperatura da cor dunha foto non é a mesma no programa que fora del. Por exemplo, eu case qeu teño qeu ver a foto así de saturada no photoshop...
Photobucket
para que ao gardala nunha carpeta e abrila con calquer outro programa a vexa máis ou menos normal. A alguén máis lle pasa? ou é cousa da bruxería desta casa?

A modo de anécdota... comentar que experimentando con esta foto probei a ampliar a resolución da mesma ata acadar os 6m de ancho. Evidentemente a nitidez non mellorou pero desapareceu o pixelado. Algo así como as camariñas compactas que teñen unhas ópticas maliñas pero como poñen 8 megapixels a xente xa pensa que sacan fotos boas.
E ao eliminar o ruido de color notei unha melloría incluso despois reducíndoa. Vamos, que creo que a eliminación de ruído de color se fixo mellor gracias a tela ampliado tan esaxeradamente. Ao mellor estou equivocado, pero foi a impresión que me deu.

pd. Non, non acabei coas entradas de Marruecos, aínda quedan as pouquiñas fotos de olas que temos, pero é que entre pitos e flautas.....flautas e pitos

3 comentarios:

Peter p. de Mille dijo...

Pois eu quèdome coa orixinal. Que lle queres está ben de luz e de saturación de cor.Mellor non tocala.

Ah, e hai camaras compactas e compactas... por exemplo a que teño no meu peto que vai armada cunha óptica Lumix que non ten nada que envexarlle a moitas reflex de campaniñas.

Rubén Prieto dijo...

prefires a orixinal que a correxida? non está nin nivelada, e sóbralle mar por debaixo.. moi pouco contraste... non cres?

:) eu andiven con compacta ata que merquei esta, parte das fotos que rulan na franxa de debaixo da cabeceira son feitas con compacta :)
eu flipo coas macros que poden chegar a facer. enfocan ata casi 2 cm de distancia.. alucino

C. Pita dijo...

ruben, supoño que disparas en raw non??eu tiven un problema semellante, falei con dani e o problema era a configuracion que tiña en camera raw, unha vez os cambiei como me dixo acabouse o problema.

unha aperta, por certo esta de carallo a sudadeira !!
jejeje