viernes, 11 de diciembre de 2009

Marrocos: chegada...e toma de decisión

Comezamos a viaxe collendo un avión de Madrid a Casablanca. Por alí cerca esperaríamos a Alberto e Susana que saíran un día antes ca nós co seu superfurgón preparado artesanalmente polo dono. Non lle falta detalle.

Chegados ao aeroporto marroquí... primeira tarefa: alquilar coche para os 10 días de viaxe. Víñamos pensando en coller a cousa máis barata posible, pero o máis barato era o Dacia Logan e costábanos uns 400 € e unha kangoo 500 e algo. Lembrei iso de que nesta terra todo era negociable, e intenteino con ese señor encorbatado que nos abordou polo aeroporto co saúdo de: -coche?coche?. Debíamos de ter cara de "son español estou máis perdido que un pulpo nun taller, necesito coche e non sei nin donde nin como pedilo"

Por sorte aquel señor falaba tan mal o inglés coma min, por iso nos entendíamos bastante ben. Eu falaba francinglish. 80% inglés, e as palabras que sabía en francés soltábaas. Para quen non o sepa o francés e o árabe son as linguas cooficiais en Marrocos

Comecei a regatear co señor ata conseguir a kangoo por 260 euros e un día de regalo. Vamos, que nos saíu a 13 euros coche/día/persoa. E diesel! que alí está a medio euro o litro.

Arrancamos para unha estación de servicio (que teñen mezquita para rezar) a esperar aos nosos compañeiros de viaxe. Presentación dos vehículos que nos levaron por máis de 3500 km por terras africanas:
Photobucket
Nos empaquetáramoslle a Alberto a tenda de campaña, pero nin a tocamos porque na kangoo, cos asentos traseiros reclinados o colchón hinchable cabía perfectamente así que durmimos comodísimamente no coche toda a viaxe. Máis seguro, menos frío, cómodo...e sin ter que montar tenda de cada vez (a´ñinda que acabamos escarallados das lumbares de tanto inflar o colchón co hinchador da cometa de kite).

Pois ben, a decisión tan difícil que tivemos que consultar coa almofada (chaqueta doblada) era a seguinte:

Pastilla azul...ou pastilla vermella?
Photobucket

-Irse para a zona de Agadir e Taghazout (5 horas de viaxe) onde están as ondas máis famosas, con máis probabilidades de surfear pero todo máis enfocado ao turismo europeo, surfshops, e un toque urbanita ou...
Photobucket

-Tirar millas cara o sur, hacia dakhla, deserto, en busca de olas en función das lineas que víamos no google hearth, con menos xente pero tendo qeu conducir 20? 30 horas por unha pista estreita como a que vai de Pereiriña a Nemiña nunha viaxe de 10 días.... O tema era algo así como aterrizar no aeroporto de santiago de Compostela e decidir ir ata Suíza en coche. Pero... eu na miña cabeza tiña esta imaxe
desierto,desert
e como a cabra tira ao monte, decidimos todos arriscarnos a baixar e que fose o que Poseidón quixese...

6 comentarios:

Magnum_PI dijo...

Joder, que interesante, como sigue la historia?

Peter p. de Mille dijo...

Oh,meu deus, Rubens de Arabia is back!!!


E,éche tan juapiñooo

Rubén Prieto dijo...

Jajajaja.. este peter moi tolo está xD juapo tu miamol!

A historia... despois da publicidade! A ver se hoxe a noite colgo a 2ª parte. 6 gigas en fotos da moito traballo de selección :) E porque me tiven que cortar disparando! que se non.. viñan 12.
(e so un 20% en formato raw)

Anónimo dijo...

Ruben Rubensinho¡¡
Eu que son un pobrinho drogadisinho e conhesendo todas as cores das pastinhinhas, ante unha pirula azul e unha vermella. Sempre collería a azul, malo sería que non fora unha viagra... pero bueno. Un bisnesman coma ti, como é que non vendiches unhas camisetinhas surfcostadamorte no Marrocos e alugaches un 4x4... Non fumarías porros¡¡¡ joder¡¡¡ Debiches dar moitas voltas para facer 3500 kms. Se o soupera te faceriamos un sitio no frigorífico para que o teu arte chegase ate dakla. Un artistaso coma ti o é no cee e no senegal, anque iso sexa igual.
Por certo... o paisano do aeroporto e o meu curmán, cando lle contei que lle sacaras unha foto. Díxome que che tiña preparada unha chocolatina, a historia era cousa dos de sucesos do País. Xa sabes, a xentiña que se adica as noticias.

Bessalama.

Michi ;-)

yes1 dijo...

AV,無碼,a片免費看,自拍貼圖,伊莉,微風論壇,成人聊天室,成人電影,成人文學,成人貼圖區,成人網站,一葉情貼圖片區,色情漫畫,言情小說,情色論壇,臺灣情色網,色情影片,色情,成人影城,080視訊聊天室,a片,A漫,h漫,麗的色遊戲,同志色教館,AV女優,SEX,咆哮小老鼠,85cc免費影片,正妹牆,ut聊天室,豆豆聊天室,聊天室,情色小說,aio,成人,微風成人,做愛,成人貼圖,18成人,嘟嘟成人網,aio交友愛情館,情色文學,色情小說,色情網站,情色,A片下載,嘟嘟情人色網,成人影片,成人圖片,成人文章,成人小說,成人漫畫,視訊聊天室,性愛,a片,AV女優,聊天室,情色

黃立成Jeff dijo...

AV,無碼,a片免費看,自拍貼圖,伊莉,微風論壇,成人聊天室,成人電影,成人文學,成人貼圖區,成人網站,一葉情貼圖片區,色情漫畫,言情小說,情色論壇,臺灣情色網,色情影片,色情,成人影城,080視訊聊天室,a片,A漫,h漫,麗的色遊戲,同志色教館,AV女優,SEX,咆哮小老鼠,85cc免費影片,正妹牆,ut聊天室,豆豆聊天室,聊天室,情色小說,aio,成人,微風成人,做愛,成人貼圖,18成人,嘟嘟成人網,aio交友愛情館,情色文學,色情小說,色情網站,情色,A片下載,嘟嘟情人色網,成人影片,成人圖片,成人文章,成人小說,成人漫畫,視訊聊天室,性愛,a片,AV女優,聊天室,情色