miércoles, 9 de diciembre de 2009

No aeroporto de Barajas...

... as 9 da mañá, sen durmir, cansados de conducir toda a noite...púxenme a matar o tempo intentando cazar expresións; non caras, expresións. Mentres Mesi amontonaba un par de mochilas e chaquetas para durmir un pouco, eu agazapábame tralas columnas como policía americano na esquina da rúa, co meu miniteleobxectivo intentando cazar literalmente a persoas mentres as que me vían, simplemente flipaban. Se ve que en Madrid non é moi común esconderse nas columnas dos aeroportos para sacar fotos... en fin.
Cacei a este rapaz inmerso totalmente na lectura do seu libro. Polo que se pode intuir con un final tenso e emocionante. Non vos dan ganas de mercalo?

Photobucket

Poucos días despois de ler a frase dun fotógrafo que dicía algo así como que el non quería cazar fotos, senon historias, sorprendeume gratamente o que pasou hoxe no facebook.

Colguei esta foto nesta "descoñecida" rede social, e unha amiga comezou espontaneamente a comentar co inicio dunha historia que esta foto lle suxeriu (eu, obviamente, seguín o rollo jeje):

Carolina
buuu buuu buu. Este é un soldado americano que vai axudar ó shara en busca dun mundo mellor, loitar polos dereitos americanos. Saliu da casa (de madeira, con xardín diante e ca bandeira colgando) e deixou a nai (con delantal e facendo tartas pa poñer na ventana) e ós seus irmáns pequenos na porta despedindoo. Es un hombre, dixo a nai cando el marchaba polo xardín ca mochila ó hombro

ah! o pai por supuesto morriu en vietnam

Rubén
jajjaja.... e padrastro, mirando como marchaba polo camiño do xardín coa sua mochila, soltou unha lágrima e sabendo que non era unha sensación recíproca, díxolle á muller que se sentía orgulloso de el. Ela tranquilizouno dicindolle que é cuestión de tempo que o recoñeza como a un pai... que ten qeu esperar máis anos... el asentiu e abrazáronse. O rapaz non volveu mirar atrás, subiuse no autobús e dende o seu asiento, cando case se perdían de vista, levantou a man levemente en forma de saúdo...

Carolina
(moita calor facía, todos se vían sudorosos e case sen brisa) Cando subíu ó autibús, amarelo e vello e se sentou, logo de despedirse, lembrouse de Sally. Facía un mes de cando a invitou ó baile do curso, unha mañá onda as taquillas do pasillo do instituto. Él só era una calquera e ela a xafa de animadoras. Ela só se burlou del porque o resto das animadoras estaban alí e el.....el........dou a volta e decidiu dunha vez alistarse, tal como fixera seu pai, e desixar todo aquelo atrás...

Rubén
xD
...antes de subirse ao avión... Ver máisón, quédase durante un minuto mirando a papelera co mobil na man. Tras un momento de valentía, decide tirar o mobil na papelera para romper totalmente o contacto co pasado, e trazar unha liña no presente para crear un novo futuro, o seu futuro, e non o que o seu padrastro quería nin con un corazón partido.
(primer plano do mobil no fondo da papelera de rejilla... mentres se ve como as antigas zapatillas marróns de Jack se alonxan hacia unha desenfocada porta de embarque....O mobil comeza a vibrar en modo silencio.. drrrr drrrr drrr, drrr drrr drrr, a pantalla ilumínase e aparece un nome: "sally"...

Carolina
bueno poñer poñía Sally Bitch porque cando se enfadou con ela, nun momento de rabia cambiuolle o nome.
Mentres, na casa a nai, que poñía outra tarta de mazán na ventana a enfriar, só pensaba no seu filliño e na sorte q ía correr. E entrou na cociña o padrastro e......unha vez mais, coa macheta de cortar leña na man, pegoulle á nai unha paliza brutal, como aquelas que Jimmy sempre levaba (Jimmy veáse chico da foto)

Rubén Prieto Tomé
Jimmy sentiu que algo pasaba no seu interior, e eses pes desenfocados que estaban ao pe da porta de embarque qued... Ver máisáronse parados.... era un apretón. deu media volta e foi correndo a uns baños auxiliares portatiles, desabotonándose o pantalón polo camiño mentres cagaba peidos qeu se confundían polo ruido entre gaseoso ou solido/liquido...
sentouse, fixo a súa primeira e explosiva deposición diarreica, e despois do apurado momento, sacou o libro que casi estaba acabando. Ese tan emocionante. Estaba tan inmerso na lectura que non se decatou que de un peido tremebundo, derrubou as finas paredes do cuarto de baño e quedaba alí, á vista de todos cagando en pleno aeroporto.(Véase foto)
Correndo por un pasillo chegaba ela, Sally, que non podía soportar a idea de qeu o ser amado Jimmy se fose para non volver. Ao ver o panorama, e o que cheiraba... deu media volta, mentres o chuleta popular do insti a esperaba victorioso co seu bmw descapotable na porta do aeroporto

Carolina Rodríguez
(ahora que cheguen os clientes e vexan á recepcionista a carcajadas diante do ordenador). A jimmy doulle tempo de medio vestirse e sair ó pasillo e co pantaclón collido cas mans, viu como Sally se metia no bmw..........acabarase..todo se acababa polo apreton..

Rubén Prieto Tomé
a súa expresión non podía ser outra: vaya cagada...