Con estas pintazas comezábamos a conducir.
Polas noites facía un frío considerable, e a medida que avanzaba a mañá as prendas ían voando hacia a parte traseira da furgo ata quedar en bañador e chancletas. Era un contraste de temperatura que se facía máis notorio canto máis ao sur.
Turnándonos ao volante comezamos a nosa travesía.
Rumbo sur, rumbo sáhara...sin rumbo.
Seguro que a viaxe se nos fixo máis corta que a este home que se debeu quedar sen gasolina no medio do deserto. O que se ven chamando "un marron".
Ás veces, despois de un par de horas conducindo sin ver máis que carretera e deserto...atopábaste un señoriño sentado nunha pedra. Lóxicamente pensábamos que nos acercábamos a algunha poboación, pero, despois seguias conducindo outras dúas horas e cando, derrepente, te acordabas do homiño que viras 200 km atrás, pensabas: que carallo estaría facendo alí?
Fixemos unha parada cando atopamos un supermercado e compramos 40 litros de auga e comida para a viaxe. Xa non nos facía falta nada máis.
Paramos a durmir nun sitio que controlaba Alberto. Alí coñecimos a este rapaz que se dedica a levar de viaxe á xente por Africa adiante por un módico precio na súa furgo 4x4.
F/8 ISO 100 605 Segundos de exposición
Esta foto foi feita completamente de noite. Polo rastro das estrelas xa se ve que foi feita cunha exposición larga, pero había un exceso de luz por parte da lúa chea que me impedía facer un tipo de foto que tiña en mente.
Despois volvimos a coincidir con eles 600 km máis abaixo :)
Cociñamos un polo nunhas brasas (é a primeira vez que vin facer un lume sen medo incendiar un monte) e cando todos se foron para cama... eu fun a ver se cazaba algunha foto do entorno
Creo que nunca sentín tanta "soidade?". Non sei cal é a palabra adecuada. Estábamos tan afastados de todo...
Funme do campamento base bordeando a costa. Non moi lonxe, coa cámara e o trípode, sen linterna, camiñando acompañado da luz que me regalaba a lúa chea. Comecei a meterme polo medio dunhas pedras para intentar buscar un encuadre adecuado. Aí xa había zonas máis escuras. Era inevitable imaxinar que te ías a atopar con algo ou alguén despois da seguinte pedra, pero era unha sensación que me gustaba. Como cando de pequeno non podías deixar de mirar esa porta do armario que quedara medio entreaberta permitindo "non ver" o que hai dentro. Gústame de vez en cando buscar situacións que normalmente darían un pouco de medo para comprobar que non o sinto. E se o sinto, pois a disfrutar. É unha sensación irracional, un xogo mental, segregas adrenalina, é un experimento con teu corpo e cabeza.
Cando me vin escondido tras unha pedra, a miles de kilómetros de casa, a escuras, nunha zona desértica, cun silencio que fala...Pensei: que guay, non teño medo...Pero a palabra apareceu :) Foron momentos moi bonitos
Continuará...
8 comentarios:
Increible viaje. El año pasado bajé a Moulay (Essaouira) por primera vez y me encantó. Coincidí con gente que venía de Dahkla y me hablaron muy bien del viaje.. pero también que no era fácil llegar. Leyendo tu crónica me entran ganas de bajar un poquito más el año que viene.. aunque desde Galicia es el doble de camino, y por senderos y eso.
Un saludo!
Si si, a carretera deixa moito que desexar eh. Ás veces crúzaste con trailers que case te obrigan a meter a roda dereita pola cuneta. Pero bueno, desde que o ves vir dache tempo a parar, aparcar, baixar, facerte un café, e cando che está enfriando o café está pasando o camión jajaja
E á ida non porque íamos guiados por Alberto, pero á volta perdíminos algo por algunha que outra "cidade" que cadraba de paso.
Magníficas as afotos... e, logo non pensaches en facer un libro desta viaxe?
Eu compraríao.!
E na contraportada o afoto do autor vestido de tuareg.
Que vai en serio, coñiooo!
Pois que queres que che diga.Molábame máis outro tipo de experimentos. Eu prefería a sensación de calma que me entraba cando, sendo pequeno, facías "experimentos no fregadoiro" cando che tocaba fregar ...que en vez de fregar, facías superpompas co "fairi" e flipabas cando non eras quen de separar a boca do vaso da auga.Falaches un día do "baleiro" e pensei:"que tan listiño é!"
Flipo contigo... E agora, vaste meter a "Principiño" ou a Saint-Exupèry? Ten razón o Peter P. de Mille... Para cando o libro?
muy guapo!!
Según lo que escribiste cuando estabas a solas por la noche..es un momento con cierta magia que muchos hemos vivido en difenrentes situaciones, es una pasada lo pequeño que te puedes llegar a sentir y lo grande que se te hace todo, y los sentimientos
encontrados increible, increible!!
aloha rú, alis
jajaja libro? pois penso que seríadelos únicos compradores jajaja
graciñas polos comennts!
apertas !
Fuertes viajes se pegan ehhhh
Publicar un comentario