Arrincoulle o corazón porque llo negaba, por ter algo seu.
El so quería a súa compañía e o seu amor. Queríaa máis que a nada no mundo, non podía deixar que se fora. Agora, irán xuntos a todas partes.
A criatura vaise atopando con distintos personaxes da vida cotiá, aos que estamos acostumados a ver, e que, realmente, son máis monstros que o propio Frankenstein.
(O sábado estreamos en Cee, e o domingo repetimos función)
Ás veces, cando un se ten que levantar do cómodo sofá, un luns, ás 9 da noite, para ir a ensaiar... pódese chegar a preguntar "bo! para que me apuntaría a teatro?".
O certo é que, anque algunha vez se teña o día vago, na maior parte das veces, os ensaios son divertidos. Sempre hai algunha pifia dun compañeiro ou propia que nos arrinca unha gargallada, e é satisfactorio ver como un traballo de equipo vai evolucionando pouco a pouco. Todo isto, gracias a Artur Trillo, o noso director/mestre/gurú da interpretación. O culpable de que estea anotado ó grupo da escola de teatro do concello de Cee dende que tiña 9 anos.
Para min, o verdadeiro disfrute da interpretación, está no momento en que se perde totalmente o sentido do ridículo; no momento en que te olvidas de quen eres ti para ser outro e che dá igual o que os outros pensen. Cando disfrutas movéndote, falando, xestualizando e mirando doutra maneira totalmente distinta á que estás acostumado e aínda así che resulta familiar. Porque te acabas crendo todo o que o personaxe sinte. Disfrútase cando ademais de dicir o texto tal e como pide a obra, acabas pensando todo o que o personaxe debe de estar pensando para dicir o que di e sentir o que sinte.
Por momentos, a compenetración entre persona e personaxe é tal, que cando o meu personaxe (Frankenstein) presenciaba algo que o aterraba, a min (a Rubén) poñíanseme todos os pelos do corpo como escarpias. Cando vexo que me creo o que lle pasa ao meu personaxe, é cando penso que hai máis posibilidades de resultar creíble para o que me está vendo, e iso tamén é satisfactorio.
E se por un casual, a obra fai que os espectadores disfruten, e se olviden por momentos de que ao día seguinte teñen que ir a traballar..."apaga y vámonos".
Quería darlle un millón de gracias a Marcos Rodríguez polas fotos. Aquí tedes a súa web onde ten unha pila de fotos moi boas marcosrodriguez.eu
Publicaron unha nova sobre a estrea no portal !quepasanacosta.com
Apertas para todos!
13 comentarios:
encantame este Frankenstein!
.rakicastro.
:)
a ver se o ves en diresto cando vaiamos a narón ;)
IM-PEZIONANTE. Se a representación é tan desacougante como as fotos, prometo non perderme a de Narón (se é que os fados me deixan).
Hasta el pasado domingo no habia visto núnca a Rubén interpretando y sinceramente tengo que decir que aunque sabía que lo iba a hacer genial.. consiguió una vez más sorprenderme, hasta tal punto que estando ya inmersa en la función mi vecina de butaca me sugirió amablemente que cerrase la boca.
Pero es que cuando se apagaron las luces y el teatro enmudeció, apareció en el escenario una criatura que me hizo dudar...dudé por un instante si era el, me parecía imposible no reconocerlo,hice un esfuerzo por centrarme en su cara y distinguir la forma de sus labios, la expresion de su mirada, sus cejas, su nariz y nada! aún así no desistí en mi intento de encontrar en aquel ser aterrador a Rubén, asi que rápidamente dirigí de nuevo la mirada como si de una visión de rayos "x" se tratase para buscar algo familiar.. y por fin lo encontré, sus manos desnudas y sólo entonces descansé... si, es él...
Lo hizo tan bien que consiguió con un poco de pintura verde y una brillante interpretación hacernos olvidar a ese chico alegre y divertido de aire bohemio que conocemos para presentarnos a su personaje Frankenstein...tan abominable como adorable..
No sé cuando será el siguiente pase pero lo que sé seguro es que no me lo perderé por nada del mundo y vosotros tampoco deberíais.
Enhorabuena.
felicitaciones rubensiño!! por lo que lei por aqui en tus comentaristas estuviste de lujo.. pena estar tan lejos para poder disfrutar de esa obra.
Aunque viendote en las fotos hicieron un buen trabajo con el maquillaje jejeje, como dice patricia si no es por las manos haber quien sabe que eres tu jajaja.
A disfrutar y un abrazo alis
Pois dito sexa de paso: maquillouse EL MESMO. (O sábado, día da estrea, empezou a irmá, quixen axudar eu e deulle el o retoque final; pero o domingo, foi el soliño...Aí queda eso). Agora é cando alguén berraba "Viva la madre que te parió!"
A verdade é que o fixo xenial (y no es passssiónnnn de madre) pero aínda despois de velo mil veces nos ensaios, temblábanme as pernas durante a actuación.
isabel ti coma nai non tes prezo. ruben ha de estar orgullosisimo de ter unha nai coma ti.eres a mellor. un bikasoooooo¡¡¡¡¡¡¡
EH eh... y yo soy la hermana! jaja, e todo sea dito de paso, veciña de butaca de Patri. Vaia dúas, ela coa boca aberta tapándose ata máis arriba do nariz coa chaqueta, e eu chorando coma unha Magdalena.
A obra estivo xenial, dende que apareceu Ru en escea tiven que facer un esforzo, non por recoñecelo, senon por NON recoñecelo. Quería velo como o vería calquera dende fóra (non sei se me explico) Pero foi sinxelo, porque fixo un personaxe tan sólido que me fixo esquecer que "dentro" estaba Rubensiño, ese que come o colacao seco, e provoca ataques de risa co seu humor absurdo...
En conxunto, descríbo a obra nunha soa palabra: sobrecolledora.
Liber, non digas cousas así diante de tanta xente, que me da...cousa! Graciñas, reina.(E aínda a risco de que isto quede algo empalagoso tamén che digo que me chiflades os amigos).
non che ten que dar cousa ningunha.agora xa sei de onde ven a faceta de artista de ruben jejejje sodes a leche.so che falta vir surfear....un biko
non sei que pasou pero sou eu
jobaaaa :D... que me baboo!!
pos claro que tou orgulloso liber, da nai que me pariu, da familia dos amijos..;)
mima.. cando esté baixo de moral só teño que ler esta entrada e xa está! non me vai a cabelo ego pola porta jeje graciñas a todos
cuanto amorrr que botitoo... jeje empalagoso? tal vez.. pero mola maso
bikiñoss pa todos ;)
Me volveis loquita de todo TODOS....
Publicar un comentario