martes, 30 de junio de 2009

kitesurf en Cee

Hoxe despois de traballar un pouquiño pola mañá, dirixíame a casa para comer...
Peeero, cando pasei pola ría de Corcubión, vin que había un vento bonito e constante. E dirás, cómo é un vento bonito? pois duns 15 nudos.

Chamada a David, e puxémonos a navegar. Saímos dende a "praia" de Cee. E póñoo entrecomillado porque a area parece gravilla, e na auga atopamos dende cabezas de porco, pasando por redes ata congrios mortos. Pero o importante era que o vento estaba como nunca.

Photobucket
Aquí Sara, unha promesa do kitesurf galego femenino :)

David, (o irmán) voando baixo ou saltando alto...como queirades
Photobucket

Aquí un menda facendo o pinzo
Photobucket

e saltando chalanas
Photobucket

Estivemos navegando casi unhas 4 horas sen deixar de planear en ningún momento. Creo que nunca disfrutara dun día de kite cunhas condicións tan boas.

Houbo saltos altos nos que o único que escoitas é o vento silvarche nos oídos a nas liñas da cometa, algún que outro truco, e bordos a toda velocidade en compañía.

Para rematar, nada mellor que unha clariña e uns pinchiños de tortilla e empanada para esquecer por momentos o agotamento e a dor das talladas que levo na planta dos pes... (calzando un 47/48 é difícil non atoparse un mexilón polo camiño)

Apertas e disculpas por ter o blog tan abandonadiño!

PD: mañá a ver se colgo máis fotos que hai un carro delas!

12 comentarios:

liber dijo...

unhas fotos boisimas.andaban a preguntar meus pais quen serian os tres rapaces que andaban facendo kite e dixenllo hoxe e quedaron alucinados, ejjejejeje.e verdade a ver se non nos tes tanto a espera ainda que valeu a pena esperar pero non podes ter tan olvidado o teu blog pq e unha pena. un biko
pd:quero aprender kite e chegar a ser algun dia tan boa coma vos

Anónimo dijo...

que fotos mais chulas tio. somos uns craks jejejjej
a tua facendo o invertido a unha man se sale e na que saio eu voando saliuxe xenial a ver si repetimos pronto e grabamos uns videos.

un saudo
deivis

Isabel dijo...

David, Ru, supoño que vos resultará familiar unha frase feita que di algo como "nonseique cos pés na terra"... é que case sempre andades polo aire ou pola auga.. haberá que mirarvos detrás das orellas a ver se xa vos saíron agallas ou escamas no lombo, ou plumas! (en sentido literal, non figurado jijiji!)
Despois "o outro" queixándose da tallada no pé... pois mira neno: sarna con gusto...

liber dijo...

non pica jejejejeje

Peter P. de Mille dijo...

Ooooooiiiiii!!!

"Facendo o invertido"

"Vanvos sair plumas"

Esto está tomando moi mala pintaaa...

Cando volvas abordo teño que lembrarme de que corra o aire...

Rubén Prieto dijo...

graciñas liber :) pois menos mal que subín as fotos sin procesar nin nada.. porque si chego a esperar a atopar o momento para arreglalas un pouco e subilas.. xa non as subo.
cando queiras pegámoslles uns vóos á cometiña :)

Daví.. vaya vuelos que te pegaches ehhh.. pa min que estabas intentando ver si che quedou ben arreglado o tellado da casa jeje

jajaj tranqui pedro.. que no barco sabes que sempre estou agarrado ao mástil :)

liber dijo...

eu quero aprender tamen, gustaria me moito ir voando xa que e un soño que casi todo o mundo ten ou eu polo menos e eso seria a leche.
apuntome a sair voando.cando fagas estas cousas en cee avisame ainda que so sexa para ver.
bikosssss

Anónimo dijo...

Un gran dia si señor, os estuve viendo un rato pero no pude meterme que tenía chollo.
A ver si introduces en esto del kite mas gente que volvemos a ser cuatro pelagatos en las playas, un saludo y cuelga alguna foto mas.
Jose Guillén

Anónimo dijo...

Hola rubensiño ya veo que no pierdes el tiempo jajaja, yo me estoy iniciando en esto del kite es un alucine asique animo a Liber en su empeño por aprender te va a encantar.
y en cuanto a jose Guillén si te gusta tener compañia en el agua que dices que sois 4 pelagatos echate una vuelta por aqui en fuerteventura que kite hay a reventar jajajaja, la verdad que ir al norte y contemplar semejante paisaje lleno de cometas que uno se pregrunta ¿ como carajo hacen pa no liarse entre ellos?


un abrazo y saludos dsd "el paraiso de las cometas" Alis

liber dijo...

eu animada xa estou alis, so me falta que me leven a voar como fan eles e que me enseñen.ten que ser a caña
un saudo

Carlos el rojo dijo...

Pero tío, ¿tú le pegas a todo o qué? ¡Si hasta le das al teatro! Deja algo pa los demás ¿no? ;)

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,