miércoles, 3 de junio de 2009

III Limpeza de Nemiña

O Sábado 30 de Maio, o club de surf Os Tombos, organizou a III limpeza da praia de Nemiña...e por terceira vez consecutiva, o karma correspondeunos cun sol precioso e unhas olas perfectas para pasalo ben cos amigos.

O día foi así de ben:

Antes de limpar, cando cheguei, xa estaban todos na auga. Decidiran aplazar a limpeza unha hora para disfrutar das oliñas que Nemiña nos estaba regalando. Como eu xa viña preparado para a faena, decidín esperalos mentres lles sacaba unhas fotos...

En primeiro plano, Susoben, quen nos sacou as fotos da entrada anterior. E ó fondo, Fonso
Photobucket

Suso, realizando un precioso cutback, co seu estilazo que mellora cada día
Photobucket

Alfonso de novo, asasinando fríamente ó seu compañeiro Alex
Photobucket

A iso das 11 e media, comezaron a saír todos da auga co mesmo obxectivo: limpar
Repartíronse os guantes, as bolsas e mans á obra. En menos do que canta un galo xa había un montón de bolsas cheas ó longo da praia.
Photobucket

Pero non vai ser todo traballo. Tamén había tempo para as coñas. Aquí están Alex e Suso Tudor posando cunha "pitón estachamarinus"
Photobucket

Chegamos ata Lires recollendo plásticos e porquería de todo tipo. Dende tubos halóxenos, pasando por envoltorios de fardo, ata bombillas e cordas. Aquí temos a Rueda cargando un bolsón cheo de basura coa axuda de Aitor
Photobucket

Brais cunha boa pelota de chapapote que non para de saír do mar e do fondo da area.
Photobucket

Gustaríame facer mención especial a casos como o de Risos, que veu a limpeza a pesar de rematar de traballar as 4 da mañán, da noite anterior e ter que volver ó curro ás 6 da tarde (cos seus 200 km correspondentes) Todo un xesto.

Tamén foi un detallazo o de uns alemáns que estaban surfeando cando nos puxemos a limpar, e non tardaron un minuto en saír da auga, tiralas táboas e pedirnos unhas bolsas. Non se quitaron nin o traxe para limpar....Photobucket
Xa quería ver eu a moitos "locales" portarse así nunha praia allea.

A praia quedou impecable. Unha vez rematamos, rápidamente nos organizamos para comer unha boa churrascada...
Photobucket
cos seus criolliños, as súas pataquiñas, os seus pementos de Padrón, a súa cerveciña fresca, o seu viño, chupitos de licor café, xupitos de grema de orujho...xupits de grema...ligor gaffé...
(menos os que conducíamos claro jeje)

Despois da comilona... para a praia de novo
Photobucket
a pasear... a durmila siesta... a surfear....

Photobucket

A verdade é que foi un fin de semana para recordar...
Ás veces penso que son a persona máis afortunada do mundo por poder disfrutar dun paraíso así, entre amigos, entre risas... inmerso nunha nube de boa onda, surfeando enerxía positiva, saboreando cada sorriso, coidando o noso paraíso particular, disfrutando das olas e da amizade

Cando non existen as malas intencións, cando todo o que se fai é por pasalo ben, cando palabras como "saltada" "local" ou "preferencia" non existen....cando as miradas transmiten esa felicidade do neno que levamos dentro.... é entonces cando un lugar bonito, se converte nun paraíso

Photobucket

Photobucket

12 comentarios:

Anónimo dijo...

que guai! me ha encantado esta entrada has dejado bien descrito el buen ambiente que se respiraba y lo bien que lo pasaisteis asi da gusto que envidia me dais y enhorabuena por el buen trabajo que habeis hecho, aunque si mas de uno que fuese a la playa se dignase a recoger lo que encuentra o llevarse lo que dejan tirado no habria este problema.
por cierto las fotos muy chulas.

Saúdos a todos dsd fuerteventura e un abrazo rubén, alis

Anónimo dijo...

Menudo éxito!! taba ata Eva María a do bikini de raias!!!

E eu cargando co Xénova 3 do Hansa...

Non ,se pringados hainos en todos os lados...

Saúdos ás curvas da rapaza da curva

Fran dijo...

A verdade que deberia de cundir o exemplo. Ten que ser un gustazo o ambiente que describes. A estas alturas cando se supon que reciclamos, coidamos o noso entorno, etc., e alucinante a cantidade de "merda" que moita xente deixa nas nosas praias. Felicidades por este tipo de iniciativas. Un saudo pra todos e boas ondas.

liber dijo...

cada dia flipo mais co teu blog ruben. poucas veces chorei vendo unhas fotos pero recoñezco que nestas saltaronme as lagrimas e emocioneime un monton o velas porque foi un dia moi lindo.para min mellor non podia ser.un abrazo e bikos para todos.

marcos risos dijo...

Realmente, foi un fin de semana moi especial, e eso que me perdín boa parte. Gracias por facerme sentir asi de comodo con vos, moitas gracias. Seguide así, que esa praia merézeo.

Un abrazo a todos e vemonos no mar.

Néstor dijo...

exemplar

Anónimo dijo...

ke ben o pasades sodes os masimos.!!!!esos criollos¡¡¡aagggaagggg.un saudo pra todos.koko.pd:polo ke estou vendo non son o unico ke fai o salto da rana.jejejejejunha perta ruben

Anónimo dijo...

Me ha encantado esta entrada, que suerte poder disfrutar del mar tan de cerca, que envidia.

Saludos

La chica del sur

Isabel dijo...

¡QUE-BO-NI-TO, QUE-BO-NI-TO!!
Meu filliño, ¡viva la madre que te parió! (Eu non sei se este tipo de entradas e de comentarios serán aptos para diabéticos.. ¿non terán un chisco alto o nivel de zucre?? Pero, mira, eu sonche larpeira polo tanto... ME MOLAN,que queres que che diga?

Anónimo dijo...

Eso es Surf gente...

sigan manteniendo vivo ese
mistico concepto!


Gracias por ello.

fuerza en esa lucha, no estais solos,
en otros lugares somos muchos más.

Rubén Prieto dijo...

joder rapaces... non sei que dicir :) alégrome un montón de que vos gustase a entrada...
Súmome ás loubanzas dirixidas a ese día, que non sería posible sen todos vós. Si.. todo moi ñoño ou utópico, lo reconozco jeje.. pero o bonito é pensar que se fala dun día real, e non de "poderíamos facer un día..." :)

Graciñas a todos polos comentarios
appertas e bicos para todos!!

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,