O Sábado 30 de Maio, o club de surf Os Tombos, organizou a III limpeza da praia de Nemiña...e por terceira vez consecutiva, o karma correspondeunos cun sol precioso e unhas olas perfectas para pasalo ben cos amigos.
O día foi así de ben:
Antes de limpar, cando cheguei, xa estaban todos na auga. Decidiran aplazar a limpeza unha hora para disfrutar das oliñas que Nemiña nos estaba regalando. Como eu xa viña preparado para a faena, decidín esperalos mentres lles sacaba unhas fotos...
En primeiro plano, Susoben, quen nos sacou as fotos da entrada anterior. E ó fondo, Fonso

Suso, realizando un precioso cutback, co seu estilazo que mellora cada día

Alfonso de novo, asasinando fríamente ó seu compañeiro Alex

A iso das 11 e media, comezaron a saír todos da auga co mesmo obxectivo: limpar
Repartíronse os guantes, as bolsas e mans á obra. En menos do que canta un galo xa había un montón de bolsas cheas ó longo da praia.

Pero non vai ser todo traballo. Tamén había tempo para as coñas. Aquí están Alex e Suso Tudor posando cunha "pitón estachamarinus"

Chegamos ata Lires recollendo plásticos e porquería de todo tipo. Dende tubos halóxenos, pasando por envoltorios de fardo, ata bombillas e cordas. Aquí temos a Rueda cargando un bolsón cheo de basura coa axuda de Aitor

Brais cunha boa pelota de chapapote que non para de saír do mar e do fondo da area.

Gustaríame facer mención especial a casos como o de Risos, que veu a limpeza a pesar de rematar de traballar as 4 da mañán, da noite anterior e ter que volver ó curro ás 6 da tarde (cos seus 200 km correspondentes) Todo un xesto.
Tamén foi un detallazo o de uns alemáns que estaban surfeando cando nos puxemos a limpar, e non tardaron un minuto en saír da auga, tiralas táboas e pedirnos unhas bolsas. Non se quitaron nin o traxe para limpar....

Xa quería ver eu a moitos "locales" portarse así nunha praia allea.
A praia quedou impecable. Unha vez rematamos, rápidamente nos organizamos para comer unha boa churrascada...

cos seus criolliños, as súas pataquiñas, os seus pementos de Padrón, a súa cerveciña fresca, o seu viño, chupitos de licor café, xupitos de grema de orujho...xupits de grema...ligor gaffé...
(menos os que conducíamos claro jeje)
Despois da comilona... para a praia de novo

a pasear... a durmila siesta... a surfear....

A verdade é que foi un fin de semana para recordar...
Ás veces penso que son a persona máis afortunada do mundo por poder disfrutar dun paraíso así, entre amigos, entre risas... inmerso nunha nube de boa onda, surfeando enerxía positiva, saboreando cada sorriso, coidando o noso paraíso particular, disfrutando das olas e da amizade
Cando non existen as malas intencións, cando todo o que se fai é por pasalo ben, cando palabras como "saltada" "local" ou "preferencia" non existen....cando as miradas transmiten esa felicidade do neno que levamos dentro.... é entonces cando un lugar bonito, se converte nun paraíso
