viernes, 20 de marzo de 2009

A min o que me jode...

... é que haxa que mirar de reollo, con cara de can para que digan: ui! aquí hai locales.. aquí non podo facer o que me dea a gana.

Resulta que si recibes á peña con un saludo e un sorriso... pérdenche o respeto...cando tería que ser XUSTO o contrario.

Vaia merda... de tódolos deportes que practico, é no que máis desencantado quedo coa xente e compañerismo en xeral.

Este domingo 30 e pico persoas no pico en Nemiña. Bueno, pois NIN UN!respetaba turno... esperar un pouco a que outros pillaran olas. TODOS en canto pillaban unha volvían parao pico e non se cortaban un pelo en buscala preferencia.

Como se o resto non soupésemos onde hai que colocarse para ter preferencia nas dereitas.
Como se o feito de ter tablón permitise faltar un pouco máis o respeto ós locais...e colocarse no pico continuamente

Pois sabedes que? eu négome a poñer cara de can para poder surfear máis...Prefiro surfear algo menos e seguir intentando transmitir bo rollo. xa me buscarei as miñas armas... que para cans guardiáns xa hai algún colega por aquí. Que polo que vexo vou a ter que darlles a razón... vou a ter que decirlles que sí, que teñen que poñer cara de can e de vez en cando soltar algún berro para que nos respeten en Nemiña.

Que asco de verdade...

E eu que pensaba que na "civilización" de hoxe en día, xa non funcionaban os gruñidos.

E eu, iluso de min, que pensaba que o máis educado merecíase máis respeto que o maleducado.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu respeto a quen respeta,a ti e o resto de colegas.Non vamos meter todos nun saco.Ai xente que respeta e quen non;ai quen berra a cara é quen fala as espaldas,ai xente boa e mala,pero esa é a mesma vida meu.Non creo que cambie ainda que o queiramos,inda que non o creas eu pensaba coma ti...pero eran outros tempos.Felipe

Néstor dijo...

Si ohhh, canta razón tedes, é a lacra deste deporte.
Saudos

Anónimo dijo...

Imos gter que entrar ó pico con coitelos, para cortar inventos, non pensedes mal,un saudo.

Kiko dijo...

Boas,

Interesante pensamento.. Publiqueino en SurfGZ. A ver se certa xente le isto e refleexiona un pouco sobre o seu comportamento no auga.

É unha mágoa pero moita xente non ten cultura surfeira e non entende a importancia de respetar a outra xente na praia.

Onde vivo eu ninguén rema unha onda cando outro surfer está remando. Seica nas Canarias a xente emprega un código surfeiro máis serio e hai máis respeto.

apertas

Fran dijo...

Estou totalmente dacordo co que dixo Ruben. Eu son novato, apenas ano e medio que comezei, unha das primeiras cousas que quisen saber, foi como iba o tema das preferencias, e desgraciadamente unha vez na auga, te decatas que moi pouca xente respeta a famosa "preferencia". Tamen gostariame comentar que capullos os encontras tanto en terra como no mar. Eu vivo cerca do parque de Castrelos en Vigo, e sempre esta cheo de corredores, pois a moita de esta xente lle molestan os cans, vamos, que pensan que o parque e deles. Veña un saudo e boas ondas.

Anónimo dijo...

Joeeee, como está o patio.

E eu que pensaba que unha onda era unha onda...

Supoño que se ven por estribor terá preferencia... e se vira a unha distancia de máis de dúas esloras diante de ti, tamén a ten...

Ou aljo así

Isabel Tomé dijo...

Eu esYOtou convencida de que esa xente da que falades, é irrespetuosa na auga, na mesa, na cola dun cine... é desa xente que conxuga moi ven tódolos verbos en primeira persoa.Primero YO, después YO y a continuación, si puede ser YO.Será dos que collen de primeiros da fonte, empuxan para ser primeiros nun espectáculo... É triste, pero hai moito neno-mimado-egoísta-egocéntrico dentro de corpos grandes.¡pena de xente...! A ver se "medran".No fondo danme pena, é unha forma coma outra de RAQUITISMO,(mental,claro, pero raquitismo a fin de contas)

Isabel Tomé dijo...

Como estou na cama, co menisco recién operado, choca a roupa da cama co teclado e puxen un par de animaladas. "Conxugan BEN" con B e ó poñer o seu pronome favorito: "YO" xa se me traspapelou e foi soliño e púxose arriba de todo.Interferindo no empezo. Parece maxia.

risos dijo...

Despois de moitos anos surfeando e sen poder ser un local de ningunha praia, son de Santiago D.C., aprendes a que si queres ser respetado tes que respetar ti primeiro e cos malos royos solo ganas rodas pinchadas, roubos, estar intranquilo na auga, etc. Non me vale a escusa de que no teu carnet poña que naciches en Muxia, en Corme, nas Galapagos ou no Serengueti, O MAR NON É DE NADIE, é de todos, e todos debemos coidalo e respetalo.Seguindo este principio, si respetamos o mar respetamos o que hai dentro de el, por eso, por favor, RESPETO, RESPETO E RESPETO; pero no respeto dos locais ou dos foraneos, sinon respeto de todos.
Outra cousa é que algun se pase esto polo arco do triunfo, por que ve moitas pelis tipo BRA-BOYS ou pensa que é un pro(seguro que cando van a neve non saltan a cola do telesilla).
Bueno nada mais, que me engorilo, solo recordade esta palabra: RESPETO, que Nemiña verdadeiramente é un paraiso e non podemos destruir esa atmosfera de bo kharma que ten. Un saudo Rubén