Din que máis vale unha imaxe que mil palabras....pero no tocante ás imaxes de surf, eu penso que son necesarias moitas imaxes e mil palabras (como o título do blog de Willy,
una imagen y mil palabras) para poder describir "decentemente" o que foi un baño.
Isto ben a que o outro día fomos ata Nemiña pensando que iba a haber bañazo... e ó final estivemos horas mirando as olas, pero sen saber en que parte da praia botarnos, xa que non había un solo pico no que rompesen dúas olas seguidas e "iguais". Pero mentres nos pasábamos horas mirando o mar esperando a que subira a marea coa esperanza de que se adecentara o baño... puiden sacar algunha foto que non é fiel ás olas que había, pero podería enganar a calquera

Este tipo de foto, así, sen ningún tipo de explicación pode provocar envidia a máis de un, pero a realidade é ben distinta. De vez en cando salía unha ola de este tipo, pero en lugares distintos de forma aleatoria e rompendo de formas distintias (a maior parte eran barras)
Polo tanto temos unha realidae por un lado, e unha foto que nos transmite outra ben distinta.
A realidade dese momento era: baño desordenado, sen pico definido, onde a maior parte das olas eran barras, algunhas machaconas que levantaban area, e outras demasiado tendidas. Peeero cada unhas cuantas series, podía salir algunha ola que abrise durante uns segundos, e se cazas ese momento... tes unha foto "resultona".
Nesta foto, en cambio, xa se intúe a forma coa que vai a romper a ola

Rompe unha barra tremenda de un lado a outro e deixa un codiño sen forza enriba dun "canal" por chamarlle algo.
Esta foto xa ensina un pouco mellor como estaban sendo as olas nesa zona e nese punto da marea.
Para que vos fagades unha idea, estivemos mirando as olas dende as 4 da tarde ata as 9.
Cando xa marchabamos, xa coa marea chea, parei no medio da pista que pasa por enriba de Nemiña para mirar a última serie. Docal, que viña detrás, fixo o mesmo.
Vimos romper un par de olas e finalmente deixamonos enganar por un par de fotos "mentais"...



...e tirámonos á auga.
Ó final, collimos algunha oliña, pero ningunha parecida ás das fotos...
todo hai que dicilo, había un factor que me facía ter máis ganas de botarme: había que estrenalo traxe! jeje (gracias ás garantías e a Dani Raz)

Vamos, que non te tires dos pelos cando vexas noutros lugares fotos de olazas que te perdiches...porque seguramente o baño non foi como parece. Réstalle sempre un par de puntiños :)
Moraleja: eu sempre digo que do que escoites, nada; e do que vexas, a metade.