miércoles, 30 de enero de 2008

Unha menos...

"Perry, a miña táboa tamén ten unha boa marca que a atravesa dun lado ó outro...temo que a miña sexa a seguinte.(en romper)

29 de enero de 2008 14:02"

Quen ía a imaxinar que, neste cachiño de comentario que fixen onte no post de "bañazos", se ía a convertir en realidade tan pronto.
Pois si señores, as NSP non son irrompibles
Photobucket

rompeume diante un olote dunha serie desfasada, fixen un pato profundo, pero a ola arrancoume a táboa das mans e rompeuna en dous no revolcón.


Hoxe houbo outro BAÑAZO en Mar de fora. Antes de marchar vin que a boia de cabo vilano marcaba 3,5 m polo que supuxen que estaría tirando a grande. De feito rompía peor que estos días atrás. Había seriotes que arrasaban a praia, rompían por encima do canal e todo. Pero seguían saíndo esquerdazas. De tamaño... pois máis ou menos os que marcaba a boia. uns 3 metros reais (Algo máis as máis grandes).

Marcos estívonos sacando fotos, pero non as podo colgar porque a cámara non era dixital, e aquí en cee tardan 2 días en revelar as fotos dende que a riada estropeou as máquinas de revelado. Pero espero colgar algunha en uns días.

Así que, xa sabedes, a falta de foto...
Photobucket
jeje, como vedes, o "lienzo" é un tanto orixinal. Tal é a pasión/obsesión por este deporte, que mentres limpaba a vitrocerámica...cada círculo que facía vía un tubo: Círculo-tubo, círculo-tubo. Así que, nun deles, pegueille uns retoques e dibuxei unha das olas que 2 horas máis tarde estaría surfeando.

un abraso!

13 comentarios:

Anónimo dijo...

ostias

que sensacion dejar literalmente la tabla en un baño...

quiero esa potencia


guapisimos los tubos de tu cocina, quizas podemos ir alá cuando se desfase en las praias mais abertas
una aperta
(facendo meos pinitos galegos)

Anónimo dijo...

fer

Rubén dijo...

jaja moi ben ferdy, como te pases aquí un mes xa nos das leccións de galego a todos :)

Maika Boquete dijo...

Jajaja, Rubén, o de facer tubos na vitro creo que non é moi bó síntoma...pero non te preocupes, pásavos a todos! o meu mozo tamén anda a ver dereitas e esquerdas por tódolos lados.
Mira, deíxoche este link, que ten moito que ver con cousas das que falaches fai pouco:
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/01/30/00031201717786931505955.htm?idioma=galego

Eu creo que faría o mesmo que estes rapaces, por moito que o Seprona se poña tonto. Se centrasen ós seus esforzos no importante e deixansen de perder o tempo en cousas coma istas...en fin...
Por certo, A volta de Carnavais iremos pasar uns días pola túa zona, a ver se segue a estar o mar así de ben, e a ver se nos vemos.
Aburiño!

Chusma Surfboards dijo...

Buff, que mala sorte meu, sinto o da taboa, cada día que pasa teño menos confianza nas tablas feitas en serie, a ver si te animas a facer tabla de unha vez, por certo non vou a poder ir a limpeza de Nemiña, curro o venres pola noite e non creo que me de tempo a levantarme.

Isabel Tomé dijo...

Oes, para a semana, se non fai tempo de olas, vés por casa e déixoche debuxar na miña cociña canto queiras, as que queiras, cos tubos que queiras. É toda túa.
(É que teño unha mancha de salsa que non me da saído).E non che vou decir como cando eras pequeno: "veña Ru, sae do fregadoiro que estás enchoupado" Que va! Gasta o fairi que queiras...

Perry dijo...

Pois acompáñote no sentimento. Se non atopas onde ou como arranxala, proba por aquí.

Todo, absolutamente todo, se pode romper.

KingMatt dijo...

Mala sorte Ruben, pero claro, surfeando eses tombos, esas cousas pasan tarde ou cedo.
Amañar amañase, OHH!!.

As olas da cociña, espectarulares,
(((...este rapaz esta enfermo...)))

Chiste:
Eu por iso non me tiro a tamaño, teñolle moita estima o meu tablon.
JAJAJAJAJAJAJAJA.

Un Saudo.

Anónimo dijo...

sentir sitoo ben,tanto k ata sintíame culpabel por gritarche "atrrraaaaas!!"pero logo das túas declaracións no meu nome sanciónoche con 12 ondas k me vas ter k deixar coller kando estemos a par x cantalo sitio e día da morte da túa táboa k tan pouco a usei.Estoume ponhendo sentimental.Pra xente k lea isto e non me konheza k sepa k na costa da morte temos un imposto revolucionario k vos otorgamos: respetádenos e seredes respetados.Non me tomedes moi en serio.

estrela dijo...

Sintoo pola tua taboa Ruben,non tiñas que haber dito nada,eo mellor non rompia,menuda racha para as taboas,e para vos todos,pero ten razon Kingmatt,os metedes sempre tanto no meollo que o final,mira que cousas pasan,un bico

Rubén dijo...

Maika...gracias polo enlace, non me enterara. Hai que ser sinvergonzas multar a eses rapaces. Ah, e non é que faga tubos na vitro...é que vexo xardíns con costas, e dibuxo neles cutbacks coa mirada!. A non ser que esté con algún amigo meu surfeiro, nese caso, estariámolos facendo correndo pola herba e berrando coma tolos. paso por un tunel estreito e imaxino o tubo de Jaws....Se me asomo á ventá dun 2º piso, penso que algunha vez estiven a esa altura subido á táboa, pero se me asomo a un quinto, berro só con imaxinar estar surfeando unha onda desa altura .... padezo "paranoia obsesiva surfística grave". Ou tamén padezo un toliño que ta mal doz mioloz.

Chusma... antes non tiña escusa polo tema da táboa. No verán entre surfear e os cursos, non daba sacado tempo de ningures. Pero agora non teño sitio onde empezar! a non ser que o faga ó aire libre... O venres pola tarde polo menos a ver se atopamos pa pegarnos un bo baño pola zona...

Ma... non te preocupes... xa dibuxei dabondo jeje

Perry, graciñas, mirarei de amañala eu, pero si o vexo moi complexo (non ten alma a táboa, avería que poñer reforzos polos cantos..supoño) igual agradezo que me informes dalgún posible presuposto :)

Edu, alégrome de que che gustara a onda de "vitroclen" jeje.. a partir de agora podo facelos dibuxos aí (miña moza seguro que está encantada:)jaja. Moito me rin co de "(este rapaz está enfermo)" jeje. Si que vou ter que mirarme. "va ser el riego, que están as cañerías cheas de salitre"

Fareroo! que alegría verte por aquí, jeje.(este foi o individuo que compartiu o baño "mortal" con Carlos "Jonás" e comigo). Ah, e non te preocupes que o de non tomarte en serio non nos vai a costar moito jejeje. A xente que sabe e/ou podería vir á praia en cuestión, seguro que xa se intuía cal era...e o das 12 olas... hai que velo jej.
Non te sintas culpable home, que aínda que non me avisaras de que viña a 2ª onda atrás..non creo que dera pillado a primeira...

graciñas estrela...tes razón, igual si non dixera nada non rompía. sempre que falo a fastidio :) como cando comecei a fardar de sistema inmunitario por levar non sei canto tempo sen enfermar... e a semana seguinte... pam! gripada.

graciñas a todos polos comentarios e unha aperta pa`tokiski :)

Pita dijo...

ajajajajajjaja rueda e o imposto revolucionario....anda que romper unha nsp manda carallo!!creo que a partir de agora che vai a tocar a ti sempre limpar a vitro...ajajajajaja

Anónimo dijo...

Segues nas mesmas...! Cando éramos rapaces e che tocaba fregar a ti, botabas tres horas pra fregar catro platos, entre efectos ventosa cos vasos e a auga e ver a auga desaparecer polo sumidoiro... TAS FLIPADO RAPÁS!

Jajajajaja
Bicos!