martes, 8 de enero de 2008

kitesurf con 2cm de auga

Moi boas!

Antonte déronse condicións para facer kilómetros e kilómetros en busca de olas por medio Galicia para atopar pouca cousa. Así que, como case sempre que se dan estas condicións, e hai vendabal, fumos a Carnota a facer kite.

Cando cheguei, estaban alí Zoilo, David, Sara, Jose Guillén, Chakal, e algún máis que non coñezo. Pero cando se me estaba dibuxando un sorriso na cara ó ver as boas condicións de vento que había... pasoume o "peor" que me podía pasar para desdoblarme a personalidade como bo géminis que son, e sacar á luz a ese ser indeciso que me invade de vez en cando. Chámame Mesi decindo que recibiron unha mensaxe de un compañeiro de mar que poñía "playa &%&&%&% XA!". Neses momentos o único que tes claro é que si a praia estivese cerca, iría ás olas.Só nesos momentos te das conta do claro que tes as preferencias ante surf e kite. Pero aínda así, un mar de dudas comezan a pasar pola cabeza: E si chego alí despois de casi 1 hora de camiño e non está tan ben?... E si quedo aquí e alí está o baño do ano?....peorr! e si quedo aquí, monto a cometa e baixa o vento e non me da tempo a ir ó baño do ano!?...... e si vou alí e baixan as olas e aquí se queda o vento perfecto?....

Nun intento de aclararme....recurro ó "mamisferio". Chámolle así ó hemisferio cerebral que me di o que me diría miña nai acompañado dunha colleja a lo "Soledad Huete,viúda de Jimeno" de 7 vidas. E o que me imaxinei foi (ma, corríxeme si me equivoco): "Que olas nin que olas! vas a facer ahora ás 4:15 da tarde 60 kilometros pa ir ó mar cando aki tamén está ben!? vas a gastar gasolina podendo practicar deporte aquí tamén?! Ademáis, cando chegues vai a ser casi noite e seguro que vas a ir todo fostiao e aínda vas a ter un accidente!! Non podes estar en todos laos! Plas!! (colleja) Anda! Monta a cometa ponte a navegar e deixate de ostias..." jajajajaj estouna vendo.


Aproveitamos que a marea estaba alta e fumos á lagoa (coa marea baixa desaparece) e estivemos navegando con vento moi bo e auga completamente plana. Perfecto para practicar maniobras



Colgo este video porque me chamou a atencion a nova perspectiva dende a que está feita a grabación...imaxinade o chollo que debeu de dar a edición, porque a cometa non está sempre na mesma posición. Si vos fixades nas lineas da cometa, nótase que están rotando continuamente. Ademáis gústame porque aparecen unhas das poucas maniobras que me saen de vez en cando (o backloop). Cos leñazos tamén me sinto identificado jejeje. e o doble backloop aterriceino algunhas veces, pero o curioso é que ningunha das veces que o fixen foi de forma intencionada jeje.. Sempre foi intentando un backloop normal, pero que por motivos relacionados coa inexperiencia, descontrol, rachas fortes de vento, ou outros que lle deixo a Iker Jimenez... me dou conta de cando acabo a primeira voltereta estou a tal altura que me da tempo a dar outra jejej

Ó cabo de unha hora máis ou menos.. empezou a baixar a marea o suficiente como para que algunhas zonas da lagoa se quedasen con moi pouca auga. Había unha en concreto na que había tan pouco fondo que ibas durante uns 25 metros navegando cuns 5 ou 10 cm de profundidade. Había que ir moi cargado de vento, con velocidade, e totalmente co canto da táboa porque si a poñías en plano as miñas quillas de 8cm tocaban no fondo jejeje.Na estela, víase a area. É dicir, 2 ou 3 metros por detras da táboa, non había auga. Cando encallei un par de veces cos respectivos leñazos ... deixeime de aventuritas e solo navegábamos por donde había máis de 15 ou 20 centimetros :)

Cando xa era imposible navegar na lagoa, saímos á praia, onde había oliñas de metro e medio máis ou menos, pero o vento baixara un pouco en intensidade o que facía máis dificil remexerse entre as olas. E menos eu... que aínda non me sinto cómodo de todo coa cometa nas olas. Danme ganas de soltar a cometa, remontar, surfear e listo. jeje

E xa para despedirme, un video de kite coa mesma cámara subxectiva, pero esta vez con olas de por medio


Unha aperta!

2 comentarios:

iago dijo...

que increible!

Isabel Tomé dijo...

Xa vexo meu fillo que me coñeces como se me pariras. Como decían naquela peli "somos TELEPATÉTICOS". Consello gratis: unha vez que chegas a un sitio, apaga o móbil, anda. Aforras batería e quebradeiros de cabeza.
Xa che dixen mil veces que é chahi ter liberdade para ESCOLLER, o malo é que escoller implica ter que DEIXAR algo. Non se pode ter todo. (Cópiamo cen veces, a ver se o asimilas) :)