Moi boas!
Ó igual que moitos de vós, aquí despedímolo ano da mellor forma posible: A remollo
Unha chamada de Suso á unha da tarde fixo que saise para Arnela, encontrándome alí con el, Mesi, Bruno e Felipe. Pegámonos un baño tirando a decente; as olas tiñan un tamaño xeitoso, uns 2m ou 2 e medio, e algunha abría, pero non eran a maioría.
Ó sair, mentres nos cambiábamos, chegou Mario, e un cabalo que parecía un can. Mirade paí tamaño animal
Con el Felipe, Suso e Mesi
Despois fumos comer os 5 a Fisterra, uns bocadillos de calamares e un de polo (o meu) que sentaron de marabilla... e de postre...chámanos Marcos que está con Rueda e David en Rostro, que vaiamos para alí que hay baño.
Alí xuntámonos unha tropa, tamén estaba Uxío coa sua nova furgo, Manuel... e algún mais.
A ver se adiviñades cal é o meu jeje
Saía un pico xeitoso, dereitas e esquerdas. A dereita tiña un baixadón e volvíase fofa antes que a esquerda. Collimos algunha que outra ola decente.
Ó sair, visionado de videos co meu portatil na furgo de Suso, e para casa. Ben rebentadiños, estado perfecto para unha boa cea reconstituínte de noitevella... e despois a brindar e brindar e blindarrr, e blindaagg e glindadgg.. e iuuujuu.. glinglemos tods e goidadiño goa garredera, se guebes non gonduzas
6 comentarios:
¿quen é o valente que se ergue hoxe para mirar esto? Jojojo.. todo dios panza arriba durmindo os excesos de onte, ¿a que si? Pois aquí unha servi, que fixo unha sopa de reglamento que máis de un agradecería para recompoñer o corpo maltratado. ¡Feliz ano a todos e boas olas!
AAAAAAAYYYY!!!
Isabel, por deus, non me tortures asi, que non teño a miña sopiña de cocido ata maña.
A millor forma de acabar o ano, Ruben, un pouco coma nos, pero con mellores olas, polo que vexo.
Que o 2008 veña cheo de boas ondas para todos.
Un Saudo.
jjajaja...que ben sentou esa sopiña maa!
Edu.. que teñades moi boas olas por aí vos tamén! Aínda que polo que vexo non andades moi escasos ehh
Ah contoume un paxariño que en semana santa igual vos pasades por aquí!
Un abraso e boas olas a todos
Diola, Suso, habia ANOS que non o vía. Concretamente dende que ía ó colexio coa súa irmá Noelia, que éramos íntimas.
Faime gracia... ás veces parece como si pensase que so eu medro.. e resulta que os nenos que compartiron a miña infancia tamen medraron; cando os volvo a ver despois de moito tempo é como si levase un flash. Que cousas.
Que ben me ia a vir esa sopiña para a miña afonía...mmm :)
Un saudiño.
calidad galega
feliz ano novo ru
ferdy
bañito offshore mediterraneo...
coño como te exa de menos
para aguantar el tipo en el agua, las horas que sean...
hoy en manga corta hasta el mediodia...
Publicar un comentario