viernes, 18 de enero de 2008

Casa con rodas

Supoño que moitos dos que pululamos por este tipo de blogs, soñamos algunha vez con ter unha boa furgo, ou , no meu caso, unha boa autocaravana. Moitos de vós posiblemente xa estaredes equipados con un trasto destes. Xa coñezo a varios...Pita de maruxíanorte, dani de surfinglife, barbakana, koko, Suso, Uxío, Zoilo...

Pois ben o meu "soño material" que espero conseguir algún día (cando aprobe as oposicións ou empece a facer sustitucións con regularidade) é unha autocaravana integral, cun bo garaxe, cama dentro da cabina pegada ó teito....etc etc

Un modelo que me enamorou é a Knaus Sun Liner (non o modelo novo, que parece unha nave futurista, senón o anterior)

Photobucket

E por dentro...
Photobucket

Aire acondicionado (para dormir fresquiños nalgunha viaxe a Marrocos), calefacción estática (para durmir quentiños ó pe dunha boa estación de esquí), cociña, baño, 6 plazas para levar a uns bos amigos, asientos de cabina xiratorios, garaxe para gardar todo o material de surf, kite, snow, monopatíns,cometas xoguetes varios...e/ou unha moto pequena ou bici eléctrica, un par de bicis por fora na parte de atrás, tele con parabólica e internet (xa as teño visto), e unhas boas bacas para levar un kaiak de travesía que carai jeje...

Parece só apto para ricos, pero de segunda man en alemania pode saír polo mesmo que un bmw normaliño ou un mercedes novo. Este modelo en concreto ronda os 40.000 euros con pouquísimos kilómetros.

Hai quen di que estou tolo por pensar isto, pero eu, nunha sustitución de 15 días nun colexo, aforraba de buscar piso tendo cacharro destes. E tan feliz! Aínda que si os alumnos ven a un profe durmindo no aparcamento do colexo, escoitando bob marley mentres se seca o pelo despois de pegarse un baño mañanero antes de entrar ó cole... igual me toman polo pito do sereno...jeje

En fin, soñar é gratis non? algún día chegará...
Ala, xa teño motivación para seguir chapando a cañón outras cuantas horas

Saúdos!

6 comentarios:

KingMatt dijo...

Acabas de facer que o meu teclado se inunde nun mar de baballada.
Por aqui tamen somos unhos cantos, os que estamos esperando a xubilacion, ou a primitiva. Polo de agora apañome coa miña Transit modelo Curro/Camper.

Un Saudo.

iago dijo...

e por aquí tamén, por aquí tamén...
incluso eu sono có garaxe en plan loft, moy amplio e cunha sala de estr con sofás e todo, cociña... unha nave vella, por ahí perdida... con olas preto.

Néstor dijo...

Pode ser que nunca teñamos o poder adquisitivo pra ter un trasto destes ou para viaxar a tódolos sitios que nos gustarría, pero penso que eso é o de menos.
O verdadeiramente importante e ter a mentalidade de querer facelo.

Anónimo dijo...

EU SON DOS QUE OPINA QUE SI ALGO SE QUERE CONSEGUIR DE VERDADE E SE SOÑA CON ISO, TARDE OU TEMPRANO ACABESE CONSEGUINDO. ESO SI AS COUSAR NON SE CONSIGEN POR OBRA E GRACIA DO ESPIRITU SANTO.MOITAS VECES HAI QUE TRABALLAR DURO E ESFORZARSE PARA CONSEGIR OS SOÑOS(SEMPRE QUE SEXAN CON XEITO E NON PASEN A SER FLIPADAS)

POR ISO EU CREO QUE A CARABANA NON E UNHA COISA MOI COMPLICADA DE CONSEGUIR.

AHI O NOSO COLEGA RUBEN TEN O SEU SONO (CARABANA ANTERIOR) E CREO QUE ESTA MOTIVADO PARA CONSEGUILA,E FARA PRONTO(CREO EU),POR ISO ESTA ESTUDIANDO PARA DARLLLE UNHA BOA PATADA NOS JUEVOS AS OPOSICIONS.

EU ME INCLUO NESE SONO DE CARACOL,JEJEJE, PERO AINDA TEÑO QUE ESPERAR A ACABALA CARREIRA E EMPEZAR A TRABALLAR NO QUE AMIN ME GUSTA,APASIONA...E DESPOIS XA FALAREMOS,JEJEJEJEJJEE

UN SALUDO A TODOLOS SOÑADORES.

DEIVIS

Rubén Prieto dijo...

david... quen nos verá dentro de ...3..4...5? aniños... por aí buscando vento pa kitear, neve pa "snowbordear" e olas pa surfear eh...buf.. que ganiñas.

Como ben dicides, os soños está ben telos aínda que finalmente non se consigan.
Aínda que so sexan unha motivación para algo.
Como me dixo meu pai, sempre temos que ter algo que nos quede por facer. Se xa tivésemos/conseguísemos todo o que queremos... que nos queda? xa acabamos?

A vida é un camiño, e para camiñar, sempre hai que ir cara algún lado non? Apreciando sempre o presente e sin caer na avaricia querendo sempre máis. parece unha contradicción pero non o é.

abrasosss

Anónimo dijo...

Cando Ru e eu nos coñecimos, soñabamos cun montón de cousas... agora, despois de catro anos, xa temos a metade delas...
Ánimo a todos os soñadores porque todo chega....
Non deixemos de soñar pero tampouco esquezamos disfrutar do que xa temos.
Cando chegue por fin esa autocaravana habera que estreala cunha boa viaxe non???

Bikiños!!!