martes, 30 de octubre de 2007

Rostro... Rostrón

O baño de onte resúmese nunha palabra... "Buff!"

Andábamos todo o comboi do club "os tombos" dunha praia para a outra, buscando algo... que non había. Buscábamos.. o que coñecemos por "un baño de domingo", é dicir, algo tranquiliño, relaxado, pequeno... en definitiva, un baño no que non haxa que facer grandes esforzos.

Peeeero, non o había. O máis parecido a eso era Nemiña, e rompía en barra e algo tendido. Consecuencias da marea alta.

Polo tanto, Mesi, David e eu, decidimos tirar para Rostro, que estaba grande pero parecía practicable. Os ruxidos dalgunha serie facían que pouco a pouco lle déramos a volta ó traxe máis despaciño...

"iremos a Nemiña?" era a pregunta que en realidade quería decir... ei, esto está moi grande, imos pa casa.

David dixo unha cousa que motivou: "eu si dou remontado xa me dou cun canto nos dentes". Todo un mérito polo pouco tempo que leva facendo surf, pero mostra do valor que adquiriu pillando olas dende os 13 anos (de cando facíamos body). Como dicíamos, "hoxe é o bautizo de David" jejej

Estos días, aínda que non se faga gran cousa, penso que é sano entrar á auga, para ir perdendo o medo, e a acostumarse a ir estirando os nosos límites psicolóxicos con respecto ó tamaño das olas.

Unha vez remontamos, e pasamos uns bos tombos que parecían montañas, acercámonos a unha dereita que parecía que abría de vez en cando máis ou menos no medio da praia.
Nunha das series que entraron, tiven a sorte de estar no sitio e momento adecuado para remar unha das grandes. Remei a tope e collina. Baixadón. Casi se me clava a punta da táboa pero por sorte safei. baixo a todo trapo torcendo cara a dereita. Unha sección levántase tremenda e dudo de si intentar apurala, polo que sigo recto cara a orilla pero torcendo levemente cara a parede. despois duns segundos nesta traxectoria... a sección cae dende alá arriba, dende uns 2 metros (reais) por encima da miña cabeza como minimísimo.

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
(nótase que non tiña moito tempo para debuxiños non? jej) Ás veces penso que me pasei co tamaño da ola, e outras vecs penso que me quedei corto...non che sei

Nestas ocasións, o tamaño é moi difícil de percibir, pero polo que comentábamos david, mesi e eu... terían a altura de dúas portas como minimísimo...algún dixo 2 e media. Cando as tíñamos diante, non andábamos pensando en collelo metro, sinon en correr e intentar que non nos cazaran, pero por detrás (unha vez pasado o apuro) medían máis de unha porta seguro.

En definitiva, o baño, a excepción desta ola, resúmese da seguinte maneira: entramos ó medio do mar, e agora.... a ver como saímos!

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Mesi mirando as olas nas que nos acabábamos de meter. Ata parece un home serio e todo

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Comboi "os tombos" mirando o mar

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

E á noite, visita á Tei e ó seu novo can "Ringo". Un mastín español que pode chegar a pesar 100 kilos. cousiña mais linda...
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Tor, non te olvidaremos :)

unha aperta!

5 comentarios:

Maika Boquete dijo...

Rubén, hai que ver que ben te apañas!a falta de cámara ese debuxos son o sustituto perfecto. Non podías ter unha idea mellor...

Por certo, a ver se cando coincidamos algún día destos nesas praias (que sepas que Rostro é a nosa praia favorita), tamén está o cadeliño ese (que có bonitiño que é voulle facer un book que nin o de unha top model...)
Un saudiño!
Maika

Maika Boquete dijo...

Por certo, agregei a dirección do teu blog no meu. Tócache facer unha visita!

Anónimo dijo...

peixe, q no contestas ni alos sms ni alos comentarios en el blog?

espero q no estes en una cuneta!

robs

www.lavidaporelnorte.blogspot.com

dile a dani q ice el blog! q hace mucho q no ablo con el

Isabel Tomé dijo...

Veña Tei, que non che queda nada... Xa te vexo medio ano limpando cacolas e pisessss. Como o mimedes demasiado, non ides poder con el. Habedes afogar nun mar de babas... ¡Ah! e vai aforrando, que comen a dios. (Tivo un ijualiño unha amiga miña... sei de que falo).

Rubén Prieto dijo...

Hola Maika! xa te enlacei, tarde pero fíxeno :) jeje
gracias polo comentario, o tema dos debuxos sempre me molou, e si pode sustituir inda que sexa nunha pequena parte ás fotos, benvidos sexan jeje. aínda que a maior parte son unha cutrada fotografiados co mobil, para pasalo apuro.

Roopss! contesteiche no post anterior! jaja, cando te veñas por aki pégame un toke! inda que ahora non hai olas..

PD. ó dibuxo da ola grande, tería que modificalo. Debaixo do surfista a ola non seguiría caendo en pendiente, xa se iría aplanando. cando vin saltar o labio uns 2 m por encima de min eu xa estaba na base da ola, non na metade..

un abrazoo!!