lunes, 8 de octubre de 2007

Galicia Calidade

Esta praia xa non é o que era
Moitos seguro que xa saben de que praia se trata polo rider, pero tranquilos, estas fotos son de fai bastante tempo e os fondos xa non están como deberían.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Parece mentira que os fondos poidan afectar tanto á forma e calidade da ola. Eu, a verdade, teño as miñas dudas con respecto a que factor é o que máis afecta ós fondos. En principio todos confiamos nos grandes temporais para que removan o fondo e o deixen como nos queremos... pero moitas veces os fondos quedan perfectos dun mes para outro sen haber ningún temporal por medio. As fortes chuvias penso que tamén afectan bastante ó medrar eses regatos e ríos que arrastran sedimentos ata as praias. E as mareas vivas? Eu creo que as infravaloramos...

Seguro que todos pensamos algunha vez a virguería de ola que poderíamos facer se nos deixaran unha máquina pala nunha praia en marea baixa con mareas vivas jejeje... Porque non? quizaves algún día dende algunha asociación surfeira local

jeje

unha abraso!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A IDEA DA MAQUINA PALA ESTA BEN PERO EU CREO QUE SI NOS POÑEMOS TODOS CUNS SACHOS O PODEMOS FACER, APARTE DE SACAR PARA FACER UNHA PAELLIÑA CO MARISCO QUE SAQUEMOS DA AREA ( AMEIXAS, LINQUEIRON, UROLAS...) VEÑA EU POÑO UNA PA. XA QUE AGORA XA VOU PILLANDO ALGUNHA OLIÑA DE VEZ EN CANDO JEJEJJEJ E O MILLOR QUE XA LEVO UN PAR DE PAREDES SUFEADAS CO TABLON DE RUBEN JEJEJE

QUEN QUEIRA APRENDER RAPIDO A FACER SUR QUE FALE CON RUBEN QUE E UNAH MAQUINA ENSEÑANDOM, CON DUAS COUSAS XA CHE ACLARA AS DUDAS.

VEÑAS NOS VEMOS NA AUJA XA SEA CON OLAS, VENTO, OLAS-VENTO....COMOSEXA PERO APROVEITANDO A NOSA COSTA.

UN SALUDO

DEIVIS

Rubén Prieto dijo...

jejeje... xa estás enjanchadooo!! :)
aquí o jefe colleu o outro día unhas boas paredes..e unha subindo e baixando!

o raro é que se che de mellor ir de espaldas que de cara.pero creo que xa sei de donde che ven eso. Do kite! estas acostumado a navegar co canto dos talóns. E ir de cara á ola nas dereitas é pa ti como ir en fakie en kite.

ah, y muchas gracias corasón.... pero enseñarche a ti non ten ningún mérito oh.que en unha semana estes pillando paredes e levantándote dun salto non o fai calquera. noutra vida debiches ser peixe, ou peixe voador ou algo así xk si non non mo explico :)
4 días surfeando e xa se che da mellor a 6,8" que o tablón psss

o do sacho é unha opción... pero carallo...xa calculei máis ou menos e sería cambiar de sitio uns 250 metros cúbicos de area. Ó mellor ata sudamos e todo.a paella xa pode ser grande pa compensalo :)

un abraso ensalitrado!

Isabel Tomé dijo...

Hoxe fumos con Rula dar un paseo por Lires. Estaba a marea baixa baixa de todo. Tanto é así que á volta, xusto na ponte do cemiterio, había no rio milleiros de muxos xuntos como nunha pota. Non tiñan auga abonda pa volver. Estaban os pobres xuntiños,como se os foran cocer. Non sei se lles chegaría o osíxeno ata que volvera subir a marea. Non sabía que houbera mareas tan fortes a mediados de outubro. Borriquitaquesuna. E vós falando de cambiar os fondos. Meus pobres! (Os muxos),se xa o teñen difícil así, non lles compliquedes a vida con palas nin con cambios de fondos. Amañádevos ó naatural!

Anónimo dijo...

Don fe o de q e unha maquina, pero a idea da pala non a dijas mui alto q como ande felipe por aqui liamola,o finde xa o vemos cun volque te e unha buldocer, XDD