martes, 16 de octubre de 2007

Videos de surf

Moi boas

A partir de agora colgarei de vez en cando este tipo de videos. teñen unha calidade moi superior ós de youtube.
Manual de instruccións: dalle a play, e olvídate do blog (tarda bastante en cargar), segue navegando por internet e cando te volvas a acordar ben a mirar como vai. Como o formato do video non me cabe no blog, cando o vaias a ver, fai doble click no video para velo a pantalla completa



Mimadriña que medo!
eu xuro que teño visto Rostro con ese tamaño e sacando dereitóns con sifonazos... pero a ver quen é o guapo que se mete. Porque cando rompe tan grande poucas veces está ordenado. Ó mellor caeche un barrote enriba que fai que te acordes nos familiares dos inventores do surf.

E unha vez vin Nemiña tan grande que so había un pico no medio e medio da praia, de esquerdas e dereitas. tería unhas 2 portas e media ou 3 de altura, e rompía perfecto. Pero eu estaba so, tería uns 17 anos e non me atrevín a meterme. (ademais, penso que se miña nai me vise dudar de si meterme ou non ese día, me soltaría semejante colleja, que me medraría o pescozo medio metro jej)

Unha aperta!

2 comentarios:

pablo (Muxian) dijo...

ni hawai ni pollas donde estea as playas da nosa costa con un bo temporal q se qiten as demai playas, gracis por prestarme a evolutiva DEWS

Rubén dijo...

canta razón tes meU!
O de surfear en solitario non ten prezo.
inda que bueno, eu unha escapada a indonesia aínda ma pegaba eh.. jej

e non me delas gracais home, ademáis foi un intercambio, a min tamen me molou probar a túa táboa. Ese día xa me estaban dando ganas de unha táboa con máis nervio jej.
Un abraso!
vémonos o finde